Categoría: Xeral

Lista definitiva de admitidos, e composición do tribunal para o procedemento de selección de seis prazas de Auxiliar de Axuda no Fogar.

Publicación no Boletín oficial da Provincia o listado definitivo de aspirantes admitidos  no procedemento de selección de seis prazas de Auxiliar de Axuda no Fogar, así como a composición do tribunal e data da constitución do mesmo.

Lista definitiva para o proceso de selección de seis prazas de Auxiliar de Axuda no Fogar. Composición do tribunal

Ler Máis

Consulta Pública: regulamento de organización e funcionamento do Punto de Atención á Infancia.

De conformidade co establecido no Art. 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo  Común das Administracións Públicas, ábrese un período de consulta pública, a través do portal web deste concello, co fin de recabar a  opinión dos veciños e das organizacións máis representativas que puideran resultar afectados polo novo servizo de Punto de Atención á Infancia (PAI).

A necesidade e oportunidade desta regulación vén esixida polas características do novo servizo que atenderá a nenos de entre 0 e 3 anos, co fin de conciliar a vida familiar e laboral.

O obxectivo da norma é de que o novo centro asistencial conte cun regulamento de organización e funcionamento a disposición dos usuarios.

A regulación a través dunha norma regulamentaria vén esixida no apartado 4, letra c) do Art. 20 do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo  que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.

Así mesmo, preténdese a regulación do prezo público pola prestación do referido servizo.

O prazo de presentación  de opinións extenderase durante un prazo de a15 días hábiles, a contar desde o día 12 deste mes.

O Corgo, 10 de marzo do  2019.

O Alcalde,

José Antonio Ferreiro González.

 

Ler Máis

Festival Entroido 2019.

 

Festa de entroido o luns, día 4 de Marzo, no Polideportivo municipal, a carón do Colexio Plurilingüe do Corgo, a partir das catro e media da tarde e ata as oito.

Baile, xogos, animación, desfile, colchonetas hinchables, Karaoke… e chocolate con churros para tódolos disfrazados.

Anotarse no 982302377 para que contemos con vós. 

Ler Máis

Resultado do procedemento selectivo dunha praza de Auxiliar Administrativo.

Publicación dos resultados definitivos do procedemento de selección dun auxiliar administrativo da escala da Administración  Xeral.

Resultado do procedento selectivo dunha praza de Auxiliar administrativo

Ler Máis

Publicación das listas provisionais de admitidos e excluídos ao procedemento de selección de seis prazas de Auxilar de Axuda no Fogar.

O día 15 de febreiro publícase no BOP número 39, o edicto que da a coñecer o listado de aspirantes admitidos e excluídos ao procedemento de selección de seis prazas de Auxiliar de axuda no fogar, así como unha correción de erros no temario.

ANUNCIO LISTA PROVISIONAL ADMITIDOS E EXCLUIDOS PROCESO SELECCIÓN DE SEIS PRAZAS DE AUXILIAR AXUDA NO FOGAR

Ler Máis

Publicación das listas definitivas de admitidos e excluídos no proceso selectivo dun Auxiliar Administrativo. Composición do tribunal.

Publicación no Boletiín oficial da provincia de Lugo  ( BOP nº  25  do 30 de xaneiro) do listado definitivo de admitidos excluídos no proceso selectivo dun Auxliar administrativo así como a composición do tribunal.

Lista definitiva de admitidos e excluídos ao proceso selectivo dun Auxiliar Administrativo, composición do Tribunal.

Ler Máis