admin 1 de Febreiro de 2017 0

Club Deportivo Lugo – Concello do Corgo: A nosa Terra, os nosos Nenos.

A iniciativa ” A Nosa Terra, os nosos Nenos”, na que colaboran o Clube Deportivo Lugo e os concellos da provincia, pretende facilitar a asistencia de público xoven e adultos aos encontros que o conxunto lugúes desputa no Anxo Carro. Por outra banda, esta iniciativa incllúe visitas de xogadores e outros membros da directiva e equipo técnico aos colexios que participan nesta iniciativa.

O concello  do Corgo está a participar nesta interesante proposta que ofrece o C. D. Lugo, e o martes, día 31 de xaneiro, un xogador do equipo e outros membros da  directiva visitarán o CEIP do Corgo co fin de conversar cos alumnos e facerlles chegar a ilusión e o sentimento das cores albivermellas.

Nesta visita convidarán a tódolos nenos e nenas e acompañantes que desexen ao próximo partido que o CD Lugo desputa no seu estadio, fronte ao Córdoba, o vindeiro 4 de febreiro, sábado, ás 18:00 horas. As entradas serán gratuitas tanto para nenos como para adultos.

O Concello do Corgo poñerá a disposición dos interesados autobuses para o traslado ao estadio Anxo Carro. A saída terá lugar as 16:30 horas do sábado diante do CEIP do Corgo. Ademáis, ao  coincidir o partido coa hora da merenda, o concello agasallará a cada neno que acoda oa encontro cun bocadillo e unha bebida para que animen ao equipo con máis forza.

Para acudir ao encontro é preciso entregar cuberta e asinada a autorización no CEIP do Corgo ata  o xoves, día 2, onde se especifican os datos do alumno e acompañantes, e se viaxan en bus ou en coche particular.  As entradas entregaranse no autobús ou diante do estadio para os que non empreguen o transporte público. Para aqueles menores que non dispoñan dun adulto que os  acompañe, persoal municpal viaxará con eles  encargándose do seu coidado.

Contamos con vós para animar ao Clube Deportivo Lugo. Para calquera dúbida pódeis chamar ao 982302100