Categoría: Xeral

Curso de manipulador de alimentos.

Impartirase no Concello do Corgo no centro Sociocultural.

Data de celebración: 7 de setembro do 2023

Horario: de 16:00 a 20:00 horas.

Anotarse chamando ao 982818935

Ler Máis

II MERCADO DE OFICIOS DO CORGO. 26/27 DE AGOSTO XUNTO A CÁMARA AGRARIA.

Os vindeiros 26 e 27 de agosto o Corgo acollerá a segunda edición do Mercado de Oficios que se celebrará xunto a cámara agraria. 

Este mercado contará con exposición de maquinaria nova e usada, exposición de artesanía, exposición de coches de rally e mercadillo e rastrillo de cousas usadas. 

A inauguración terá lugar o sábado 26 ás 12.00 a cargo de alcalde do Corgo para continuar ás 13.00 coa sesión vermú amenizada polo Dúo Estrellas. 

Ás 14.00 haberá un sorteo dunha esta agasallo de Cafetería Andaina, e a sesión de tarde dará comezo ás 18.00 tamén a cargo do Dúo Estrellas. 

O domingo a xornada dará comezo ás 11.00 cunha misa na igrexa de San Xoán do Corgo e ás 11.30 terá lugar a actuación do grupo Legua Dereita. 

O pregón será ás 11.50, a cargo de María Elena Candia López, e ás 14.00 haberá un novo sorteo dunha cesta agasallo de Cafetería Andaina.

Ás 16.00 dará comezo a actuación da Charanga Louband e para finalizar a programación ás 17.30 celebrarase o sorteo dunha becerra. 

Ler Máis

FESTA DO AVÓ 2023.

  • Data: 07 de setembro do 2023.
  • Destinatarios: Persoas maiores de 60 anos e cónxuxes.
  • Aportación: Persoas empadroadas 5 €/ Persoas non empadroadas 30€.
  • Lugar : Polideportivo Colexio do Corgo.
    • HORARIO:
  • 13:30 h. Eucaristia
  • 14:30 Xantar.
    • ACTIVIDADES.
  • Actuación musical e sesión de baile.
  • Sorteo de agasallos.

Os vales adquiriranse na CASA DO CONCELLO ata o VENRES DÍA 1 DE SETEMBRO DE 2023.

É obrigatorio presenta-lo CARNÉ DE IDENTIDADE para anotarse.

Ler Máis

Bases para o proceso de selección dun CONSERXE para o CEIP do Corgo.

Publición no BOP do luns, 16 de agosto, número 187 das bases que rexerán o procedemento de selección dun funcionario/a interino/a a media xornada ( 1 conserxe para o CEIP) para a execución dun programa temporal de reforzo do emprego no CEIP do Corgo, financiado polo Plan Único Provinicial 2023.

Ler Máis

Cine na rúa en Cela. MATRIA.

Na parroquia de Cela proxectarase o domingo día 13 de agosto ás 22:00 h. a película MATRIA, na pista multideporte, dentro do programa de CINE NA RÚA da Deputación Provincial de Lugo.

A película está dirixida por Álvaro Gago Díaz e no reparto figuran actores e actrices como María Vázquez, Santi Prego, Soraya Luaces, Tatán, Susana Sampedro ..

Sesión gratuita.

Ler Máis