V CAMPIONATO GALEGO DE BILLAR FEMININO.

Ler Máis

OBRADOIRO MULLER E SAÚDE

-Lugar de celebración: Punto de Atención á lectura (PALCO) , detrás da oficina de Correos do Corgo .

-Data: mércores 8 de abril.

-Horario: 16:30 a 20:30 h.

OBXECTIVOS:

-Mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos na muller.

-Previr enfermidades propias do colectivo feminino.

PROGRAMA:

-Menopausa e osteoporose.

-Prevención xinecolóxica.

-Factores de risco.

-Fisiopatoloxía.

-Alimentación e exercicio.

Profesorado: Cristina Ouro Núñez, matrona do Complexo Hospitalario de Lugo.

Dirixido a cidadáns en xeral.

Programadora: Begoña García Cepeda.

INSCRICIÓNS: 982143907 (Sonia -Traballadora Social do Concello do Corgo.) ata o 08/04/2026.

Ler Máis

Os pombais do Corgo na TVG.

O luns día 23 de febreiro emitiuse na TVG unha entrevista a Mario Outeiro sobre os pombais do concello do Corgo, unha das representacións do patrimonio cultural deste municipio.

“De pedra, de planta circular ou cadrada, os pombais son unhas construcións tradicionais que perviven e falan doutros tempos cando as pombas eran un símbolo de grandeza. 

No Concello lucense do Corgo consérvanse máis dunha vintena destas edificacións. Todos superan o século de vida, de aí a importancia de conservalos.

Dentro do patrimonio material que ten Galicia é unha das construcións máis senlleiras, á mesma altura que hórreos e cruceiros”, comenta Mario Outeiro, estudoso dos pombais.

Caeron no desuso, pero son parte do legado cultural galego“.

No seguinte enlace atópase o vídeo da conversa:

https://www.g24.gal/-/no-corgo-conservanse-mais-dunha-vintena-de-pombais-que-tenen-mais-dun-seculo-de-vida

Así mesmo, Mario Outeiro gran coñecedor e estudoso dos pombais corgueses falou deste tema no Diario Cultural da Radio Galega do xoves , amosando a entrevista no seguinte enlace:


Ler Máis

O Stolperstein de Rafael Pardo Vales.

O pasado 29 de xaneiro de 2026, o Concello de O Corgo e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica renderon homenaxe ás 12:00 horas do mediodía na Estación de Laxosa a Rafael Pardo Vales, vítima do campo nazi de Mauthausen, coa colocación da primeira placa Stolperstein da provincia.

As placas Stolperstein foron creadas polo artista alemán Gunter Demnig para honrar ás vítimas do nazismo. Son placas metálicas coa forma dun adoquín e colocadas a nivel do chan con texto explicativo. Con isto preténdese que todas e todos os camiñantes teñan que inclinarse para poder ler a súa historia, realizando un xesto de respecto e reverencia hacia a memoria da vítima.

Hai placas por todo o mundo, Austria, Bélgica, Dinamarca, Grecia, Luxemburgo, Noruega, Suecia, Suiza, Gran Bretaña, Rumanía…..trátase, polo tanto, do maior monumento descentralizado do mundo.

Rafael  Pardo  Vales  naceu  o 18 de xullo de 1912 na Estación de Laxosa no Concello de O Corgo (Lugo) e era fillo de José Pardo (gardaagullas) e Manuela Vales. Foi o máis novo e único varón de cinco irmás. Destinado como garda de asalto en Barcelona, coincidíu  alí co seu sobriño José Sánchez Pardo fillo da súa irma Herminia , cinco anos mais novo ca él,  e que tamén era garda de asalto.  Durante a guerra, Rafael, foi nomeado  cabo e despois  sarxento. Ao final da contenda española exíliase en Francia co seu sobriño José.

Posiblemente foron a parar  ao campo francés de Argelés, e despois a 34º Compañía de Traballadores Extranxeiros para fortificar as defensas militares francesas ante o estoulido da II Guerra mundial. Foron feitos prisioneiros na ofensiva alemá e levados ao Stalag X-B en Sandbostel no land da Baixa Sajonia  entre Bremen e Hamburgo.  Foi deportado o 3 de marzo de 1941 ao KZ de Mauthausen e asasinado no subcampo de Gusen o 7 de xaneiro de 1942.

O acto contou coa participación do alcalde Felipe Labrada, a concelleira do BNG Pilar Bellón pola moción da solicitude de dita placa no ano 2023, a intervención musical de  Carolina Barbeito de la Cruz, as palabras de Miguel Freire, voceiro da ARMH e as de Isabel de la Cruz, sobriña de Rafael Pardo; ademais de facer acto de presencia outras autoridades como a Deputada de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo Dª Iria Castro ou representantes da Asociación de Veciños de Laxosa Airamonte.

A lectura poética, creada para a ocasión, correu a cargo da escritora corguesa  Mónica Caldeiro e a música do acto foi interpretada polo grupo A Legua Dereita.

O equipo de investigación  da  ARMH  de Lugo, formado  por Paulo Grandío, Roberto Mouriz e Miguel Freire, despois dun intenso  traballo de anos de investigación sobre desaparecidos logrou identificar  a  39 lucenses  que foron vítimas dos campos nazis, entre eles Rafael Pardo. Toda a información aquí relatada forma parte do traballo da ARMH.

Nunca deberíamos perder a memoria dos nosos seres queridos. Así que como dixo Gunther facendo súa a frase do Talmud, fonte principal da sabedoría do xudaismo:

Un home é esquecido soamente cando o seu nome sexa esquecido”

Dende hoxe a identidade e a memoria de Rafael Pardo Vales non van a desaparecer.

HOMENAXE A RAFAEL PARDO VALES CO GALLO DA COLOCACIÓN DA SÚA STOLPERSTEINE

(29 de xaneiro de 2025)– Poema da escritora Mónica Caldeiro.

“83841

foi o número que levaches no Stalag X-B de Sandbostel

3608

o número que che deron en Mauthausen

13123

o número co que te rexistraron no subcampo de Gusen

Non volveron mudarte o nome por máis números

***

Din os historiadores que para perpetrar un xenocidio é precisa a deshumanización dun grupo humano. O teu veciño deixa de ser o teu veciño. O teu veciño convértese nun obxecto que cómpre exterminar. Un obxecto é unha cousa inanimada e inerte que se pode levar nas mans. Un corpo tamén pode volverse inanimado e inerte. Tamén se pode levar coas mans.

Cando existe a produción repetida dun obxecto dáselle un número de serie. En certos casos, como nos exterminios xenocidas, ao obxecto pódenselle dar até tres números que pertencen a distintas series, todas elas determinadas pola súa produtividade e capacidade de traballo.

Así, até a aparición de enfermidade. Así até que o doente sente o oco da fame facerlle un nobelo de intestinos saturados de vermello debaixo do peito, e entón escribe nun anaquiño de papel co pequeno lapis de carbón dun compañeiro finado un soño que lle evoca a fame:

                                    bacallau con patacas e pemento doce

                                    caldo de gloria e verzas

                                    manxares de Entroido

                                    crema pasteleira case laranxa, de tan puro que lle era o ovo

***

Aquel era un soño de soñar co retorno

mais só volveu un nome gravado en ouro que se pode coller coas mans

unha lastra inanimada e inerte

O nome tivo un día mans tamén

mans para peitear o pelo para arranxar a barba con navalla

para defender a súa obriga para coller coa súa man outra man e aloumiñala

Eiquí fica ese nome gravado en ouro

na súa orixe

trala viaxe de volta”

MÓNICA CALDEIRO. POETA

Lectura poética de Mónica Caldeiro

Ler Máis

Club de Lectura do PALCO.

  • Nova xuntanza no PALCO ( Punto de Atención á Lectura do Corgo) o vernes día 20 de febreiro
  • Horario: ás 20:00 horas.
  • Autor/a convidado: IRENE REGA.
  • Presentación da obra TECENDO REDES premio Novela Vilar Ponte 2022.

Ler Máis

Xornada de porta abertas no CEIP do Corgo.

  • DATA: VENRES, 20 de Febreiro de 16:00 a 17:00 horas.
  • CEIP PLURILINGÜE O CORGO.
    • – Educación infantil.
    • – Educación primaria.
    • – Madrugadores.
    • – Cociña propia.
    • – Auxiliar de conversa.
    • – Transporte.
    • – Actividades extraescolares.
    • -Plurilingüismo.
    • – Plans proxecta.
    • – Biblioteca…
  • Mais información no 982829515 ou ceip. corgoedu.xunta.gal.

Ler Máis

Reunión informativa AFIL ( Asociacion Forestal do Interior de Lugo)

Charla informativa e busca de socios da Asociación AFIL no Concello do Corgo.

  • Data: Venres, 14 de Febreiro ás 19:00 horas.
  • Local: Centro Sociocultural do Corgo.

Dirxido a propietarios forestais do Corgo.

Reunión aberta, informativa, só para propietarios forestais.

Infórmate sobre o proxecto da asociaicion e únete para a defensa do monte e a propiedade forestal.

Ler Máis

Festa do Entroido 2026.

  • LUNS, dia 16 de febreiro .
  • PAVILLÓN MUNICIPAL DO CORGO.
  • Festa de entroido para tódalas idades.
  • Horario: de 16:30 a 20:00 horas.

XOGOS, COLCHONETAS, MÚSICA E MOITA FESTA!!

DESFILE DE DISFRACES CON TRES VALES DE PREMIOS POR CATEGORÍAS AOS MÁIS ORIXINAIS E CREATIVOS.

INSCRICIONS PARA O DESFILE: A partir das 16:30 horas no Pavillón.

18:00 h. DESFILE POR CATEGORÍAS.

Os disfraces poderán ser individuais ou en grupo. As idades sinaladas son para a inscrición por categorias dos premios, pero o desfile está aberto a calquera idade.

CATEGORÍAS:

  • DE 3 A 6 ANOS.
  • DE 7 A 10 ANOS.
  • DE 11 A 14 ANOS.
  • PREMIO COMPARSA. ( Máis de cinco participantes).

HABERÁ LAMBETADAS, CHOCOLATE E CHURROS PARA OS DISFRAZADOS.

VEN A DIVERTIRTE!!

Ler Máis

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Lugar de celebración: Punto de Atención á lectura (palco) detras oficina de correos O Corgo- Lugo
Data: 26 de Febreiro do 2026
Horario: de 16.00 a 20.00 h.

Obxectivos:
-Adquirir coñecementos sobre alimentación que se poidan implementar na vida diaria.
– Coñecer os beneficios dunha boa alimentación.
Programa:
– Tipos de alimentos ( pirámide alimentaria)
– Papel dos hábitos alimentarios no crecemento e desenvolvemento; na saúde e na prevención da enfermidade.
– Merendas saudables.
– Recomendacións para unha alimentación saudable. Proporción segundo o método do prato.
– A alimentación e a diabetes
– Aprendendo a ler as etiquetas de nutrición
INSCRIPCIÓN: ATA o día 26/02/2026 no Concello de O Corgo . (Sonia – Traballadora Social).

Profesorado: Fernando Casal Couto- Nutricionista.
Dirixido a: Cidadanía en xeral
Programadora: Begoña García Cepeda

Nota: Esta actividade non se considera formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde.

Ler Máis