ANUNCIO: PROCEDEMENTO SELECTIVO PARA CUBRIR, MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN, UNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO, POSTO BASE, ENCARGADO/A DO XULGADO DE PAZ.

O Tribunal cualificador do procedemento, nomeado por Resolución da Alcaldía do día 22 de setembro de 2026, constituido o día 13 de novembro de 2026, adoptou os seguintes acordos:

  • 1º EXERCICIO: Consistirá en responder por escrito, nun período máximo de cento vinte (120) minutos, tres temas, un de cada parte do programa, sacados ao chou do temario incluído no programa do Anexo I. Os temas sortearanse inmediatamente antes da celebración do exercicio en acto público en presenza dos candidatos.
    O Tribunal acorda que este exercicio se realice no Centro Sociocultural do Corgo o día 18 de decembro de 2026 ás 09:00 horas e que, de seguido, tralo remate da proba escrita, e no mesmo lugar, de conformidade co previsto na base oitava da convocatoria, teña lugar a lectura da proba escrita por parte dos aspirantes, comezando o chamamento polos/as candidatos/as cuia primeira letra do seu primeiro apelido empece pola letra F.

Ler Máis

TEATRO NO CORGO: LÎLA TEATRO PRESENTA “ESTREMONÍAS DA SILVA”

  • Sábado día 21 de novembro.
  • Ás 19:00 horas no Centro Sociocultural do Corgo.
  • Entrada de balde para todos os públicos.

Dentro do Programa de circuitos de Teatro Profesional da área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, represéntase no Concello do Corgo a obra “Estremonías da Silva” da compañía Lîla Teatro.

A Silva é un arbusto espiñento e gabeador que ocupa terreos abandonados e forma valados que coidan con fervor as heredades.Lines de Silva non é portuguesa nin do Brasil. É de unha aldea que se chama Sobrado. Disque non se da ninguna importancia por iso. Tal é a súa dote para inventar historias que se gañou o alcume de ¿Curuxa dos Inxenios? en honor a Lope de Vega, creador de Silvas.En Sobrado aconteceron sucesos estrafalarios. Moitos deles quedaron prendidos na raizame das silveiras agardando o momento de seren rescatados.. ..As amoras están cheas de tinta..

Ler Máis

Xornada inclusiva de portas abertas CLUB DE BILLAR ADAI

  • DOMINGO DÍA 15 DE NOVEMBRO ÁS 16:30 H.
  • CLUB DE BILLAR DE ADAI.
  • Máis información no teléfono 627070033 (Pablo) ou clubdebillaradai@gmail.com

Unha oportunidade para tomar contacto co deporte do billar, socializar e visibilizar a importancia da inclusión real e da accesibilidade universal nos espacios comunitarios.

Ler Máis

Charla: “TU CASA Y SALUD”

Vitalidad del espacio que habitamos desde la GEOBIOLOGÍA.

-LUGAR: Centro Sociocultural do Corgo.

-FECHA: Viernes, 13 de noviembre de 2026.

-HORA: 19:45h.

-TELÉFONO PARA INSCRIPCIÓN: 695991216

-PONENTE: Javier Goyanes López

Organiza: Asociación de veciños Laxe Blanca ( O Corgo, Santa María de Piñeiro, Quetesende)

Ler Máis

Pista de Padel O Corgo.

A pista de padel do Concello do Corgo está ubicada nas inmediacións do campo de fútbol, a pista multideporte e o polideportivo municipal.

Ata a aprobación da ordenanza que regule o prezo público, a reserva será gratuita para os usuarios.

Ler Máis

XVII CARREIRA POPULAR CONCELLO DO CORGO- MEMORIAL QUIQUE CASANOVA.

O Concello do Corgo organiza a XVII Carreira Popular e Andaina Concello do Corgo- Memorial Quique Casanova, patrocinada por Limpergal. A proba organizarase o vindeiro Sábado 24 de Outubro, con saída e meta nas instalacións da Praia fluvial do Río Chamoso do Concello do Corgo.

A proba estará aberta a tódolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a proba.

INSCRICIÓNS: https://ccnorte.com/evento/inscribirme/id/3384/xvii-carreira-popular-concello-do-corgo–memorial-quique-casanova

Ler Máis