ANDANDO E CORRENDO POLA VIA KüNIG. III EDICIÓN.

DÍA: 14 DE XULLO DO 2024.

ANDAINA ÁS 10:00 HORAS E CARREIRA ÁS 11:00 HORAS.

SAÍDA DA PRAZA DO CONCELLO DE BARALLA E META NA CAPELA DE SAN BERNABÉ ( CORGO)

SERVICIO DE BUSES DE META Á SAIDA E REGRESO Á SAIDA.

INSCRIPCIÓNS EN: http://www.ccnorte.com

Custe 5€ ata o 30 de xuño e 10€ ata o 10 de xullo.

Ler Máis

Curso de “Mobilizacion e traslados de persoas dependentes”

DATA: DÍA 20 DE XUÑO, XOVES, DE 17:00 A 21:00 HORAS.

LOCAL: CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO.

INSCRICIÓNS NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO 982302377 OU EN AFALU@AFALU.ORG E NO 607843384.

CURSO GRATUITO CON DIPOLOMA DA ESCOLA GALEGA DE SAÚDE

Ler Máis

Presentación do libro “19+(1) ESCAPADAS POLO CORGO. GUIA VISUAL DO CONCELLO” de Mario Outeiro.

Acompañarán ao autor: Iria Castro (Deputada de Cultura), Xosé Manuel Castro e Lolo de Anseán.

-Venres día 21 de xuño ás 20.30h. no Punto de Atención á Lectura do Corgo.(PALCO)

-Venres día 26 de xuño ás 20:00h. no salón de actos da Deputación Provincial (Pazo de San Marcos).

-Venres día 5 de xullo ás 20:45h. na antiga escola de Adai.

-Venres día 12 de xullo ás 20:45h. no loca socia de Cela.

As persoas asistentes á presentación recibirán un exemplar de agasallo.

Ler Máis

Campamentos de verán para a conciliación da vida familiar e laboral.

Campamento de Verán para nenos e nenas do Corgo, de entre 3 (sempre que amosen autonomía para as actividades básicas) e 16 anos.

 O PAVILLÓN abrirá ás 8:45 da mañá se as famílias solicitan na inscrición a recollida a esa hora.

As actividades comenzan ás 9:00 h da mañá e rematan as 15:00 h, dende o 1 de xullo ata o día 6 de setembro. A hora de entrada e saída  é orientativa, poden sair antes ou entrar máis tarde, avisando sempre para favorecer a coordinación dos monitores. Haberá sempre un mínimo de dous monitores por semana.

Os usuari@s traerán bocadillo e auga para mediamañá, así como visoiras, roupa e calzado cómodo. O equipo de monitores informarán diariamente  de calquera outra necesidade.

O custe do campamento desglósase semanalmente, pero para facilitar a programación, e preciso que haxa unha previsión anticipada de cada semana  quincena ou mes, amosando xa na inscricion cantas e cales son as   semanas para as que se precisa o campamento.

 O custe da semana é de 5 euros para os nenos/as do Corgo e 10 para os que non estén empadronados. (Terán preferencia os nenos/as do Corgo, así como de país/nais traballadores no municipio. De quedar vacantes poderán optar calquera outro neno, atendendo en primeiro lugar a fillos/as descendentes  de xente vinculada a este concello)

Trátase de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral no periodo de vacacións de verán, e ao mesmo tempo darlle aos nenos/as a opción de disfrutar dun tempo de ocio san e divertido, facilitando a convivencia e as relacións sociais entre eles. Este programa está cofinanciado polo Plan Corresponsables .

As actividades desenvólvense no Polideportivo do Corgo e inmediacións do Colexio, e estarán a cargo dunha empresa de Tempo libre con experiencia neste tipo de actividades.Cando as condición metereolóxicas sexan favorables o campamento trasladarase á praia fluvial río Chamoso e piscina municipal, sempre con prévio aviso e asinando autorización ou permiso para actividades acuáticas.

Inscricións ata o 18  de xuño, no Centro Sociocultural do Corgo. A inscrición pode efectuarse  por via electrónica ( ben correo electrónico ou sede electrónica) ou  no Centro  Sociocultural do Corgo, no concello ou no Colexio do Corgo.

Número máximo de participantes será de 40. Respetarase sempre a orde de criterios de selección (padrón, etc..) e a orde de entrada da inscrición.

                                             DATOS DE INTERESE:

  •  Unha vez reservada a praza coa inscrición e aceptado/a,  cubrir a solicitude/autorización  e aboar  a taxa na conta que se indica.
  • Achegar o DNI  da persoa que autoriza oa menor a participar nas actividades.
  • Libro de familia onde figure o menor e os datos da persoa que autoriza. Se fose família numerosa tamén se achegará copia do otitulo.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do  neno/a perfectamente lexible.
  • A documentación complementaria non fará falta achegala si xa se aportou noutros procedementos desta Administración e non se produciron cambios.

MAIS INFORMACIÓN:

INSCRICIÓNS: ATA O DÍA 18 DE XUÑO  RESERVA DE PRAZA , CUBRINDO A INSCRICIÓN E SINALANDO CALES SON AS SEMANAS QUE INTERESAN

– PODERÁN  INSCRIBIRSE POR MES COMPLETO, QUINCENA OU SEMANA.

– DE QUEDAR PRAZAS VACANTES PODERÁN INSCRIBIRSE AO LONGO DO  CAMPAMENTO, FACÉNDOO CUNHA ANTELACIÓN MÍNIMA DUNHA  SEMANA  ANTES DE INCORPORARSE, PARA POSIBILITAR  A  ORGANZICIÓN DAS ACTIVIDADES.

SOLICITUDE E PAGO: DO 19 DE XUNO AO 26 DE XUÑO. NON SE PAGARÁ ATA QUE A PRAZA ESTÉ CONFIRMADA.

-O PAGO EFECTÚASE NO NÚMERO DE CONTA SINALADO  PODENDO FACELO TAMEN A TRAVÉS DA  BANCA ELECTRÓNICA. ACHEGARASE RESGARDO DA OPERACIÓN .

OS NENOS/AS QUE NON ESTÉN EMPADRONADOS NO CORGO, EN CASO DE NON TER PRAZA QUEDARÁN EN LISTA DE AGARDA, COMUNICÁNDOSELLES CALQUERA  MOVEMENTO NAS LISTAS .

CADA NENO/A LEVARÁ UNHA MOCHILA COAS SÚAS PERTENZAS

Ler Máis

VIAXE ÁS PRAIAS 2024

O Concello do Corgo lévate de viaxe ás praias propostas os xoves . Nas semanas que o xoves é festivo trasládase aos mércores.

As viaxes terán un custo de 8 euros para os empadronados no concello do Corgo e 12 para os non empadornados, con saída ás 9 da mañá da antiga cámara agraria.

As viaxes á provincia de Pontevedra ( Praia das Américas e Samil) terán un custo engadido de dous euros en cada aportación, ( 10 euros os veciños do Corgo e 14 os non empadronados neste concello) e a saída será as 8 da mañá da antiga cámara agraria.

Para inscribirse haberá que chamar ao teléfono 622500462, de luns a mércores , en horario de 10:00 a 13:00 horas. Respetarase a orde de inscrición.

  • Traer a CANTIDADE XUSTA DE PAGO da viaxe.
  • O destino da praia pode ser variado segundo o TEMPO ATMOSFÉRICO. A hora de regreso pode ser modificada en función do tempo meterolóxico.
  • Se vostede se inscribe e por calquera circunstancia non pode ir a viaxe, por favor, AVÍSENOS CON      ANTELACIÓN.
DATAS DESTINO.
  27 DE XUÑO.PRAIA DAS AMÉRICAS. (SAÍDA ÁS 8:00)
10 €OS EMPADRONADOS DO CORGO
14 € NON EMPADRONADOS NO CORGO.
  4 DE XULLO.SAMIL (SAÍDA ÀS 8:00H)
10 € OS EMPADRONADOS DO CORGO
14 € NON EMPADRONADOS NO CORGO.
11 DE XULLOSAN CIPRIAN.
18 DE XULLOFOZ
24 DE XULLO (MÉRCORES)ARES (FERROL)
1 DE AGOSTORINLO.
8 DE AGOSTO.TAPIA DE CASARIEGO.
14 DE AGOSTO.  (MÉRCORES)COVAS (VIVEIRO)
22 DE AGOSTO.VALDOVIÑO
29 DE AGOSTO.A CORUÑA (RIAZOR)

Ler Máis

XXVII FEIRA DO CABALO EN ADAI.

DOMINGO 23 DE XUÑO.

CAMPO DA FEIRA DE ADAI.

GRAN ESPECTÁCULO ECUESTRE MAGOS DE LA EQUITACIÓN.

AMENIZADO POLA A.C. LEGUA DEREITA DO CORGO.

ORGANIZA CONCELLO DO CORGO.

Ler Máis