Non son moitos os libros que teñen O Corgo como principal protagonista. De feito, practicamente se poden contar cos dedos de unha man, pero aí están. E moi diferente é o que podemos dicir das publicacións periódicas, pois xunto coa magnífica e aínda viva CORGA, tamén existen outras revistas como a do Teleclub de Marei dos anos 70, ou as diferentes cabeceiras escolares nas que participaron os alumnos corgueses nas últimas cinco décadas: Ecos del Corgo, Cousas da Escola, A Voz da Escola, Rapilán… En sucesivas entregas iremos subindo a este portal todo aquilo que poidamos dixitalizar. Estamos abertos ás vosas achegas!