Nesta sección atópase a información do sector agrícola e do sector gandeiro, xunto con ligazóns a páxinas, novas e ferramentas de interese para o medio rural.

A agricultura e a gandeiría son actividades básicas para o Corgo, de feito unha grande parte da súa poboación está vinculado a estas actividades. A gandeiría é fundamentalmente bovina, adicando as explotacións a cria de carne ou á producción leiteira. Existen ademáis granxas de aves, porcos ,ou coellos.

Unida á gandeiría ven a importancia de feiras coma a do día 13 de cada mes en Adai, que segue a ter vixencia, ou a do 23 en Gomeán. A maiores das mecionadas, ten especial relevancia as Feiras de ano, que se celebran no campo de feira de Adai hacia finais de xuño coa Subasta de gando de raza rubia galega (en colaboración coa Asociación de Criadores da raza rubia galega) ou a Feira do Cabalo homenaxeando a este équido.

Novas para agricultores