Categoría: Actividades Culturais

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE CONTOS TRADICIONAIS DO CORGO

O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, comprácese en anunciar a presentación oficial do libro de recompilacións titulado Contos tradicionais do Corgo. O acto terá lugar na biblioteca do PALCOPunto de Atención á Lectura do Corgo este xoves 27 de Xullo, a partir das 20:00h. Trátase dunha actividade aberta a todos os públicos e moi especialmente orientada á veciñanza corguesa e ás persoas interesadas na literatura popular de transmisión oral. Todas as persoas que asistan ao lanzamento desta obra recibirán un exemplar de balde.

Ler Máis

Cine de verán no campo da feira de Adai.

O Campo da Feira de Adai acolle este domingo 23 de Xullo, a partir das 23:00h unha
nova edición da programación estival de Cine na Rúa, coa proxección da película Crebinsky,
protagonizada, entre outros, polos coñecidos actores Miguel de Lira e Luís Tosar. Trátase
dunha comedia apta para todos os públicos, que poderá verse neste marco incomparable, ao
aire libre e de xeito totalmente gratuíto, grazas ao patrocinio do Excelentísimo Concello do
Corgo. Así que xa sabedes: estades todos convidados!

Ler Máis

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE MANUEL VÁZQUEZ NA BIBLIOTECA DO PALCO

A biblioteca do PALCOPunto de Atención á Lectura do Corgo acolle este venres 14 de Xuño ás 20:00h a presentación do libro de Manuel Vázquez titulado O pracer da chuvia. Esta obra narrativa, que vén de saír do prelo grazas ao labor de Medulia Editorial, está prologada polo escritor e mestre Xesús Trashorras. No acto de lanzamento estarán presentes o autor, que asinará exemplares da súa obra, o prologuista, o responsable do Proxecto CORGORAL e Chelo Vázquez, presidenta do Centro de Estudos do Corgo. A actividade está aberta a todos os públicos e moi especialmente á veciñanza corguesa e ás persoas interesadas na literatura actual.

Ler Máis

MOSTRA FOTOGRÁFICA TEMPORAL NA BIBLIOTECA DO PALCO

O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL e da biblioteca do PALCO –
Punto de Atención á Lectura do Corgo organiza para este terceiro trimestre a mostra
fotográfica temporal titulada Hai Presente. Trátase dunha serie de quince paneis con imaxes
realizadas por Esther López, na que se recolle unha escolma de artistas que desde o rural
espallan a súa creatividade de xeitos e maneiras moi diversos. O vindeiro venres 14 de Xuño,
ás 19 horas terá lugar na biblioteca do PALCO a inauguración oficial.

Ler Máis

Club de lectura estival na Biblioteca do Palco.

O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL e da biblioteca do PALCO –
Punto de Atención á Lectura do Corgo organiza o seu primeiro Club de Lectura Estival para
este ano 2023. A iniciativa, aberta á libre participación da veciñanza e totalmente gratuíta, está
dirixida ás persoas amantes dos libros, da lectura e da palabra, tanto oral como escrita. O
vindeiro mércores 28 de Xuño, ás 20 horas terá lugar na biblioteca do PALCO unha primeira
reunión, na que se expoñerán as diversas propostas de lectura que foron achegadas ata o
momento. Estades todos convidados!

Ler Máis

Viaxes ás praias. Verán 2023.

No seguinte enlace amósase o listado de viaxes ás praias para os xoves dende o 29 de xuño ao 31 de agosto.

Para inscribirse chamar ao número 618723269

A saída será sempre dende a explanada da Antiga Cámara agraria do Corgo.

Ler Máis

Correndo pola VIA KÜNIG -II Edición.

Sábado día 9 de Xullo. Saída ás 10.30 da Praza do concello de Baralla.

Inscricións en http://www.ccnorte.com

Custo: 5 euros.

Data límite de inscrición o 4 de xullo.

Ler Máis

Mario Outeiro presenta o seu libro na Bibloteca do PALCO.

A Asociación Cultural ARUMES vén de editar o libro Da tribuna ao outeiro. 500 artigos de opinión no xornal El Progreso, do coñecido profesor corgués Mario Outeiro. A presentación oficial do mesmo terá lugar este sábado 10 de xuño ás 20h nas instalacións da biblioteca do PALCOPunto de Atención á Lectura do Corgo. O acto será de carácter público, aberto e de balde, con acceso libre ata completar o aforo. Asemade, o evento contará coa presenza do autor, da presidenta da referida asociación, Josefa González, e do responsable do Proxecto CORGORAL, Lois Ladra. Todos as persoas que asistan recibirán un exemplar de agasallo.

Ler Máis

Semana da cultura e das LETRAS GALEGAS.

O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL e do Punto de Atención á Lectura – PALCO, conmemora a Semana das Letras Galegas con numerosas actividades:

O martes 16, ás 17:00h, terá lugar a presentación pública na biblioteca do PALCO da Antoloxía poética ÉPICO no PALCO 2023, que reúne medio cento de composicións dos recoñecidos autores Alberte Momán, Albino Matos, Ánxela Gracián, Carlos d’Abreu, Eugenia Sanmartín, Helena Almeida, Inocencia Montes, J. C. Valle “Karlotti”, Manuela Vidal, Montse Villar e Xerardo Quintiá.

O mércores 17, o Proxecto CORGORAL traspasará os lindes municipais para divulgar no veciño concello de Láncara os obxectivos, os métodos e os resultados preliminares desta ambiciosa recolla da Literatura Popular de Tradición Oral e do Patrimonio Cultural Inmaterial corgués.

O xoves 18, a partir das 17:00, celebrarase na biblioteca do PALCO a Festa do Libro e da Literatura, aberta a todos os públicos e moi especialmente á comunidade escolar (PAI-CEIP-CPI). Todas as persoas presentes poderán levar de agasallo dous exemplares dos que escollan entre os varios centos que estarán á libre disposición dos visitantes.

Ler Máis

Excursión a Lourdes- Asociación Andarela do Corgo.

A asociación Andarela do Corgo organiza unha excursión a Lourdes para os días 15, 16, 17 e 18 de Xuño do 2023.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS NO TELÉFONO : 638055430

Rutas:

1.- O Corgo- Zaragoza. ( Visita ao teatro romano, palacio da Aljafería, Basílica do Pilar, Ponte de pedra, igrexas de estilo Mozárabe…)

2.-Zaragoza- Canfranc- Lourdes. ( Visita á antiga estación de tren de Cancfranc, as Covas de Bétharram..)

3.- Lourdes ( Gruta das revelacións, Basílica da Inmaculada Concepción, Santuario da Nosa Señora de Lourdes, Casa de Bernadette, Castillo de Lourdes, Procesión nocturna das antorchas…)

4.-Lourdes- Vitoria- O Corgo. ( Casco histórico de Vitoria, Parque da Florida..)

Ler Máis