Categoría: Xeral

XI Romaría no Chamoso e VII Feira de Artesanía

 

Sábado 2 de agosto Festa Popular

  • 18:00h. VII BATUXADA no Chamoso. Inscricións categorías adultos e infantil na OMIX do Concello en horario de 16:00 a 20:00h.
  • 21:00h. Festa e Verbena a cargo da Orquestra COMPOSTELA

{xtypo_sticky}Servizo de restaurante e pulpería{/xtypo_sticky}

{xtypo_sticky}Zona de Acampada Gratuita{/xtypo_sticky}

Domingo 3 de agosto Romaría Folk

  • 12:00h.Apertura da VII FEIRA DE ARTESANÍA.

VI MALLA POPULAR DO CORGO. Amenizada con música tradicional galega.

Xantar campestre.

  • 16:00h. Xogos Populares.
  • 18:00h. Romaría Folk, cos grupos:
    • Legua Dereita do Corgo.
    • Os Xardois de Cervantes.
    • Amado Lar do Valadouro.
    • La Barbacana de la Ribera del Órdigo, León.
    • Troula de Ortegal.

Ler Máis

XIX Feira do Cabalo de Adai

 

Programa de actividades:

09:30 h. Apertura do recinto feiral.

10:00 h. – Inscrición dos cabaleiros no sorteo e entrega dun agasallo de benvida.

– Inscrición dos participantes no rodeo ou xincana.

10:30 h. Exhibición de cabalos para a venda.

11:00 h. Actuación da charanga “Os Charangos de Neda” que amenizarán toda a xornada.

12:30 h. Xincana a cabalo.

14:00 h. Xantar.

16:00 h. Espectáculo ecuestre “Soñando a cabalo” da compañía de Tomás Besada.

17:15 h. VII Rodeo de Adai.

18:15 h. Entrega de premios os gañadores do rodeo.

18:30 h. Sorteo de agasallos.

 

Organiza: Concello do Corgo

Colabora: Asociación de Cabaleiros da Feira de Adai

Ler Máis

Festa do Entroido 2015

  • Día: Luns 16 de febreiro 2015
  • Hora: de 16.30 até 19.30 horas
  • Lugar: Centro Sociocultural do Corgo

Festa do Entroido para os rapaces e rapazas de 4 a 12 anos do Concello do Corgo. Haberá  concurso de disfraces, xincana de xogos, piñata, premios e agasallos para os mellores disfraces.

Os rapaces máis pequenos deberán asistir acompañados en todo momento dun responsable.
Recoméndase traer a merenda. Actividade Gratuita.
Para que contemos con vós será necesario que vos anotedes no centro Sociocultural polas tardes ou a través do teléfono 982 30 23 77

Ler Máis

Período medio de pago (PMP) 3º e 4º trimestre 2014

En aplicación da Disposición Adicional 1ª da Lei Orgánica 9/2013, de control da débeda comercial no sector público, publícase o período medio de pagamento (PMP) correspondente ao 3º e 4º trimestre de 2014, coa seguinte desagregación:

Ler Máis

Orde do 18 de febreiro de 2014 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2014(DOG nº 37 do 24 de febreiro 2014)

Terán dereito a percibir o pagamento único os/as agricultores/as que posúan, en propiedade ou en réxime de arrendamento, dereitos de pagamento único conforme o establecido no artigo 3 do Real decreto 1680/2009, do 13 de novembro.
Poderase conceder a axuda derivada do réxime do pagamento único prevista no capítulo I do título III do Regulamento (CE) nº 73/2009, do Consello, do 19 de xaneiro, aos/ás agricultores/as que o soliciten de acordo cos modelos DP1, DA, PU, DPU, RS, PA, PAF, de ser o caso, e RG do anexo 1, dispoñan dos correspondentes dereitos do réxime de pagamento único e xustifiquen a súa utilización.
Os dereitos de axuda do pagamento único xustificaranse de acordo co establecido na sección 3ª capítulo II da Orde
O prazo de solicitude iníciase o 17 de febrero de 2014 e remata o 15 de maio de 2014

Orde completa

Ler Máis

Orde do 12 de febreiro de 2015

Orde do 12 de febreiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de compensacións complementarias e axudas para a reposición dos animais en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas oficiais de erradicación de enfermidades, e se convocan para o ano 2015.

As axudas para a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teña por obxecto a reposición de efectivos, naquelas explotacións rexistradas en Galicia en que se ordenou o sacrificio de animais destas especies, despois do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación; tamén se incluirán os casos de animais desas especies que morresen neses marcos sanitarios oficiais citados, e os casos de morte/sacrificio deses animais a consecuencia dun programa oficial obrigatorio de vacinación.
Prazo de solicitude: Desde o día seguinte á data de publicación desta orde no DOG ata o día 30 de novembro de 2015, incluíndo ambas as dúas datas no cómputo do prazo. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

 Orde completa

Ler Máis