Imaxes antigas do Concello do Corgo

De todos é ben sabido que unha imaxe vale mais que mil palabras: fotografías, mapas, debuxos… E moitas veces as imaxes antigas son o único rexistro gráfico que nos resta de cousas e persoas que xa non están connosco. Moita xente descoñece que unha das primeiras persoas que fotografou o Corgo foi a viaxeira estadounidense Ruth Matilda Anderson, hai case que cen anos. Desde aquela data e ata hoxe, moitos foron os que retrataron persoas e paisaxes corguesas.

A través desas imaxes podemos ver como eran as persoas, as roupas que vestían, os traballos que facían, as festas nas que se divertían, os monumentos desaparecidos… todo un mundo en constante mudanza, do que convén recompilar, estudar e salvagardar o que poidamos. Porque así ficarán accesibles para todas as persoas interesadas as imaxes do que fomos e do que somos.

No Proxecto CORGORAL tentaremos ir dixitalizando e subindo a este portal aquelas fotografías que os particulares e as institucións nos queiran ceder libremente e que teñan interese para todos os corgueses.

Para facilitar a súa consulta, organizamos as imaxes en varias carpetas ordenadas alfabeticamente por parroquias. Se tedes fotografías antigas e queredes colaborar neste proxecto de recuperación da nosa memoria, mandade un correo electrónico coas vosas fotos antigas a proxecto.corgoral@gmail.com

Abragán

Adai

Camposo

Cerceda

Escoureda

Folgosa

Franqueán

Gomeán

Laxosa

Maceda

Marei

Pedrafita

Queizán

Quinte

Sabarei

San Cristovo de Chamoso

San Xoán do Corgo

Santalla do Alto

Santo André de Chamoso