O concello do Corgo, está situado ao leste de Galicia, e no centro da provincia de Lugo, da que administrativamente forma parte. Limita polo norte, cos concellos de Lugo e de Castroverde; polo leste, cos concellos de Castroverde, Baralla e Lancara; polo Sur, os de Lancara e o Páramo; polo oeste, os de Guntín e Lugo.

A súa situación xeográfica é: latitud, 42º56’2 Norte; e a lonxitude de 7º25’5 Oeste, sendo a súa altitude sobre o nivel do mar, de 441 metros.

Ten como río principal o Miño, e complementarios o Chamoso, Tordea, Neira, Maceira, Mazandan, Romeán, Amoa e Outeiro. As elevaciones máis destacadas son Pena de Cruz, 783 metros, Pena Aguda, 722 metros, Castro de Croa, 651 metros, Canteira de Vidueiro, 624 metros, Pena de Ladrón, 502 metros, Agra do Outeiro, 451 metros e Penas de Canón, 431 metros, aparte das sierras de Coedo e de Ferveda.