Categoría: Culture

Roteiro co Club de lectura PALCO

DATA: Domingo, 29 de setembro, ás 16:00 horas.

PERCORRIDO : O punto de incio será ao fondo da campo da feira de Adai, e remate na Fervenza, segundo o libro de MARIO OUTEIRO 19+(1) escapadas polo Corgo.

ORGANIZA o CLUB DE LECTURA DO PALCO.

Ler Máis

FESTA FOLK NO RIO CHAMOSO

SABADO 27 E DOMINGO 28 DE XULLO.

PRAIA FLUVIAL RIO CHAMOSO DO CORGO.

SÁBADO 27.

ÁS 17:00 H. SESIÓN DE MAXIA A CARGO DO MAGO ANTÓN ” MIL MAXIAS MÁIS”.

ÁS 18:OO H SESIÓN DE MAXIA

ÁS 19:00 H. SESIÓN DE MAXIA.

22:30 H. CONCERTOS

BRENDAN SHINE

LA PENÚLTIMA SABINERA. TRIBUTO A JOAQUÍN SABINA

DOMINGO 28.

FEIRA DE ARTESANÍA.

PASARRÚAS COA A. C. A LEGUA DEREITA DO CORGO.

17:00 H. ROMARIA FOLK

A.R.C. OS DO 21 DE VICEDO.

A. C. A LEGUA DERETA DO CORGO.

ORGANIZA CONCELLO DO CORGO .

COLABORA A.C. A LEGUA DEREITA DO CORGO.

Ler Máis

XXVII FEIRA DO CABALO EN ADAI.

DOMINGO 23 DE XUÑO.

CAMPO DA FEIRA DE ADAI.

GRAN ESPECTÁCULO ECUESTRE MAGOS DE LA EQUITACIÓN.

AMENIZADO POLA A.C. LEGUA DEREITA DO CORGO.

ORGANIZA CONCELLO DO CORGO.

Ler Máis

FESTA DO ENTROIDO 2024

  • LUNS DÍA 12 de FEBREIRO
  • PAVILLÓN MUNICIPAL DO CORGO.
  • FESTA DE ENTROIDO PARA TÓDALAS IDADES, DE 16:30 A 20:00 H.

XOGOS, COLCHONETAS, MÚSICA E MOITA FESTA!

DESFILE DE DISFRACES CON VALES DE PREMIOS POR CATEGORIAS AOS MÁIS ORIXINAIS E CREATIVOS.

INSCRICIÓNS PARA O DESFILE A PARTIR DAS 16:30 H. NO PAVILLÓN.

18:00 H. DESFILE POR CATEGORÍAS:

Os disfraces poderán ser individuais ou en grupo. As idades sinaladas son para as categorias dos  premios, pero o desfie está aberto a calquera idade.

  • De 3/6 anos,
  • De 7/10 anos
  • De  11/14 anos.
  • Comparsa (mais de 5 participantes)

Os disfraces poderán ser individuais ou en grupo. As idades sinaladas son para as categorias dos  premios, pero o desfie está aberto a calquera idade.

Haberá  lambetadas e  chocolate con churros de balde para os disfrazados.

         Ven a divertirte!!

Ler Máis

HOMENAXE A JESÚS ABUÍN ARIAS NO PALCO

O vindeiro sábado 23 de Decembro, a partir das 17:00h, terá lugar no Punto de Atención á Lectura do Corgo un acto público de homenaxe á figura de D. Jesús Abuín Arias, fillo predilecto e cronista oficial do Concello do Corgo. A loanza do homenaxeado correrá a cargo do coñecido escritor corgués Mario Outeiro.

Posteriormente, será presentado o Inventario de Fondos Bibliográficos do PALCO, un exhaustivo traballo que recolle os 4.466 rexistros correspondentes aos 5.473 volumes da biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo. Este inventario foi elaborado con carácter voluntario e altruísta por Natalia Silva, a quen tamén se lle renderá un merecido tributo en sinal de agradecemento.

Ler Máis

O Museo do Pobo Galego colabora co proxecto CORGORAL.

Grazas ao Proxecto CORGORAL, todas as persoas que visiten o PALCO – Punto de Atención á Lectura do Corgo e a Casa das Asociacións do Corgo poderán gozar dunha senlleira escolma fotográfica da exposición Paisaxes humanizadas – Terras vividas. Trátase dun total de dez imaxes a cores de gran formato, todas elas da autoría de Luís Hixinio Flores Rivas, que teñen como fío condutor a presenza da auga no territorio lucense. Esta escolma fotográfica, cedida polo Museo do Pobo Galego ao Concello do Corgo, consolídase a partir de agora como significativa e destacada exposición permanente nas devanditas dependencias, sempre baixo custodia responsable da edilidade corguesa. Un novo patrimonio para a comunidade!

Ler Máis

PRESENTACIÓN LITERARIA DE ALBERTE MOMÁN

O Punto de Atención á Lectura do Corgo acolle este venres 15 de Decembro a partir
das 19:30h a presentación do último libro de Alberte Momán, titulado Raro. Trátase dunha
obra de carácter narrativo, publicada pola editorial Belagua, que agacha nas súas máis de
duascentas páxinas numerosas sorpresas. Con esta actividade, o Proxecto CORGORAL fomenta
un novo encontro literario entre o escritor ferrolán e os seus lectores. Xa o sabedes:
agardamos por vós este venres, a partir das 19:30h no PALCO.

Ler Máis