Categoría: Xeral

CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE POOL FEMININO

Baixo os auspicios da Real Federación Española de Billar, celebraránse en ADAI, os días 21, 22, 23 e 24 de maio do 2026.

Modalidades 14.1, B8, B9 e B10.

Ler Máis

Presentación da revista CORGA nº 12.

  • SÁBADO DÍA 25 DE ABRIL ÁS 19:30 H.
  • PUNTO DE ATENCIÓN Á LECTURA DO CORGO ( antigas escolas).
  • PRESENTACIÓN DA REVISTA ANUAL DO CENTRO DE ESTUDOS DO CORGO “CORGA” Nº 12.

As persoas que asistan recibirán un exemplar de agasallo.

Ler Máis

ANUNCIO REFERENTE AO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL FIXO POR CONCURSO-OPOSICIÓN: AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

O Tribunal cualificador, constituído o día 20 de abril ás 13:00 horas, acordou:
– Convocar aos aspirantes á realización do primeiro exercicio previsto nas bases da convocatoria para o vindeiro día 7 de maio, xoves, ás 10:00 horas no Centro Sociocultural do Corgo.
Acto seguido, e tras un pequeno receso, procederase á lectura dos exames escritos en xornada de mañá e se fora preciso en xornada de tarde do mesmo día e no mesmo lugar ás 16:30 horas, actuando os aspirantes cuio primeiro apelido comeze pola letra A, e así sucessivamente.

Ler Máis

Club de lectura do Palco do Corgo.- 24 DE ABRIL

Este ano 2026 marca o 90 aniversario dos acontecementos claves acontecidos no 1936, ano que fixo cambiar a historia do noso país. Queremos lembrar os 90 anos da memoria da xeración que viviu a dictadura co libro “O LAPIS DO CARPINTEIRO de Manuel RIVAS.

Será o venres, día 24 de abril ás 20:00 horas no PUNTO DE ATENCIÓN Á LECTURA DO CORGO (PALCO).

Ler Máis

Reserva de praza, inscripción e matricula no PAI

O Punto de Atención á Infancia do Concello do Corgo abrirá o prazo de reserva inscripción/matricula para o vindeiro curso 2026/2027.

Os prazos de inscripción segundo o regulamento orgánico do Punto de Atención á Infancia son os seguintes:

-Os nenos/as xa matriculados no curso actual e que desexen continuar para o curso 2026/2027 terán dereito á reserva de praza, a cal levarase a cabo entre o día 1 de abril e o 17 de abril (ambos inclusive).

-As novas solicitudes de admisión ( inscripción e matrícula) atenderánse do 20 de abril ao 4 de maio (ambos inclusive).

Posteriormente, a listaxe provisional de admitidos sairá publicada o 18 de maio na páxina web do concello do Corgo, e a listaxe definitiva de admitidos sairá publicada o 2 de xuño na páxina web do concello do Corgo.

Para presentar tanto as reservas de praza como as novas solicitudes deberán dirixirse en horario de 09:00 h a 15:00 horas ás oficinas municipais do Concello do Corgo nos prazos anteriormente citados.

O que se fai público para xeral coñecemento.

A dirección do PAI

DESCARGA DE DOCUMENTOS:

Ler Máis

ACTUACIÓNS PARA MINIMIZAR AS PERDAS DE AUGA NA REDE DE ABASTECEMENTO DO CONCELLO DO CORGO MEDIANTE A IMPLANTACIÓN DUN SISTEMA DE TELEXESTIÓN.

  • Centro que concede a subvención: AUGAS DE GALICIA.
  • Proxecto: ACTUACIÓNS PARA MINIMIZACIÓN DE PÉRDIDAS DE AUGA NA REDE DE ABASTECEMENTO MEDIANTE A IMPLATACIÓN DUN SISTEMA DE TELEXESTIÓN.
  • Financiado pola UNIÓN EUROPEA. NextGenerationEU. Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia.- Vicepresidencia Tercera do Goberno.- Ministerio para a transformación ecolóxica e o reto demográfico.

Ler Máis

V CAMPIONATO GALEGO DE BILLAR FEMININO.

Ler Máis

OBRADOIRO MULLER E SAÚDE

-Lugar de celebración: Punto de Atención á lectura (PALCO) , detrás da oficina de Correos do Corgo .

-Data: mércores 8 de abril.

-Horario: 16:30 a 20:30 h.

OBXECTIVOS:

-Mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos na muller.

-Previr enfermidades propias do colectivo feminino.

PROGRAMA:

-Menopausa e osteoporose.

-Prevención xinecolóxica.

-Factores de risco.

-Fisiopatoloxía.

-Alimentación e exercicio.

Profesorado: Cristina Ouro Núñez, matrona do Complexo Hospitalario de Lugo.

Dirixido a cidadáns en xeral.

Programadora: Begoña García Cepeda.

INSCRICIÓNS: 982143907 (Sonia -Traballadora Social do Concello do Corgo.) ata o 08/04/2026.

Ler Máis

Os pombais do Corgo na TVG.

O luns día 23 de febreiro emitiuse na TVG unha entrevista a Mario Outeiro sobre os pombais do concello do Corgo, unha das representacións do patrimonio cultural deste municipio.

“De pedra, de planta circular ou cadrada, os pombais son unhas construcións tradicionais que perviven e falan doutros tempos cando as pombas eran un símbolo de grandeza. 

No Concello lucense do Corgo consérvanse máis dunha vintena destas edificacións. Todos superan o século de vida, de aí a importancia de conservalos.

Dentro do patrimonio material que ten Galicia é unha das construcións máis senlleiras, á mesma altura que hórreos e cruceiros”, comenta Mario Outeiro, estudoso dos pombais.

Caeron no desuso, pero son parte do legado cultural galego“.

No seguinte enlace atópase o vídeo da conversa:

https://www.g24.gal/-/no-corgo-conservanse-mais-dunha-vintena-de-pombais-que-tenen-mais-dun-seculo-de-vida

Así mesmo, Mario Outeiro gran coñecedor e estudoso dos pombais corgueses falou deste tema no Diario Cultural da Radio Galega do xoves , amosando a entrevista no seguinte enlace:


Ler Máis

O Stolperstein de Rafael Pardo Vales.

O pasado 29 de xaneiro de 2026, o Concello de O Corgo e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica renderon homenaxe ás 12:00 horas do mediodía na Estación de Laxosa a Rafael Pardo Vales, vítima do campo nazi de Mauthausen, coa colocación da primeira placa Stolperstein da provincia.

As placas Stolperstein foron creadas polo artista alemán Gunter Demnig para honrar ás vítimas do nazismo. Son placas metálicas coa forma dun adoquín e colocadas a nivel do chan con texto explicativo. Con isto preténdese que todas e todos os camiñantes teñan que inclinarse para poder ler a súa historia, realizando un xesto de respecto e reverencia hacia a memoria da vítima.

Hai placas por todo o mundo, Austria, Bélgica, Dinamarca, Grecia, Luxemburgo, Noruega, Suecia, Suiza, Gran Bretaña, Rumanía…..trátase, polo tanto, do maior monumento descentralizado do mundo.

Rafael  Pardo  Vales  naceu  o 18 de xullo de 1912 na Estación de Laxosa no Concello de O Corgo (Lugo) e era fillo de José Pardo (gardaagullas) e Manuela Vales. Foi o máis novo e único varón de cinco irmás. Destinado como garda de asalto en Barcelona, coincidíu  alí co seu sobriño José Sánchez Pardo fillo da súa irma Herminia , cinco anos mais novo ca él,  e que tamén era garda de asalto.  Durante a guerra, Rafael, foi nomeado  cabo e despois  sarxento. Ao final da contenda española exíliase en Francia co seu sobriño José.

Posiblemente foron a parar  ao campo francés de Argelés, e despois a 34º Compañía de Traballadores Extranxeiros para fortificar as defensas militares francesas ante o estoulido da II Guerra mundial. Foron feitos prisioneiros na ofensiva alemá e levados ao Stalag X-B en Sandbostel no land da Baixa Sajonia  entre Bremen e Hamburgo.  Foi deportado o 3 de marzo de 1941 ao KZ de Mauthausen e asasinado no subcampo de Gusen o 7 de xaneiro de 1942.

O acto contou coa participación do alcalde Felipe Labrada, a concelleira do BNG Pilar Bellón pola moción da solicitude de dita placa no ano 2023, a intervención musical de  Carolina Barbeito de la Cruz, as palabras de Miguel Freire, voceiro da ARMH e as de Isabel de la Cruz, sobriña de Rafael Pardo; ademais de facer acto de presencia outras autoridades como a Deputada de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo Dª Iria Castro ou representantes da Asociación de Veciños de Laxosa Airamonte.

A lectura poética, creada para a ocasión, correu a cargo da escritora corguesa  Mónica Caldeiro e a música do acto foi interpretada polo grupo A Legua Dereita.

O equipo de investigación  da  ARMH  de Lugo, formado  por Paulo Grandío, Roberto Mouriz e Miguel Freire, despois dun intenso  traballo de anos de investigación sobre desaparecidos logrou identificar  a  39 lucenses  que foron vítimas dos campos nazis, entre eles Rafael Pardo. Toda a información aquí relatada forma parte do traballo da ARMH.

Nunca deberíamos perder a memoria dos nosos seres queridos. Así que como dixo Gunther facendo súa a frase do Talmud, fonte principal da sabedoría do xudaismo:

Un home é esquecido soamente cando o seu nome sexa esquecido”

Dende hoxe a identidade e a memoria de Rafael Pardo Vales non van a desaparecer.

HOMENAXE A RAFAEL PARDO VALES CO GALLO DA COLOCACIÓN DA SÚA STOLPERSTEINE

(29 de xaneiro de 2025)– Poema da escritora Mónica Caldeiro.

“83841

foi o número que levaches no Stalag X-B de Sandbostel

3608

o número que che deron en Mauthausen

13123

o número co que te rexistraron no subcampo de Gusen

Non volveron mudarte o nome por máis números

***

Din os historiadores que para perpetrar un xenocidio é precisa a deshumanización dun grupo humano. O teu veciño deixa de ser o teu veciño. O teu veciño convértese nun obxecto que cómpre exterminar. Un obxecto é unha cousa inanimada e inerte que se pode levar nas mans. Un corpo tamén pode volverse inanimado e inerte. Tamén se pode levar coas mans.

Cando existe a produción repetida dun obxecto dáselle un número de serie. En certos casos, como nos exterminios xenocidas, ao obxecto pódenselle dar até tres números que pertencen a distintas series, todas elas determinadas pola súa produtividade e capacidade de traballo.

Así, até a aparición de enfermidade. Así até que o doente sente o oco da fame facerlle un nobelo de intestinos saturados de vermello debaixo do peito, e entón escribe nun anaquiño de papel co pequeno lapis de carbón dun compañeiro finado un soño que lle evoca a fame:

                                    bacallau con patacas e pemento doce

                                    caldo de gloria e verzas

                                    manxares de Entroido

                                    crema pasteleira case laranxa, de tan puro que lle era o ovo

***

Aquel era un soño de soñar co retorno

mais só volveu un nome gravado en ouro que se pode coller coas mans

unha lastra inanimada e inerte

O nome tivo un día mans tamén

mans para peitear o pelo para arranxar a barba con navalla

para defender a súa obriga para coller coa súa man outra man e aloumiñala

Eiquí fica ese nome gravado en ouro

na súa orixe

trala viaxe de volta”

MÓNICA CALDEIRO. POETA

Lectura poética de Mónica Caldeiro

Ler Máis