AUTORIZACION CON LIMITACIÓNS DE USO DE MAQUINARIA.

Resumo do disposto no artigo único da Orde do 23 de xuño de 2026 pola que se regula a utilización da maquinaria durante a época de perigo alto, nos supostos de índice de risco de incendio forestal moi alto ou extremo.

AUTORIZACIÓN XERAL:

-Durante a época de perigo alto de incendio forestal, cando o IRDI acade os niveis de moi alto ou estremo, autorízase a realización de traballos e actividades de caracter preventivo, silvícola ou agrícola que requiran o emprego de maquinaria agrícola ou forestal dentro dos terreos forestais e das súas zonas de influencia dos concellos afectados, nos termos e coas recomendacións establecidas no PLADIGA 2026.

CONDICIONAMENTE HORARIO

-Na franxa horaria das 12:00 ás 18:00 horas, esta autorización quedará condicionada ao cumprimento dos requisitos establecidos no número 3.

REQUISITOS OBRIGATORIOS ( de 12:00 a 18:00h)

Para o desenvolvemento dos devanditos traballos e actividades, será obrigatoria a disponibilidade inmediata dos seguintes medios persoais e materiais de extinción:

-Medios persoais

Unha persoa en funcións de auxiliar, cuxa función será a detección temperá de posibles conatos deincendio e a notificación inmediata aos servizos de emerxencia a través das liñas telefónicas 085 ou 112 ou da aplicación móbil ALUME.

-Medios materiais.

Un vehículo equipado con, como mínimo:

-Depósito de auga cunha capacidade mínima de 400 litros.

-2 batefuegos.

-1 extintor de escuma con base de auga dunha capacidade non inferior a 6 kg

-1 mochila extintora cunha capacidada mínima de 15 litros.

En todo caso o cumprimento destas medidas preventivas e das condicións establecidas pola normativa vixente NON EXIME das responsabilidades que poidan derivar da provocación dun incendio forestal.

Esta orde non perxudica a aplicación dos artigos 31 e 39 da Lei 3/2007 do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aplicables enxeral ao uso de maquinaria e equipamento durante a época de perigo alto de incendio.

Ler Máis

OFICINA RETORNO: BENVIDOS A GALICIA.

A empresa SILMAN 97, SLU está a levar adiante un proxecto para a SECRETARIA XERAL DA EMIGRACIÓN, para o desenvolvemento do programa “OFICINA MÓBIL DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS EMIGRANTES RETORNADAS”, co obxectivo de promover a inclusión e integración da poboación emigrante retornada e os seus familiares en todo
o territorio galego, mediante unha unidade móbil que percorrerá as zonas rurais e todas aquelas poboacións que non dispoñen de oficina física.

A data prevista para O CORGO , é o 19/06/2026, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Ler Máis

BASES QUE REXERÁN O PROCESO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL: (PERSOAL TÉCNICO DE ATENCIÓN Á INFANCIA) PARA O PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA (PAI) DO CONCELLO DO CORGO.

Publicación no BOP de Lugo do 11 de xuño das bases do proceso de selección de persoal para o PAI do Corgo. Apertura do prazo de solicitude solicitude para tomar parte nas correspondentes probas selectivas axustarase ao modelo que figura como Anexo II das presentes Bases e dirixirase ao Sr. Alcalde do Concello do Corgo.
Presentarase, debidamente cuberta, no Rexistro Xeral do Concello ou a través da súa sede electrónica, antes indicada, no prazo de CINCO (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Tamén se poderán remitir na forma determinada no artigo 16.4 da LPAC.

Ler Máis