Os Concellos de Baleira, Castroverde e O Corgo acordaron conformar unha Agrupación entre as devanditas entidades locais para a creación dun Servizo de Atención Temperá comarcal. A Agrupación resultou beneficiaria da convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2022 a 2024, cofinanciada pola Unión Europea.

O Servizo de Atención Temperá da Agrupación de O Corgo, Castroverde e Baleira é de xestión compartida e indirecta mediante a concertación coa empresa Centro de Orientación e de Estudos Comerciais SLU (COESCO) a execución total da actividade subvencionada.

O SAT é un servizo totalmente gratuito dirixido ás nenas e nenos con idades comprendidas entre os 0 e os 6 anos, as súas familias e ao seu entorno co obxectivo principal de favorecer o desenvolvemento, a autonomía persoal e a inclusión social. O equipo profesional está constituido por fisioterapeuta, logopeda e pedagoga, especializadas en desenvolvemento infantil e atención temperá. Algunhas das funcións máis salientables que se realizan son: a valoración das necesidades das cativas, cativos e das familias, a intervención mediante unha atención persoalizada, especializada e multidisciplinar; en tódolos casos, partindo da premisa fundamental da coordinación con servizos sociais, educativos e sanitarios.

O centro está ubicado en O Corgo, na N-VI (antiga cámara agraria) e o teléfono móbil de contacto da unidade é o 680 619 505. No obstante, para coadxuvar ao correcto desenvolvemento da actividade, prégase solicitar unha cita previa.