PREVISIÓN DAS COBRANZAS DOS SEGUINTES IMPOSTOS NO ANO 2025

    • IVTM 2025: dende o 15 de abril (marte:s) ata o 16 de xuño (luns).

    Prazo límite para solicitar alta/baixa/modificacións de domiciliacións bancarias 2 meses antes inicio cobranza: 17 de febreiro (luns).

    Estimación do cargo bancario: primeira semana de maio.

    • IBI e IAE 2025: desde o 15 de setembro (luns) ata o 17 de novembro (luns).

      Prazo límite para solicitar alta/baixa/modificacións de domiciliacións bancarias 2 meses antes inicio cobranza: 15 de Xullo (martes).

      Estimación do cargo bancario: primeira semana de outubro.

      Ler Máis

      Publicación dos resultados do 1º exercicio de AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR e data da 2ª proba.

      Data de realización do SEGUNDO EXERCICIO, obrigatorio e eliminatorio, para as candidatas que superaron o primeiro, consistente en desenvolver por escrito durante 60 minutos un suposto práctico proposto polo tribunal en relación co temario da convocatoria. O Tribunal acordou que este segundo exercicio se realice o vindeiro mércores, día 5 de febreiro, ás 10:30 horas no Centro Socicultural do Corgo.
      De conformidade coas bases, os opositores deberán ler e defender ante o tribunal, en sesión pública, o suposto realizado. A tal efecto indícase que se procederá á lectura dos exames realizados inmediatamente despois da realización da proba, no mesmo lugar.

      Ler Máis

      Aluguer dunha vivenda social en Franqueán

      Publicación no bop da provincia do anuncio de apertura do prazo para solicitar participar no procedemento competitivo e de libre concurrencia para alugar unha vivenda social en Franqueán, sita no primeiro andar.

      Este procedemento réxese polas bases publicadas no 2023, que tamén se adxuntan nos anexos xunto co modelo da solicitude e da declaración. 

      Ler Máis

      AVISO: AUGA DA TRAIDA MUNICIPAL APTA PARA O CONSUMO HUMANO.

      O 13 de xaneiro comunicouse que a auga da rede de abastecemento municipal non era apta para o consumo humano pola alteración dos niveis de dous parámetros analizados.

      Recibiuse no día de hoxe 30 de xaneiro de 2025 a contraanálise da auga da rede de abastecemento do Corgo, na que os dous parámetros alterados volven a estar dentro dos niveis establecidos na lexilación sanitaria, polo que a auga volve a ser apta para o consumo humano.

      Ler Máis

      Data e hora das probas do proceso selectivo dun AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

      ANUNCIO REFERENTE AO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL FIXO POR CONCURSO-OPOSICIÓN: AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

      O Tribunal cualificador, constituído o día 23 de xaneiro, ás 10:00 horas, acordou:
      – Convocar aos aspirantes á realización do primeiro exercicio previsto nas bases da convocatoria para o vindeiro día 30 de xaneiro, xoves, ás 10:00 horas no Centro Sociocultural do Corgo.

      Acto seguido, e tras un pequeno receso, procederase á lectura dos exames escritos en xornada de mañá e se fora preciso en xornada de tarde do mesmo día e no mesmo lugar ás 16:30 horas, actuando os aspirantes cuio primeiro apelido comeze pola letra A e así sucessivamente.

      Ler Máis

      TARDE DE TEATRO EN CELA.

      DÍA: SÁBADO, DÍA 28 DE DECEMBRO ÁS 20:30 HORAS.

      OBRA; “MONSTRÓLOGO”, unha comedia familiar.

      COMPAÑÍA: GRUPO PROFESIONAL TRÉCOLA PRODUCCIÓNS.

      REPRESENTACIÓN: No local social de Cela.

      ENTRADAS DE BALDE.

      Unha gran eminencia no campo da monstroloxía está de xira para mostrarnos tipos, habilidades e curiosidades de monstros. Como se moven, que comen, que bailan, levan sombreiro? Onde viven os monstros? Sentímolos debaixo da cama, ao final do corredor, na auga do piscina ou nunha casa vella, pero se miramos máis de preto... Wham!
      Desaparecen! Iso é porque cando nos enfrontamos ao medo, este foxe
      .

      Circuito de teatro profesional da Deputación Provincial de Lugo.

      Ler Máis

      Club de lectura do Palco.

      Venres, día 27 de decembro, ás 20:00 horas no Punto de Atención á Lectura do Corgo.

      Obra a tratar: “Agosto do 36”, do autor Xosé Fernández Ferreiro.

      .

      Ler Máis