Categoría: Xeral
PROGRAMACIÓN DE NADAL .
1.- CAMPAMENTO DE NADAL. PROGRAMA DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL NO PERIODO NON LECTIVO DE NADAL.
– INSCRICIÓN ATA O DÍA 22 DE DECEMBRO. INSCRICIÓN E MÁIS INFORMACIÓN NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO. TLF. 982302377.
-NÚMERO DE PRAZAS: MÁXIMO 20 NEN@S.
-DESTINATARIOS: NEN@S DE 3 A 12 ANOS.
-DATAS E HORARIO: DENDE O LUNS DÍA 26 DE DECEMBRO ATA O DÍA 5 DE XANEIRO. DE 9:00 H. A 15:00 HORAS, NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO.
-ACTIVIDADE GRATUITA.
2.- CONCERTO DE PANXOLIÑAS. XOVES DÍA 22 DE DECEMBRO ÁS 17:O0 HORAS NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO. RECITAL DE PANXOLIÑAS . PROGRAMA TRADIGALU DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.
–ORFEÓN XOAN MONTES.
– CORAL POLIFÓNICA DE MEIRA “AIRIÑOS DO MIÑO”.
3.- XORNADA EN XUVENLUGO.- COMO NAS ANTERIORES EDICIÓNS O CONCELLO DO CORGO ORGANIZA UNHA XORNADA NO PAZO DE FEIRAS DE LUGO O MÉRCORES DÍA 4 DE XANEIRO DE 16:30 HORAS A 20:30 HORAS.
-INSCRICIÓNS E MÁIS INFORMACIÓN NO 982302377 OU 620731543.
– OS NEN@S DEBERÁN DE IR ACOMPAÑADOS DUN RESPONSABLE.
–PREZO: 2,5 €.
4.- CABALGATA DE REIS. XOVES DÍA 5 DE XANEIRO. A PARTIR DAS 16:00 DA TARDE NO COLEXIO PÚBLICO DO CORGO. INSCRICIONS E MÁIS INFORMACIÓN NO 982302377 OU 620731543.
Presentación do refraneiro tradicional
O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL e grazas ao traballo participativo desenvolvido en colaboración co alumnado do CEIP Plurilingüe do Corgo e do CPI Ramón Piñeiro, presenta a publicación monográfica que recolle a edición especial do refraneiro tradicional do Corgo.
O acto público e totalmente gratuíto, terá lugar o vindeiro sábado 17, a partir das 18:30 na biblioteca do PALCO (Punto de Atención á Lectura do Corgo). Trátase da primeira recolla sistemática efectuada no concello, contendo máis de catrocentos refráns. Todas as persoas que asistan á presentación levarán de balde cadanseu exemplar.
A xornada completarase con varias actividades mais, no ámbito do programa da XVI edición do Certame Literario Terras de Chamoso: apertura musical a cargo da A. C. A Legua Dereita, entrega de premios, recitado das poesías gañadoras e actuación do cuarteto vocal Son de Corda, seguido polas Cegas de Ouselle.
Vinde a compartir un agradable serán! Contamos coa vosa presenza!
A ADMINISTRACIÓN CERCA DE TÍ.
Dende o Ministerio de Politica Territorial elaborouse o Plan “A administación certa de tí”, para facilitarlles aos veciños/as dos pobos, que poidan realizar os trámites dende o seu concello, sen necesidade de deprazarse.
Esta xornada ten como obxeto infomar aos cidadáns dos trámites e prestacións e axudalos e orientalos para aproveitar do mellor xeito a Administración e combater as brechas dixitais, territoriais e de xénero.
Por todo isto, CONVÓCASE a tódolos/as interesados/as a unha sesión informativa sobre estes servizos, así como o sistema de identificación e sinatura dixital.
Expedirase o certificado dixital así como a clave a aqueles asistentes interesados en obtelas, sin necesidade de acudir a personarse presencialmente a ningunha outra oficina.
LUGAR: CENTRO SOCIOCULTURAL do CORGO.
DATA: LUNS, 12 DE DECEMBRO ÁS 12.45 HORAS.
DURACIÓN: UNHA HORA.
Bases polas que se regulan os procesos libre e excepcionais para consolidación e estabilización do posto de Informador/a xuvenil- Encargado do Telecentro; Encargado de instalacións e edificios municipais; dous postos de oficiais 2ª Tractoristas
Publicación no DOG nº 286 do mércores 23 de novembro de 2022 das bases polas que se regula o proceso libre excepcional para a consolidación e estabilización como persoal laboral fixo dun posto de Informador/a xuvenil- Encargado/a do Telecentro. (epígrafe de servizos de información xuvenil).
No mesmo DOG publícanse as bases do mesmo proceso para o posto de encargado de instalacións e edificios municipais e dous postos de oficial 2ª -Tractoristas para desbroce e tratamentos preventivos.
No BOE do 1 de decembro, número 288, publícase o estracto destas convocatorias, abríndose o prazo de 20 días naturais para participar nestes procesos selectivos.
NOVO PUNTO LIMPO MÓVIL NO CONCELLO DO CORGO PARA FOMENTO DA RECICLAXE CORRECTA DE RESIDUOS E A SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL.
O Concello do Corgo conta cun novo punto limpo móvil para facilitarlle a tódolos veciños e veciñas a reciclaxe de residuos, así como impulsar a sensibilización ambiental.
Este proxecto realízase cunha axuda da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de 70.000€, cofinanciada polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
A través da aquisición do punto limpo móbil preténdese mellorar a ampliación dos servizos prestados pola rede galega de puntos limpos existentes na Comunidade Autónoma, e favorecer a adecuada recollida selectiva de residuos por tódalas parroquias deste concello, fomentando a proximidade das instalacións á cidadanía .
Presentación da nova páxina web do Concello do Corgo
O Concello do Corgo, coa colaboración do Centro Sociocultural e do Proxecto CORGORAL, presenta publicamente o seu novo portal dixital na rede. O acto terá lugar o vindeiro mércores 30 de Novembro a partir das 19:30h na biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo (PALCO), xunto ao Punto de Atención á Infancia (PAI).
Desta volta será o especialista Antonio Giz quen explique detalladamente a todas as persoas interesadas a renovada imaxe do rostro público do concello na rede, así coma o futuro funcionamento básico da mesma, con todos os seus apartados renovados e con novos recursos multimedia.
Desde o Concello do Corgo queremos animar a todos os veciños e veciñas a participar neste evento, contribuíndo coas súas achegas a mellorar o deseño e a accesibilidade telemática á administración municipal. Será presentada unha versión piloto que incluirá novos elementos dixitais, coa idea de poñela a andar definitivamente coa maior brevidade posible.
Bases polas que se regula o proceso libre excepcional para a cosolidación e establización como persoal laboral fixo do posto de axente de emprego, traballador/a social e dous postos de auxiliar de axuda no fogar.
Publicación no Dog do 16 de novembro, número 262 das bases polas que se regula o proceso libre excepcional para a consolidación e estabalización como persoal laboral fixo do posto de axente de emprego (epígrafe de servizos de emprego e desenvolvemento local), así como dos postos nº1 e nº2 de auxiliares de axuda no fogar e de Traballador/ra Social da Relación de Postos de Traballo (epígrafe de Servizos comunitarios Básicos, aprobadas por Resolución da alcaldía do 9 de novembro.
Publicacion no BOE do sábado 26 de novembro, número 284 , do estracto desta convocatoria.





