Categoría: Xeral

EQUIPO DE INCLUSIÓN SOCIOLABORAL DO CORGO.

Dende o día 1 de agosto de 2018 o Equipo de Inclusión Sociolaboral de Baralla cambia a súa sede do Concello de Baralla para  a CASA  DAS ASOCIACIÓNS do Corgo, pasándose a chamar EQUIPO DE INCLUSIÓN SOCIOLABORAL DO CORGO, manterá o número de teléfono e mail de contacto que viñan empregando:

982363719 / 608500379 

baralla.inclusion@igualdadebenestar.org

A atención seguirá mantendo as súas principais liñas de actuación como servizo de  de proximidade á cidadaníe en cada un dos dezaoito concellos de referencia na demarcación xeográfica da Fonsagrada, os Ancares e Lugo,  coa colaboración dos servizos sociais e de emprego municpais, aproveitnado ao máximo as sinerxias que xurden no traballo en rede.

 

 

Ler Máis

ROMARIA FOLK NO RIO CHAMOSO 2018

Os días 28 e 29 de xullo terá lugar na praia fluvial Río Chamoso a  XV romaria folk.

O sábado a partir das 18:00 h:

-BATUXADA NO CHAMOSO. Proba de velocidade de embarcacións feitas con material de regugallo no Rio Chamoso

-SESIÓN DE XOGOS  E ANIMACIÓN INFANTIL

Á noite feste e verbena coa orquesta

 

GRAN PARADA.

 

O domingo, dende as 12:00 h.

-FEIRA DE ARTESANÍA E DEMOSTRACIÓN DE OFICIOS TRADICIONAIS.

-EXHIBICIÓN DE TALLA DE MADEIRA CON MOTOSERRAS.

ACTUACIÓNS DE

–  A. C. A LEGUA DEREITA DO CORGO

– OS CARAPAUS.

– PINGARELA (Musiqueando da Deputación Provincial de Lugo)

 

 17.00 h.Festival folclórico:

TROUPELEAR.

AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA XILBARBEIRA  DE BOIRO.

A.C. A LEGUA DEREITA DO CORGO.

Coa colaboración de As Cernellas de  Sta. María de Bóveda.

 

 

 

 

Ler Máis

Horario e realizacion do 1º exercicio xefe de brigada e conductor de motobomba. Campaña incendios 2018

Publicación das listas e horario  para a realización do primeiro exercicio nas categorías de Xefe de Brigada e Conductor de Motobomba.

HORARIO E REALIZACIÓN DO 1º EXERCICIO XEFE DE BRIGADA E CONDUCTOR MOTOBOMBA. XULLO 2018

Ler Máis

Viaxe ás praias. Verán 2018

O Concello do Corgo lévate os XOVES ás seguintes praias.

 DATAS DESTINOS.
Día 5 de xullo  SAN MIGUEL DE REINANTE.
Día 12 de xullo  FOZ 
Día 19 de xullo ARES 
Día 26 de xullo. TAPIA DE CASARIEGO (Asturias)
Día 2 de agosto. BENQUERENCIA
Día 9 de agosto. SAN CIPRIÁN
Día 16 de agosto. COVAS (Viveiro)
Día 23 de agosto  RIAZOR
 Dia 30 de agosto  MIÑO

 

  • HORA DE SAÍDA HABITUAL: ÁS 9:00 H DA MAÑÁ.
  • LUGAR DE SAÍDA: EDIFICIO DA ANTIGA CÁMARA AGRARIA.
  • PREZO: 6,00 € OS EMPADROADOS, E 10,00 € OS NON EMPADROADOS NO CONCELLO.
  • INSCRICIÓNS: OS LUNS SEGUINTES Á VIAXE ATA O DÍA ANTERIOR, A PARTIRES DAS 10:00 H. DA MAÑÁ E ATA AS 13:00 H. CHAMANDO UNICAMENTE AO TELÉFONO 618723269
  • PODERÁN INSCRIBIRSE DE LUNS A MÉRCORES.

NOTAS IMPORTANTES:

– DIÑEIRO DE PAGO DA VIAXE: CANTIDADE XUSTA.

– O DESTINO DA PRAIA PODE SER VARIADO SEGUNDO O TEMPO ATMOSFÉRICO.

– OS ASENTOS ASIGNARANSE SEGUNDO A ORDE DE INSCRICIÓN.

– SE VOSTEDE SE INSCRIBE E POR CALQUERA CIRCUNSTANCIA NON PODE IR A VIAXE, POR FAVOR, AVÍSENOS CON ANTELACIÓN PARA PODER DISPOÑER DA PRAZA.

– NON SE POÑERÁ UN SEGUNDO AUTOBÚS OU TERCEIRO SE NON HOUBERA UN MÍNIMO DE 20 PERSOAS INSCRITAS.

 

Ler Máis

Apertura da piscina municipal do Corgo.

Apertura de instalacións na Praia Fluvial Río Chamoso ( O Corgo)

Tempada 2018

DATAS  15 DE XUÑO A 15 DE SETEMBRO
 HORARIO   DE 12:00 A 20:00 H.
 PREZO

2 € DIARIO.

OS MENORES DE 5 ANOS TERÁN ENTRADA GRATUITA , SEMPRE QUE VAIAN ACOMPAÑADOS DUN ADULTO, ATA UN MÁXIMO DE TRES NENOS/AS POR ACOMPAÑANTE.

 BONOS

 -15 DIAS  : 7 €

 -30 DÍAS : 12€

OS BONOS PODERÁN ADQUIRIRSE NAS OFICINAS MUNICIPAIS OU NO CENTRO SOCIOCULTURAL (OMIX)

Ler Máis