Categoría: Xeral
O Corgo en negro.
Con motivo dos actos que se levan a cabo en toda Galicia contra a violencia de xénero, o Concello do Corgo, unida á campaña #ennegro contra as violencias, por segundo ano consecutivo, desenvolverá accións divulgativas de denucia desta situación.
O venres 23 lerase o manifesto no Colexio Plurilingüe do Corgo, e o sábado 24 pola tarde, ás cinco, no Centro sociocultural, desenvolverase unha xornada formativa e informativa a cargo da Educadora Social e Psicopedagoga Lucía Lage Via , para a eliminación da violencia contra a muller.
XII Certame literario “Terras de Chamoso”
A Asociación Cultural Arumes do Corgo organiza outro ano máis o certame literario Terras de Chamoso, que no 2018 acada a súa duodécima edición. Un certame que se atopa totalmente consolidado no panorama literario galego e que ten moita acollida entre os centros educativos da comarca. Trátase dun certame de relato e poesía breves para as categorías infantíl (10, 11, 12 e 13 anos), xuvenil (14, 15, 16 e 17 anos) e adultos (maiores de 18).
Os traballos teñen que estar en galego, temática libre, e o prazo de entrega remata o 28 de novembro de 2018. A entrega de premios farase nun acto cultural, musical e literario con moitas sorpresas o sábado, 22 de decembro de 2018 no Centro Sociocultural do Corgo.
Este ano incluimos como novidade a creación do Premio “A Legua Dereita” de cultura tradicional galega (en colaboración coa Asociación Cultural A Legua Dereita) para modalidade relato e categoría infantil (ver bases).
Recoñecemento de vehículos agrícolas, Supervisión e Control, S.A. ITV 2018
A Unidade de Inspección Técnica de vehículos agrícolas prestará servizo neste concello agás causas de forza maior os días que se relacionan a continuación:
| PARROQUIA | DÍA | MAÑÁ | TARDE. |
| LAXOSA , CAMPO DA FESTA. | 10 de DECEMBRO | DE 9:00A 13:30H. | DE 15:15 A 18:00 H. |
| 11 DE DECCEMBRO. | DE 9:00 A 13:30 H. | ————- | |
|
ADAI, MERCADO. |
12 DE DECEMBRO | DE 9:00 A 13:30H. | DE 15:15 A 18:00H. |
| GOMEÁN, XUNTO AO CEMITERIO. | 13 DE DECEMBRO | DE 9:00 A 13:30 H. | DE 15:15 A 18:00 H. |
| 14 DE DECEMBRO | ————– | ||
| 15 DE DECEMBRO | DE 15:15 A 18:00 H. | ||
| 16 DE DECEMBRO. | |||
| 17 DE DECEMBRO. | |||
| SABAREI, EXPLANADA CERCA DA IGREXA | 18 DE DECEMBRO | DE 9:30 A 13:30 H. | DE 15:15 A 18:00 H. |
| 19 DE DECEMBRO |
PARA SOLICITAR CITA PREVIA DEBERÁ DE CHAMAR AO TELÉFONO 902309000 OU NA PÁXINA WEB WWW.SYCITV.COM . CITA PREVIA.
X CARREIRA POPULAR ARUMES DO CORGO MEMORIAL QUIQUE CASANOVA
- Pitufos: proba non competitiva, non haberá clasificacións. Todos os participantes levarán unha medalla conmemorativa. Camisetas para todos.
- Promoción: trofeo para o primeiro e medallas para o segundo e terceiro clasificados de cada sexo, e medalla conmemorativa para o resto de participantes. Camisetas para todos.
- Dende Sub 12 ata Sub 18: trofeo para o primeiro e medallas para o segundo e terceiro de cada categoría e sexo. Camisetas para todos.
- Dende Sub 20/23 ata Veteranos (carreira absoluta): trofeo para o primeiro e medallas para o segundo e terceiro de cada categoría e sexo. Camisetas para os 150 primeiros.
- Carreira absoluta (5300 m):
- Entregarase unha medalla ao primeiro home e á primeira muller de cada categoría empadroados no concello do Corgo.
- Entregarase un trofeo ao participante máis novo e ao de máis idade.
- Organiza: Asociación Cultural Arumes do Corgo (correo-e: arumescorgo@gmail.com; teléfono: 626 73 93 90; sitio web: http://arumescorgo.blogspot.com).
-
Colabora economicamente: Concello do Corgo.
-
Colabora tecnicamente: Federación Galega de Atletismo (Delegación de Lugo).
-
Outros colaboradores: Coca Cola, Club de Atlet. Arumes-Área 10, Centro de Estudos do Corgo, Protección Civil de Lugo, Subdelegación do Goberno…
6 de Setembro: Día do avó.
O xoves día 6 de setembro celébrase no POLIDEPORTIVO municipal do Corgo o día do avó.
A festa do avó vai dirixida a maiores de 60 anos e cónxuxes. Para participar hai que retirar as tarxetas nas oficinas municipais ata o día 4 de setembro (martes).
PREZO:
Os veciños empadronados no Corgo e maiores de 60 anos.. 5€
Persoas non empadroadas no concello do Corgo, maiores de d60 anos…20€
PROGRAMA:
13:30 .- Eucaristía.
14:30.- Comida
OUTRAS ACTIVIDADES
Actuación dun Dúo musical, baile, sorteo de agasallos..
NOTA:
Para a retirada de tarxetas e recomendable presentar o DNI, sendo obrigatorio para aquelas persoas non empadroadas no Concello do Corgo.
Acto de celebración do nomeamento a JESÚS ABUÍN ARIAS “Fillo predilecto e Cronista oficial do Corgo”.
O día 22 de setembro terá lugar no CENTRO SOCIOCULTURAL do Corgo, ás 12:30 h, a entrega do Nomeamento de “Fillo predilecto e Cronista oficial do Corgo” a
JESÚS ABUÍN ARIAS.
- No Restaurante Hostal Prados, celebrarase unha comida ás 14:00 h.
- A retirada de tarxetas para asistir será no propio restaurante ata o día 15 de setembro.
- Precio da comida : 25€
EQUIPO DE INCLUSIÓN SOCIOLABORAL DO CORGO.
Dende o día 1 de agosto de 2018 o Equipo de Inclusión Sociolaboral de Baralla cambia a súa sede do Concello de Baralla para a CASA DAS ASOCIACIÓNS do Corgo, pasándose a chamar EQUIPO DE INCLUSIÓN SOCIOLABORAL DO CORGO, manterá o número de teléfono e mail de contacto que viñan empregando:
982363719 / 608500379
baralla.inclusion@igualdadebenestar.org
A atención seguirá mantendo as súas principais liñas de actuación como servizo de de proximidade á cidadaníe en cada un dos dezaoito concellos de referencia na demarcación xeográfica da Fonsagrada, os Ancares e Lugo, coa colaboración dos servizos sociais e de emprego municpais, aproveitnado ao máximo as sinerxias que xurden no traballo en rede.
ROMARIA FOLK NO RIO CHAMOSO 2018
Os días 28 e 29 de xullo terá lugar na praia fluvial Río Chamoso a XV romaria folk.
O sábado a partir das 18:00 h:
-BATUXADA NO CHAMOSO. Proba de velocidade de embarcacións feitas con material de regugallo no Rio Chamoso
-SESIÓN DE XOGOS E ANIMACIÓN INFANTIL
Á noite feste e verbena coa orquesta
GRAN PARADA.
O domingo, dende as 12:00 h.
-FEIRA DE ARTESANÍA E DEMOSTRACIÓN DE OFICIOS TRADICIONAIS.
-EXHIBICIÓN DE TALLA DE MADEIRA CON MOTOSERRAS.
ACTUACIÓNS DE
– A. C. A LEGUA DEREITA DO CORGO
– OS CARAPAUS.
– PINGARELA (Musiqueando da Deputación Provincial de Lugo)
17.00 h.Festival folclórico:
TROUPELEAR.
AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA XILBARBEIRA DE BOIRO.
A.C. A LEGUA DEREITA DO CORGO.
Coa colaboración de As Cernellas de Sta. María de Bóveda.