Categoría: Xeral

CAMPAMENTO DE VERÁN 2025

Campamento de Verán para nenos e nenas do Corgo, de entre 3 (sempre que amosen autonomía para as actividades básicas) e 16 anos.

 O PAVILLÓN abrirá ás 8:40 da mañá se as familias solicitan na inscrición a recollida a esa hora.

Trátase de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral no periodo de vacacións de verán, e ao mesmo tempo darlle aos nenos/as a opción de disfrutar dun tempo de ocio san e divertido, facilitando a convivencia e as relacións sociais entre eles.

As actividades comenzan ás 9:00 h da mañá e rematan as 15:00 h, dende o 30 de xuño ata o día 5 de setembro. A hora de entrada e saída  é orientativa, poden sair antes ou entrar máis tarde, avisando sempre para favorecer a coordinación dos monitores. Haberá sempre un mínimo de dous monitores por semana.

Os usuari@s traerán bocadillo e auga para mediamañá, así como visoiras, roupa e calzado cómodo. O equipo de monitores informarán diariamente  de calquera outra necesidade. A roupa debe de vir marcada para evitar extravios.

O custe do campamento desglósase semanalmente, pero para facilitar a programación, e preciso que haxa unha previsión anticipada de cada semana  quincena ou mes, amosando xa na inscricion cantas e cales son as   semanas para as que se precisa o campamento.

 O custe da semana é de 5 euros para os nenos/as do Corgo e 10 para os que non estén empadronados. (Terán preferencia os nenos/as do Corgo, así como de país/nais traballadores no municipio, alumnos/as do Ceip do Corgo). De quedar vacantes poderán optar calquera outro neno, atendendo en primeiro lugar a fillos/as descendentes  de xente vinculada a este concello)

As actividades desenvólvense no Polideportivo do Corgo e inmediacións do Colexio, e estarán a cargo dunha empresa de Tempo libre con experiencia neste tipo de actividades. Cando as condición metereolóxicas sexan favorables o campamento trasladarase á praia fluvial río Chamoso e piscina municipal, sempre con prévio aviso e asinando autorización ou permiso para actividades acuáticas. Nas xornadas na praia fluvial os nenos deixaranse e recolleránse no Chamoso.

Inscricións ata o 13  de xuño, no Centro Sociocultural do Corgo.

Número máximo de participantes será de 50. Respetarase sempre a orde de criterios de selección (padrón, etc..) e a orde de entrada da inscrición. A inscrición pode efectuarse  por rexistro no Centro  Sociocultural do Corgo ou nas oficians municipais.

Os menores con necesidades especiais sinalarán na inscrición as súas dificultades e grado de autonomia para o desenvolvemento do campamento e organización dos monitores.

                                             DATOS DE INTERESE:

  •  Unha vez que se lle comunique que  a praza reservada coa inscrición, está aceptado/a,  deberase cubrir a solicitude/autorización  e aboar  a taxa na conta que se indica.
  • Achegar o DNI  da persoa que autoriza oa menor a participar nas actividades.
  • Libro de familia onde figure o menor e os datos da persoa que autoriza. Se fose família numerosa tamén se achegará copia do otitulo.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do  neno/a perfectamente lexible.
  • A documentación complementaria non fará falta achegala si xa se aportou noutros procedementos desta Administración e non se produciron cambios.

Ler Máis

PROCESO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL: 3 CONDUCTORES MOTOBOMBA, 1 PEÓN DE APOIO AO TRATOR E 1 BRIGADA DE INCENDIOS.

Publicación no BOP. de Lugo do 21 de maio número 114 das bases que rexeran os procedementos selectivos para a contratación de persoal laboral temporal e formación de bolsas de emprego ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a consellería de Medio Rural e a Entidade Local mediante a realización de tratamentos preventivos en vías e camiños de titularidade municipal con tractor e a actuación de brigadas de prevención e defensa contra incendios.

Ler Máis

“UN KILO DE COMIDA, MIL RAZÓNS PARA AXUDAR” .

XUNT@S PODEMOS ALIMENTAR SORRISOS.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA O BANCO DE ALIMENTOS DO 14 AO 23 DE MAIO.

PRECÍSASE:

-PASTA

-ARROZ.

PUNTOS DE RECOLLIDA:

-CEIP DO CORGO.

-SUPERMERCADO CASTRO-LAXOSA.

-SUPERMERCADO LA TIENDA

-SUPERMERCADO ATLÁNTICO.

-CONCELLO DO CORGO.

ORGANIZA CONCELLO DO CORGO EN COLABORACIÓN CO BANCO DE ALIMENTOS DE LUGO.

Ler Máis

COMUNICADO DE MODIFICACIÓN DE PRAZOS DAS LISTAXE PROVISIONAL E DEFINITIVA DO PAI DO CORGO.

O Punto de Ateción á Infancia (PAI) do Concello do Corgo modifica os prazos da listaxe provisional de admitidos e a listaxe definitiva de admitidos do curso 2025/2026, á vista de que o prazo para facer as declaracións da renda (exercicio 2024) abrangue ata o día 30 de xuño de 2025, e son precisas para formalizar tanto as reservas de praza como as novas solicitudes de admisión (inscrición e matrícula).

Asemade, a listaxe provisional de admitidos será publicada o 4 de xullo na páxina web do concello do Corgo https://www.concellodocorgo.com

Posteriormente, a listaxe definitiva de admitidos publicarase o 18 de xullo na páxina web do concello do Corgo.

Ler Máis

MÉRCORES SAUDABLE NO CORGO. ANDAINAS POLA VILA.

  • As andainas realizaránse o primeiro mércores de mes, ás 12 h.
  • A xuntanza para a camiñada ubicaráse na entrada do Centro de saúde.
  • Dirixido a tódalas idades.
  • Duración: 20-30 minutos.
  • Obxectivo: facer exercicio a pasar un bó rato.
  • Actividade organizada polo Centro de Saúde do Corgo.

Ler Máis