A Axencia de emprego e desenvolvemento local do Concello do Corgo  esta situada na Casa do Concello conta cun axente de emprego que ten como misión principal colaborar na implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación da actividade empresarial,

emprego, formación, asi como o asesoramento a desempregados na búsqueda activa de emprego.

A axencia de emprego e desenvolvemento local esta cofinanciada pola Conselleria de Traballo e o Concello do Corgo.

Actividades e servizos:
  • Promoción económica e fomento de emprego. _-Creación de empresas  –Incentivos a contratación por conta allea.
  • Información sobre as axudas e subvencións.
  • Promoción da formación. Dende a oficina do axente de emprego trátase de organizar cursos para obter novos coñecementos e adquisicións de habilidades.
  • Asesoramento en técnicas de búsqueda do emprego, orientación e inserción laboral. Axúdase o demandante de emprego a elaborar curriculum vitae, cartas de presentación, etc..
  • Bolsa de emprego local. Trátase dunha ferramenta de traballo que permite por en contacto a empresarios con demandantes de emprego. Se eres demandante de emprego achégate o concello e integrate na bolsa de emprego.