admin 13 de Novembro de 2017 0

O Corgo en negro.

Campaña de sensibilización e visualización coa problemática da discriminación e violencia sexista. O Concello do Corgo este ano adheriuse a esta campaña, que trata de “tinguir” de cor negra Galicia. Solicítase a colaboración dos veciños e axentes sociais, para expallar esta proposta de denunica e solidarización con estas inxustizas. Se queres colaborar  ponte en contacto co Concello. 

O 25 de Novembro é o día internadional contra a violencia machista, a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres. Un tipo de violencia que sofren as mulleres polo simple feito de o seren, unha desigualdade silenciada, agochada e en moitos casos normalizada.