Categoría: Xeral

Orde do 9 de febreiro de 2017

ORDE do 9 de febreiro de 2017 pola que se determinan as parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais para os efectos das deducións previstas nos números sete do artigo 16 e oito do artigo 17 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo

Esta Orde da consellería de Facenda publicada no Bop nº29 do 9 de febreiro, establece a relación de parroquias que, dado a súa consideración de zona pouco poboada ou área rural, son beneficiarias aos efectos de deducións previstas nos númreos 7 do artigo16 e o 8 do artigo 17 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto Lexislativo 1/2011 do 28 de xullo

A lei 2/2017 do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, introduciu nos artigos citados anteriormente do texoto refundido, deducións do 100%  no imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, para favorecer a adquisición de vivenda habitual por parte de familias numerosas, discapacitados e mozos en zonas rurais, co fin de evitar o despoboamento. Dada a dispersión da poboación en Galicia, a lei optou por delimitar o  ámbito xeográfico susceptible deste beneficio fiscal a nivel de parroquia.

No  anexo I enuméranse a relación de parroquias que están afectadas por esta circunstancia, figurando entre elas as do concello do Corgo.

Ver Orde completa.

 

Ler Máis

Convocatoria de probas para obter o título de graduado na ESO para maiores de 18 anos.

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de xuño e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Convócanse as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2017 ( publicado no Bop nº28 do 29 de febreiro do 2017)

 Condicións das persoas aspirantes

Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Teren feitos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.

3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2016/17 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

4. O alumnado matriculado durante o curso 2016/17 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:

4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

4.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

 Forma, lugar e prazos de presentación

Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de xuño: do 13 de marzo ao 24 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.

– Convocatoria de setembro: do 3 ao 10 de xullo de 2017, ambos os dous incluídos.

No prazo dos quince días posteriores á conclusión do prazo de presentación de solicitudes, os centros publicarán a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, na cal se indicarán os motivos da exclusión. Tamén constarán as exencións da proba de lingua galega.

Ver Orde completa

Ler Máis

Club Deportivo Lugo – Concello do Corgo: A nosa Terra, os nosos Nenos.

A iniciativa ” A Nosa Terra, os nosos Nenos”, na que colaboran o Clube Deportivo Lugo e os concellos da provincia, pretende facilitar a asistencia de público xoven e adultos aos encontros que o conxunto lugúes desputa no Anxo Carro. Por outra banda, esta iniciativa incllúe visitas de xogadores e outros membros da directiva e equipo técnico aos colexios que participan nesta iniciativa.

O concello  do Corgo está a participar nesta interesante proposta que ofrece o C. D. Lugo, e o martes, día 31 de xaneiro, un xogador do equipo e outros membros da  directiva visitarán o CEIP do Corgo co fin de conversar cos alumnos e facerlles chegar a ilusión e o sentimento das cores albivermellas.

Nesta visita convidarán a tódolos nenos e nenas e acompañantes que desexen ao próximo partido que o CD Lugo desputa no seu estadio, fronte ao Córdoba, o vindeiro 4 de febreiro, sábado, ás 18:00 horas. As entradas serán gratuitas tanto para nenos como para adultos.

O Concello do Corgo poñerá a disposición dos interesados autobuses para o traslado ao estadio Anxo Carro. A saída terá lugar as 16:30 horas do sábado diante do CEIP do Corgo. Ademáis, ao  coincidir o partido coa hora da merenda, o concello agasallará a cada neno que acoda oa encontro cun bocadillo e unha bebida para que animen ao equipo con máis forza.

Para acudir ao encontro é preciso entregar cuberta e asinada a autorización no CEIP do Corgo ata  o xoves, día 2, onde se especifican os datos do alumno e acompañantes, e se viaxan en bus ou en coche particular.  As entradas entregaranse no autobús ou diante do estadio para os que non empreguen o transporte público. Para aqueles menores que non dispoñan dun adulto que os  acompañe, persoal municpal viaxará con eles  encargándose do seu coidado.

Contamos con vós para animar ao Clube Deportivo Lugo. Para calquera dúbida pódeis chamar ao 982302100

Ler Máis

Publicación das listas definitivas de admitidos excluídos, composición do tribunal e data das probas para a selección de persoal temporal e formación de bolsa de emprego de responsable da Omix e encargado da aula internet do Concello do Corgo

Publícanse as  listas definitivas de aspirantes admitidos ao proceso selectivo de persoal temporal e formación de bolsa de emprego para responsable da Oficina de Información Xuvenil e encargado da aula internet no Telecentros municipal do Corgo, así como a composición do tribunal e  a data e horas das probas.

Publicación das listas definitivas, tribunal e datas das probas no procedemento selectivo para a selección de persoal temporal e formación de bolsa de emprego para a contratación de responsable da OMIX e encargado da aula internet

 

Ler Máis

Publicación das listas de admitidos e excluídos ao proceso de selección de persoal temporal e formación de bolsa de emprego para responsable da Oficina Municipal de Información Xuvenil e encargado da aula de Internet .

O luns, día 23 de xaneiro, publícanse as listas de admitidos e excluídos ao proceso selectivo de persoal  temporal e formación de bolsa de emprego para responsable da Omix e encargado da aula de internet no Telecentro municipal, ubicado no Centro sociocultural do Corgo.

Lista de admitidos e excluídos do procedemento selectivo para a selección de persoal temporal e formación de bolsa de emprego para responsable da OMIX e encargado da aula internet

Ler Máis

Bases que rexerán o procedemento de selección de persoal laboral temporal e formación de bolsa de emprego : Responsable da Oficina de información xuvenil e encargado da aula internet.

No Bop do día 12 de xaneiro de 2017, nº 9, publícase o anuncio das  bases que rexerán o procedemento de selección de persoal laboral temporal e a formación da bolsa de emprego para Responsable da Oficina municipal de Información Xuvenil e encargado do telecentros do Concello do Corgo.

Bases que rexerán o procedemento de selección de persoal laboral temporal e formación de bolsa de emprego : Responsable da Oficina de información xuvenil e encargado da aula internet.

Ler Máis

Modificación da ordenanza reguladora do imposto sobre bens inmobles.

No Bop nº 295  do 26 de decembro publícase a derradeira modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles, que se aproba polo Pleno do 11 de novembro do 2016. As novidades que introducen afectan aos artigos segundo, cuarto e ás disposicións adicional e final. Entra en vigor ao día seguinte à publicación no Boletin oficial, pero xurde efectos dende o 1 de xaneiro do 2017.

Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles

Impresos solicitude de bonificación de ata o 95% no IBI para actividades agrarias.( Art. 4.4 da Ordenanza fiscal)

Impresos de solicitude de bonificación de ata o 95 % no Imposto sobre bens inmobles para actividades económicas (Art 4.5 da Ordenanza Fiscal)

Ler Máis

O NADAL NO MEDIO RURAL

Concerto de panxoliñas e misas par celebrar ” O Nadal no medio rural”. Actuacións da SCHOLA GREGORIANA LUCENSIS de Lugo, nas igrexas e parroquias seguintes:

– Dia 8 de decembro, ás 11:00 horas en Coeo e ás 13:30 en San Fiz de Bergazo.

– Día 11 de decebro, ás 11:00 horas en San Cristovo e ás 12:30 horas en Laxosa.

– Día 25 de decembro, ás13:30 horas en San Fiz de Paradela.

– Día 31 de decembro, ás 13:30 horas en Escoureda.

O día 23 de decembro,no Centro de Día do Corgo, concerto de panxoliñas. 

Ler Máis

Listas definitivas de admitidos e excluídos, composición do tribunal e datas das probas para o proceso selectivo de persoal laboral temporal ( palista, oficial 2ª e peón). Depuemprego

Publicación das listas definitivas de admitidos e excluidos a participar no proceso selectivo de persoal laboral temporal ao abeiro do programa Depuemprego. ( Palista, oficial segunda e peón). Asi mesmo, dase a coñecer o tribunal e as datas de realización das probas.

Listas definitivas de admitidos e excluídos, composición do tribunal e datas das probas para o proceso selectivo de persoal laboral temporal ( palista, oficial 2ª e peón). Depuemprego

 

Ler Máis