Categoría: Xeral
Actividades de nadal para nenos e nenas 2018
CAMPAMENTO DE NADAL.
- Días 26, 27 e 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro.
- Horario: De 9:00 a 15:00 h.
- Prezo: Gratuito.
- Actividades: Xogos, obradoiros de nadal, música, etc..
- Público : nenos/as dende 3 ata 12 anos.
- Local: Centro Sociocultural.
VIAXE A XUVENLUGO.
- Solicitude de entradas no Centro sociocultural do Corgo, ou non 982302377, ata o día 27 pola mañá. As entradas serán só validas para o día 27 á tarde.
- Custo: 2 € persoa.
MAXIA NO CORGO
- Sesión de maxia a cargo do MAGO CARLOS, o DIA 2 DE XANEIRO, ás 12:00 h. no Centro Socioculutaral do Corgo. Para tódolos públicos. Actividades subvencionada pola Deputacióln Provincial de LUGO,dentro do Programa Nadal pola Provincia.
CABALGATA DE REIS.
- Saída dos Reis Magos o dái 5 ás 16:30 da tarde do Centro sociocultural.
- Chegada ao Colexio Plurilingüe do Corgo, onde se fará o reparto de agasallos polas SSMM de Oriente.
- Chocolate e roscón para tódolos asistentes.
- Anotarse antes do día 4 de xaneiro.
- Máis información no 982302377
O NADAL TAMÉN SOA NO RURAL 2018
Misas e Concerto de Panxoliñas a cargo da SCHOLA GREGORIANA LUCENSIS
- Venres, 21-1-2018, ás 16:00 h. no Centro de Día do CORGO.
- Domingo, 23-12-2018 ás 11:00 h. na Igrexa do CORGO.
- Domingo, 23-12-2018 ás 13:30 h. na Igrexa de GOMEÁN.
- Domingo 30-12-2018, ás 11:00 h. na Igrexa de S. P. DE FARNADEIROS.
- Domingo, 30-12-2018, ás 13:15 h. na Igrexa de PEDRAFITA.
- Domingo 06- 01-2019, ás 12:00 h. na Igrexa de Laxosa.
O Corgo en negro.
Con motivo dos actos que se levan a cabo en toda Galicia contra a violencia de xénero, o Concello do Corgo, unida á campaña #ennegro contra as violencias, por segundo ano consecutivo, desenvolverá accións divulgativas de denucia desta situación.
O venres 23 lerase o manifesto no Colexio Plurilingüe do Corgo, e o sábado 24 pola tarde, ás cinco, no Centro sociocultural, desenvolverase unha xornada formativa e informativa a cargo da Educadora Social e Psicopedagoga Lucía Lage Via , para a eliminación da violencia contra a muller.
XII Certame literario “Terras de Chamoso”
A Asociación Cultural Arumes do Corgo organiza outro ano máis o certame literario Terras de Chamoso, que no 2018 acada a súa duodécima edición. Un certame que se atopa totalmente consolidado no panorama literario galego e que ten moita acollida entre os centros educativos da comarca. Trátase dun certame de relato e poesía breves para as categorías infantíl (10, 11, 12 e 13 anos), xuvenil (14, 15, 16 e 17 anos) e adultos (maiores de 18).
Os traballos teñen que estar en galego, temática libre, e o prazo de entrega remata o 28 de novembro de 2018. A entrega de premios farase nun acto cultural, musical e literario con moitas sorpresas o sábado, 22 de decembro de 2018 no Centro Sociocultural do Corgo.
Este ano incluimos como novidade a creación do Premio “A Legua Dereita” de cultura tradicional galega (en colaboración coa Asociación Cultural A Legua Dereita) para modalidade relato e categoría infantil (ver bases).