Categoría: Actividades Culturais

VIAXE ÁS PRAIAS 2024

O Concello do Corgo lévate de viaxe ás praias propostas os xoves . Nas semanas que o xoves é festivo trasládase aos mércores.

As viaxes terán un custo de 8 euros para os empadronados no concello do Corgo e 12 para os non empadornados, con saída ás 9 da mañá da antiga cámara agraria.

As viaxes á provincia de Pontevedra ( Praia das Américas e Samil) terán un custo engadido de dous euros en cada aportación, ( 10 euros os veciños do Corgo e 14 os non empadronados neste concello) e a saída será as 8 da mañá da antiga cámara agraria.

Para inscribirse haberá que chamar ao teléfono 622500462, de luns a mércores , en horario de 10:00 a 13:00 horas. Respetarase a orde de inscrición.

  • Traer a CANTIDADE XUSTA DE PAGO da viaxe.
  • O destino da praia pode ser variado segundo o TEMPO ATMOSFÉRICO. A hora de regreso pode ser modificada en función do tempo meterolóxico.
  • Se vostede se inscribe e por calquera circunstancia non pode ir a viaxe, por favor, AVÍSENOS CON      ANTELACIÓN.
DATAS DESTINO.
  27 DE XUÑO.PRAIA DAS AMÉRICAS. (SAÍDA ÁS 8:00)
10 €OS EMPADRONADOS DO CORGO
14 € NON EMPADRONADOS NO CORGO.
  4 DE XULLO.SAMIL (SAÍDA ÀS 8:00H)
10 € OS EMPADRONADOS DO CORGO
14 € NON EMPADRONADOS NO CORGO.
11 DE XULLOSAN CIPRIAN.
18 DE XULLOFOZ
24 DE XULLO (MÉRCORES)ARES (FERROL)
1 DE AGOSTORINLO.
8 DE AGOSTO.TAPIA DE CASARIEGO.
14 DE AGOSTO.  (MÉRCORES)COVAS (VIVEIRO)
22 DE AGOSTO.VALDOVIÑO
29 DE AGOSTO.A CORUÑA (RIAZOR)

Ler Máis

CURSO: A comunicación con persoas con deterioro cognitivo.

Día: xoves 9 de maio de 16:00 horas a 20: 00 horas.

Local: Centro Sociocultural do Corgo.

Diploma da Escola Galega de Saúde.

Formación gratuita. Inscricións no Centro Sociocultural do Corgo 982302377 ou no correo afalu@afalu.org e no 607843384

Temas:

  • Alteracións da persoa con demencia na comunicación.
  • Técnicas de comunicación efectiva verbal e non verbal
  • Exercicios de estimulación da comunicación nas diferentes fases da enfermidade

Ler Máis

VII xornada viaxeira . Descubrindo a comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guia.

SABADO, 6 de abril: Xornada viaxeira (paseo guiado, degustación de produtos locais, e música tradicional) no Corgo, proxecto “Descubrindo a comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía”.

Hora de inicio: 11h00.

Lugar de inicio: Castrillón.

Inscricións (gratuítas) en info@comarcadelugo.gal e/ou 982238000.

Organiza xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa. Colabora Concello do Corgo.

Ler Máis

CABALGATA DE REIS DO CORGO- 5 DE XANEIRO 2024

CABALGATA DE REIS DO CONCELLO DO CORGO 2024. VENRES 5 DE XANEIRO

AS SÚAS MAXESTADES DE ORIENTE SAIRÁN DENDE O CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO A PARTIR DAS CATRO DA TARDE, TRALA VISITA AOS USUARIOS/AS DO  CENTRO DE DIA MUNICIPAL.

VIRÁN A CABALO ATA O COLEXIO PLURILINGÜE DO CORGO ONDE OS ESPERARÁ A ASOCIACIÓN CULTURAL LEGUA DEREITA E TÓDOLOS NENOS, NENAS E MAIORES QUE QUEIRADES ACHEGARVOS.

OS/AS  NENOS/AS INSCRITOS NO CENTRO SOCIOCULTURAL ANTES DO DIA 5  ( 982302377 OU 620731543) RECIBIRÁN   AGASALLOS  .

REPARTO DE CARAMELOS, CHOCOLATE E ROSCÓN DE REIS PARA TODOS OS ASISTENTES.

AGARDÁMOSVOS.!!!

ORGANIZA CONCELLO DO CORGO.

COLABORA: ASOCIACION CULTURAL LEGUA DEREITA, NAIS DO COMEDOR ESCOLAR.

Ler Máis

HOMENAXE A JESÚS ABUÍN ARIAS NO PALCO

O vindeiro sábado 23 de Decembro, a partir das 17:00h, terá lugar no Punto de Atención á Lectura do Corgo un acto público de homenaxe á figura de D. Jesús Abuín Arias, fillo predilecto e cronista oficial do Concello do Corgo. A loanza do homenaxeado correrá a cargo do coñecido escritor corgués Mario Outeiro.

Posteriormente, será presentado o Inventario de Fondos Bibliográficos do PALCO, un exhaustivo traballo que recolle os 4.466 rexistros correspondentes aos 5.473 volumes da biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo. Este inventario foi elaborado con carácter voluntario e altruísta por Natalia Silva, a quen tamén se lle renderá un merecido tributo en sinal de agradecemento.

Ler Máis

PROGRAMACIÓN DE NADAL 2023.

1.- CAMPAMENTO DE NADAL. PROGRAMA DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL NO PERIODO NON LECTIVO DE NADAL.

– INSCRICIÓNS ATA O DÍA 22 DE DECEMBRO. INSCRICIÓN E MÁIS INFORMACIÓN NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO. TLF. 982302377.

-NÚMERO DE PRAZAS: MÁXIMO 20 NEN@S.

-DESTINATARIOS: NEN@S DE 3 A 12 ANOS.

-DATAS E HORARIO: DENDE O MARTES  DÍA 26  DE DECEMBRO ATA  O DÍA 5 DE XANEIRO. DE 9:00 H. A 15:00 HORAS, NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO.

-ACTIVIDADE GRATUITA.

2.- SESIÓN DE TEATRO COA OBRA: “ PALABRAS”,POLA COMPAÑÍA BAOBAB TEATRO.  O MÉRCORES DÍA 27 DE DECEMBRO ÁS 13:00 HORAS NO CENTRO SOCIOCULTURAL.

ACTIVIDADE GRATUITA DIRIXIDA AO PÚBLICO INFANTIL.

NADAL EN REDE. SECRETARÍA DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA.

3. XORNADA  EN XUVENLUGO.- COMO NAS ANTERIORES EDICIÓNS O CONCELLO DO CORGO  ORGANIZA UNHA XORNADA NO PAZO DE FEIRAS DE LUGO O  MÉRCORES DÍA 3 DE XANEIRO DE 16:30 HORAS A 20:30 HORAS.

-INSCRICIÓNS E MÁIS INFORMACIÓN NO 982302377 OU 620731543.

– OS NEN@S DEBERÁN DE IR ACOMPAÑADOS DUN RESPONSABLE.

-PREZO: 2,5 €.

4.-SESIÓN DE MAXIA POLO MAGO PACO.  XOVES DÍA 4 DE XANEIRO ÁS 12:30 HORAS NO CENTRO SOCIOCULTURAL.

ACTIVIDADE GRATUITA DIRIXIDA A PÚBLICO INFANTIL.

5.CABALGATA DE REIS.  VENRES DÍA 5 DE XANEIRO. A PARTIR DAS 16:00 DA TARDE NO  COLEXIO PÚBLICO DO CORGO.

REPARTO DE AGASALLOS, CHOCOLATE E ROSCÓN DE REIS.

 INSCRICIONS E MÁIS INFORMACIÓN NO 982302377 OU 620731543.

Ler Máis

O PALCO ACOLLEU OS PREMIOS LITERARIOS DA A. C. ARUMES

O Punto de Atención á Lectura do Corgo acolleu o pasado sábado 16 a cerimonia de
entrega dos premios correspondentes ao certame literario Terras de Chamoso, que vén sendo
convocado todos os anos pola Asociación Cultural Arumes. O acto foi conducido por Mario
Outeiro e a entrega de galardóns contou coa presenza dos membros do xurado e de varios
personaxes destacados, como a actriz corguesa Benedicta Sánchez ou o escritor Manuel
Vázquez. O público asistente foi agasallado con tres pezas da Legua Dereita e coa actuación
musical dos Zanfoneiros da Tradescola lucense.

Ler Máis

CLUB DE LECTURA DO PALCO

O Punto de Atención á Lectura do Corgo acolle este xoves 14 de Decembro a reunión menual do Club de Lectura do PALCO. Trátase do terceiro encontro literario entre un escritor e os seus lectores, e esta organizado no marco do Proxecto CORGORAL, co propósito de fomentar a convivencia cultural entre a veciñanza das Terras de Chamoso.

A obra seleccionada nesta ocasión é a biografía do debuxante e ilustrador Hugo Pratt, creador do lendario personaxe do Corto Maltés. Baixo o subtítulo O desexo de ser inútil: lembranzas e reflexions, o entrevistador Dominique Petifaux conseguiu elaborar un completísimo retrato dun dos maiores creadores de banda deseñada de tódolos tempos. Profusamente ilustrada con numerososo debuxos e fotografías persoais, esta obra contará, entre outros, cos comentarios críticos e as análises da filóloga Ánxela Gracián e do profesor Xosé Manuel Castro Castedo, ambos con fondas raíces na freguesía corguesa de Queizán.

Agardamos por vós a partir das 19 h no PALCO.

Ler Máis

Teatro en Cela: “As mentiras teñen os pes pequenos”

Sábado, día 18 de NOVEMBRO, ás 21.00 horas.

Representación da obra AS MENTIRAS TEÑEN OS PÉS PEQUENOS, no local social de CELA-PONTE DE NEIRA.

Grupo de teatro: PICO DO CASTRO DE FOZ.

Entrada de balde.

Circuito de Teatro Afecionado da Deputación Provincial de Lugo.

Ler Máis