Categoría: Agricultura

AUTORIZACION CON LIMITACIÓNS DE USO DE MAQUINARIA.

Resumo do disposto no artigo único da Orde do 23 de xuño de 2026 pola que se regula a utilización da maquinaria durante a época de perigo alto, nos supostos de índice de risco de incendio forestal moi alto ou extremo.

AUTORIZACIÓN XERAL:

-Durante a época de perigo alto de incendio forestal, cando o IRDI acade os niveis de moi alto ou estremo, autorízase a realización de traballos e actividades de caracter preventivo, silvícola ou agrícola que requiran o emprego de maquinaria agrícola ou forestal dentro dos terreos forestais e das súas zonas de influencia dos concellos afectados, nos termos e coas recomendacións establecidas no PLADIGA 2026.

CONDICIONAMENTE HORARIO

-Na franxa horaria das 12:00 ás 18:00 horas, esta autorización quedará condicionada ao cumprimento dos requisitos establecidos no número 3.

REQUISITOS OBRIGATORIOS ( de 12:00 a 18:00h)

Para o desenvolvemento dos devanditos traballos e actividades, será obrigatoria a disponibilidade inmediata dos seguintes medios persoais e materiais de extinción:

-Medios persoais

Unha persoa en funcións de auxiliar, cuxa función será a detección temperá de posibles conatos deincendio e a notificación inmediata aos servizos de emerxencia a través das liñas telefónicas 085 ou 112 ou da aplicación móbil ALUME.

-Medios materiais.

Un vehículo equipado con, como mínimo:

-Depósito de auga cunha capacidade mínima de 400 litros.

-2 batefuegos.

-1 extintor de escuma con base de auga dunha capacidade non inferior a 6 kg

-1 mochila extintora cunha capacidada mínima de 15 litros.

En todo caso o cumprimento destas medidas preventivas e das condicións establecidas pola normativa vixente NON EXIME das responsabilidades que poidan derivar da provocación dun incendio forestal.

Esta orde non perxudica a aplicación dos artigos 31 e 39 da Lei 3/2007 do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aplicables enxeral ao uso de maquinaria e equipamento durante a época de perigo alto de incendio.

Ler Máis

Orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo

No DOG DO 18 de xaneiro de 2024 publícanse as bases das axudas para paliar os danos producidos polo lobo. Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando que se especifica no anexo I e que fose afectado por ataques de lobos dentro da Comunidade Autónoma.

Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo lobo que se comuniquen desde o 1 de outubro de 2023 ata o 30 de setembro de 2024.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código de procedemento MT809B).

Ler Máis

ORDE do 15 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento MR443A).

Publicación no Dog do 12 de xaneiro a orde onde se establecen as bases reguladoras para as axudas de fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia para o 2024.

Nos anexos I, II e III da orde establécense as datas de inicio de subscrición de pólizas de seguro correspondentes ás diferentes liñas de seguro que compoñen o Plan de seguros agrarios.

Ler Máis

ORDE do 15 de marzo de 2023 pola que se regula a aplicación dos pagamentos
directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural
suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento
MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D).

Publicación no DOG do 20 de marzo do 2023 da Orde que regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudasd ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control .

Esta orde ten por obxecto regular, na Comunidade Autónoma de Galicia, as axudas
directas e as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión
e control (SIXC) indicadas no artigo 2, do Programa de desenvolvemento rural de Galicia
2014-2020 e do Plan estratéxico da PAC de España 2023-2027 (PEPAC), e convocar:
– As axudas directas á agricultura e á gandaría do Plan estratéxico da PAC de España
2023-2027(PEPAC), anualidade de 2023.
– As primas anuais de mantemento asociadas ás axudas para a reforestación e para a
creación de superficies forestais e para o establecemento de sistemas agroforestais (solicitudes de pagamento da anualidade de 2023 das submedidas 08.10 e 08.20 do Programa
de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020).
– Os pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas (solicitudes de axuda e pagamento para a anualidade de 2023 da medida 13 do Programa de
desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020).
– As axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da
PAC de España 2023-2027 (PEPAC) (solicitudes de axuda e solicitudes de pagamento da
anualidade de 2023)

Ler Máis

Bases reguladoras de axudas excepcionais para persoas productoras de carne para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína. (Procedemento MR244A)

Para poder ser persoa beneficiaria das subvencións deberase presentar unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 8 das bases reguladoras.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As axudas consisten nun pagamento único por tamaño da explotación, atendendo ao número de animais, no caso das explotacións produtoras de carne de vacún, de carne de ovino e de carne de cabrún, e nun pagamento único por capacidade da explotación, atendendo ao número de prazas, no caso de explotacións produtoras de carne de aves e de carne de coellos.

 O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

ENLACE AO DOG

Ler Máis