Categoría: Xeral

VIII Carreira Popular Arumes do Corgo: Memorial Quique Casanova

As condicións da carreira son moi semellantes ás dos anos pasados.

Os/as atletas teñen que inscribirse “on-line” enchendo o formulario que se atopa na páxina web da Federación Galega de Atletismo:
http://www.carreirasgalegas.com/carreira/viii-carreira-popular-arumes-do-corgo-memorial-quique-casanova/a796c36e-e56a-298e-753a-39da49cbdbb3

Máis información na web da Asociación Cultural Arumes do Corgo: www.arumescorgo.blogspot.com

Ler Máis

Henrique Casanova, fillo adoptivo do Corgo.

Na mañá do sábado, un de outubro, o Concello do Corgo convoca un pleno extraordinario para nomear a Henrique Casanova, a título póstumo, fillo adoptivo do Corgo. A solemnidade e respeto con que foi acollido o acto por un pleno populoso  reforza e enfatiza o orgullo que se sente  en momentos coma este.

Quique non era nado no Corgo, pero dende que afincou no Val de Gomeán soupo achegarse á xente e ser coñecido e recoñecido ben pola súa labor profesional, política ou social. Mostra diso foi a acollida que tivo tanto a sesión plenaria na Casa do Concello coma no acto homenaxe que se lle rendiu na parroquia de Manán San Cosme.  Alí amigos, familiares, compañeiros, veciños  e camaradas lembraron   a través de mensaxes, cartas, poemas e imaxes a este axente forestal que soubo calar entre os do seu redor.  Verbas coma honesto, comprometido, traballador, xeneroso, humillde..salpicaban os discursos que na súa memoria lle adicaron na xa bautizada  Praza de  X. Henrique Casanova.

Ao igual que as letras talladas na praca de cerámica que o nomea, nun cachiño do Corgo, nun fermoso entorno de Manán, as pegadas deste político e axente forestal, do loitador sindical , do home comprometido coa vida social  e cultural do municipio, permanecerán gravadas no acordo dos que alí xe xuntaron..

Ler Máis

Selección dun técnico en Orientación laboral.

Finaliza o proceso de preselección dun técnico en Orientación Laboral,  unha vez obtida a baremación definitiva do Servizo de Orientación Laboral da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

Resultado do proceso de selección dun técnico en orientación laboral.

Ler Máis

Corrección de erros no baremo de puntuación para a preselección dun técnico en orientación laboral

Faise pública a seguinte  correción :

Detectado un erro no baremo de puntuación para a preselección dun técnico en Orientación Laboral, corríxese do seguinte xeito:
Onde di: “Os candidatos que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e a compatibilidade entre a discapacidade e o desenvolvemento das tarefas e funcións do posto mediante o correspondente certificado do órgano competente, obterán unha puntuación adicional de 5 puntos.”
Debe dicir: “Os candidatos que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e a compatibilidade entre a discapacidade e o desenvolvemento das tarefas e funcións do posto mediante o correspondente certificado do órgano competente, obterán unha puntuación adicional de 0,5 puntos.”
Tal e como se establecía no anuncio da convocatoria, o baremo de puntuación é o establecido no Artigo 10.2 da Orde do 29 de decembro de 2015, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no exercicio 2016, e no citado baremo establécese esta puntuación adicional (0,5 puntos) para as persoas que realicen tal acreditación.

Corrección de erros no baremo de puntuación dun técnico en Orientación Laboral

Ler Máis

Inscrición Liga de fútbol-sala do Corgo.

– Aberto o prazo de inscrición para participar na liga de fútbol-sala do Corgo.
– Inscrición: 50 euros/ equipo. (Os equipos que teñan depósito da liga anterior non terán que aportalo). Podéndose inscribir: no Centro sociocultural do Corgo, a través do Pavillón municipal, no    982302377 ou 620731543. Ata o 30 de setembro.
 -Partidos: Xogaranse ás 9.30 e 10.30 da noite , os días concretaranse en función ao número de equipos.
– Arbitraxe: 24 euros (12/ equipo ou costexar a totalidade o equipo que figure como “local” esa xornada)
– Premios en metálico.
– Inicio da liga : outubro do 2016

Ler Máis

Preselección dun técnico en Orientación laboral.

O Concello do Corgo preselecciona un TÉCNICO DE ORIENTACIÓN LABORAL. Os candidatos deberán contar cos requisitos de titulación establecidos na Orde do 29 de decembro do 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no exercicio 2016, é dicir:

      Título de licenciada/o universitaria/o, arquitecta/o, enxeñeira/o ou grao ou

      Título universitario de enxeñeira/o técnico, diplomado/a universitario, arquitecta/o técnico ou grao.

Ademáis establécese un baremo de puntuación, que é o establecido no Artigo 10.2 da citada Orde, e que se facilitará nestas oficinas municipais, xunto coa forma de acreditar os méritos, ou a través da páxina web www.concellodocorgo.com.

As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes de participación nesta preselección no Rexistro do Concello do Corgo durante o prazo de 8 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste anuncio no Diario El Progreso, achegando xunto coa mesma un currículum vitae acreditando da maneira establecida os méritos que se alegan.

Finalmente, unha vez preseleccionado/a o candidato/a, será o Servizo de Orientación Laboral da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral quen realice a baremación final do técnico/a preseleccionado.

INSTANCIA PARA A PRESELECCIÓN DUN TÉCNICO EN ORIENTACIÓN LABORAL.

BAREMO DE PUNTUACIÓN PARA A PRESELECCIÓN DUN TÉCNICO EN ORIENTACIÓN LABORAL

 

 

 

Ler Máis

Festa do avó. 08/09/2016

Festa do avó do Corgo. 

COMIDA DE CONFRATERNIDADE.

– Día: 06 de setembro do 2016. Martes.

-Lugar: Polideportivo do Colexio do Corgo.

– Prezo:

  • 5€ persoas empadroadas maiores de 60 anos.
  • 10 € persoas non empadroadas  maiores de 60 ano

– Horario:

  • 13:30 h. Eucaristía.
  • 14:30 h. Xantar.

Outras actividades:

  • Actuacións dun dúo musical, baile,…
  • Sorteo de agasallos, etc..

NOTA: As tarxetas retiraránse no Concello ata o día 2 de setembro (venres), en horario de 10:00 a 12:00 h.É imprescindible presentar as invitacións para acudir á comida.

Ler Máis

Axudas a mulleres desempregadas en búsqueda de emprego e mulleres emprendedoras.

Dende a Asociación de mulleres Empresarias da provincia de Lugo, ( AELU) e a Asociación E-deid@des para a integración laboral e social da muller, estase levando a cabo un proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia para as mulleres da provincia de Lugo baixo dúas liñas de acción:

– Mulleres desempregadas en búsqueda de emprego 3.0

– Mulleres emprendedoras que queiran emprender.

Estas asociacións loitan pola inclusión da muller  no mundo laboral dende un emprendemento responsable, potenciando o autoemprego, polo que este proxecto ofrece entre outros puntos, orientación, información, motivación, adquisición de habilidades socio-laborais para poder competir no mundo laboral, …

De xuntarse dez mulleres interesadas, poderíase levar a cabo  esta proposta no propio concello, sen necesidade de desprazarse a Lugo, que  é a outra alternativa.

Para máis información, podeis poñervos en contacto  con AEULU, ( Avd. da Coruña, 500,1ª planta Edif. CEI-NODUS)  nos teléfonos 982226991-655947735-982200455 ou en www.empresariaslugo.org

 

 

Ler Máis

Romaria folk no río Chamoso

Celebración da XIII edición da festa na praia fluvial do río Chamoso. Congregación de música folk e baile tradicional galego, artesanía, a malla do Corgo, e exposición de maquinaria agrícola clasica. Actividades para os nenos, batuxada no Chamoso e acampada libre. Peche cunha queimada.

Ler Máis