Categoría: Xeral

MOSTRA FOTOGRÁFICA DE POMBAIS TRADICIONAIS

Ao longo do último trimestre deste ano permanecerá exposta no Punto de Atención á
Lectura do Corgo – PALCO a exposición titulada Sentinelas do desleixo. Trátase dunha mostra
fotográfica temporal que recolle un total de catorce imaxes en branco e negro
correspondentes a outros tantos pombais tradicionais corgueses. Esta iniciativa xorde no
ámbito do Proxecto CORGORAL, co obxectivo de amosar a relevancia e a beleza estética
destas construcións. Asemade, preténdese sensibilizar aos axentes públicos e privados sobre a
necesidade de preservar axeitadamente o patrimonio cultural para podelo transmitir nas
mellores condicións posibles ás vindeiras xeracións. As persoas interesadas en visitar esta
exposición deberán concertar cita previamente, poñéndose en contacto co Concello do Corgo
ou no correo proxecto.corgoral@gmail.com

Ler Máis

CELEBRACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA NO PALCO

O martes 24 de Outubro é o Día da Biblioteca. Por este motivo, o Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, celebra no Punto de Atención á Lectura unha nova xornada cultural. Todas as persoas que se acheguen ao PALCO entre as 10:00 e as 14:00 horas recibirán un agasallo moi especial: o libro recompilatorio que recolle os contos tradicionais do concello do Corgo, así como unha segunda obra de balde, a escoller persoalmente polas persoas que nos visiten. Así que xa o sabes: vinde a celebrar connosco o Día da Biblioteca!

Ler Máis

Publicación de bases que rexerán o proceso selectivo de persoal laboral fixo TRABALLADOR/A SOCIAL, posto de apoio do Concello do Corgo.

Publicación das bases no BOP que rexerán o proceso selectivo de persoal laboral fixo dun/ha TRABALLADOR/A SOCIAL, posto de apoio do Concello do Corgo, e publicación no BOE do anuncio do mesmo. O prazo de solicitudes será de vinte días naturais dende a publicación no BOE.

Ler Máis

TEATRO DE BALDE NO PALCO: “A TORTILLA E A PESTE”.

Este sábado 21 de Outubro, por iniciativa do Proxecto CORGORAL e coa colaboración da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, será representada a partir das 20:00h na biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo a obra de teatro “A tortilla e a peste”. A posta en escena correrá a cargo da compañía Nova Escena, no ámbito do Circuíto de teatro afeccionado 2023. Xa o sabedes: agardamos por vós, na biblioteca do PALCO, para gozarmos xuntos deste novo serán cultural!

Ler Máis

1ª ANDAINA SAUDABLE- CENTRO DE SAÚDE DO CORGO.

SÁBADO 21 DE OUTUBRO ás 9:30 da mañá.

SAÍDA DO CENTRO SOCIOCULTURAL.

DURACIÓN APROXIMADA DUNHA HORA A TRAVÉS DA VÍA KÜNIG.

ALMORZO SAUDABLE DIRIXIDO POLA NUTRICIONISTA DO CENTRO DE SAÚDE.

ANDAINA SAUDABLE PARA A POBOACIÓN DE TÓDALAS IDADES.

COLABORAN: CONCELLO DO CORGO- TORRE DE NUÑEZ- LENCE-PANADERÍA SOMOZA- .

FOTOGRAFÍAS DA XORNADA.

Ler Máis

Prescolar na Casa.

A asociación Antonio Gandoy xunto co Concello do Corgo pon en marcha unha nova edición de Prescolar na Casa: Espazos das familias.

Trátase de encontros semanais para a formación, o intercambio de experiencias e o lecer compartido, dirixido a familias con crianzas de 0 a 6 anos.

LUNS, ÁS 16:30 HORAS

CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO.

Máis info: antoniogandoyeducacion@gmail.com Telf. 676427643

Ler Máis