Categoría: Concello
Reserva de praza, inscripción e matricula no PAI
O Punto de Atención á Infancia do Concello do Corgo abrirá o prazo de reserva inscripción/matricula para o vindeiro curso 2026/2027.
Os prazos de inscripción segundo o regulamento orgánico do Punto de Atención á Infancia son os seguintes:
-Os nenos/as xa matriculados no curso actual e que desexen continuar para o curso 2026/2027 terán dereito á reserva de praza, a cal levarase a cabo entre o día 1 de abril e o 17 de abril (ambos inclusive).
-As novas solicitudes de admisión ( inscripción e matrícula) atenderánse do 20 de abril ao 4 de maio (ambos inclusive).
Posteriormente, a listaxe provisional de admitidos sairá publicada o 18 de maio na páxina web do concello do Corgo, e a listaxe definitiva de admitidos sairá publicada o 2 de xuño na páxina web do concello do Corgo.
Para presentar tanto as reservas de praza como as novas solicitudes deberán dirixirse en horario de 09:00 h a 15:00 horas ás oficinas municipais do Concello do Corgo nos prazos anteriormente citados.
O que se fai público para xeral coñecemento.
A dirección do PAI
DESCARGA DE DOCUMENTOS:
ACTUACIÓNS PARA MINIMIZAR AS PERDAS DE AUGA NA REDE DE ABASTECEMENTO DO CONCELLO DO CORGO MEDIANTE A IMPLANTACIÓN DUN SISTEMA DE TELEXESTIÓN.
- Centro que concede a subvención: AUGAS DE GALICIA.
- Proxecto: ACTUACIÓNS PARA MINIMIZACIÓN DE PÉRDIDAS DE AUGA NA REDE DE ABASTECEMENTO MEDIANTE A IMPLATACIÓN DUN SISTEMA DE TELEXESTIÓN.
- Financiado pola UNIÓN EUROPEA. NextGenerationEU. Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia.- Vicepresidencia Tercera do Goberno.- Ministerio para a transformación ecolóxica e o reto demográfico.

Proceso selectivo dun CONSERXE para o CEIP DO CORGO.
PUBLICACIÓN NO BOP DE LUGO DAS BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE FUNCIONARIO/A INTERINO/A A MEDIA XORNADA (1 CONSERXE PARA O CEIP) QUE PARA A EXECUCIÓN DUN PROGRAMA TEMPORAL DE REFORZO DO EMPREGO NO CEIP DO CORGO, FINANCIADO POLO PLAN ÚNICO PROVINCIAL 2024.
CURSO: Prevención do BURNOUT. Coidado do coidador.
- Convocatoria dun novo curso para o xoves día 6 de xuño.
- Horario: de 16:00 a 20.00 horas.
- Local: Centro Sociocultural.
- Diploma de asistencia e aproveitameno da Escola Galega de Saúde para os cidadáns.
- Curso gratuito, impartido por persoal especializado e cualificado, a cargo de AFALU.
- INSCRICIÓNS no Centro Sociocultural do Corgo, ( 982302377); en afalu.org ou no 607843384
Bases do proceso de selección de 3PEÓNS FORESTAIS DE APOIO AO TRACTOR.
- 1
- 2





