Categoría: Xeral

A ADMINISTRACIÓN CERCA DE TÍ.

Dende o Ministerio de Politica Territorial elaborouse o Plan “A administación certa de tí”, para facilitarlles aos veciños/as dos pobos, que poidan realizar os trámites dende o seu concello, sen necesidade de deprazarse.

Esta xornada ten como obxeto infomar aos cidadáns dos trámites e prestacións e axudalos e orientalos para aproveitar do mellor xeito a Administración e combater as brechas dixitais, territoriais e de xénero.

Por todo isto, CONVÓCASE a tódolos/as interesados/as a unha sesión informativa sobre estes servizos, así como o sistema de identificación e sinatura dixital.

 Expedirase o certificado dixital así como a clave a aqueles asistentes  interesados en obtelas, sin necesidade de acudir a personarse presencialmente a ningunha outra oficina.

 

LUGAR: CENTRO SOCIOCULTURAL do CORGO.

DATA: LUNS, 12 DE DECEMBRO ÁS 12.45 HORAS.

DURACIÓN: UNHA HORA.

Ler Máis

Bases polas que se regulan os procesos libre e excepcionais para consolidación e estabilización do posto de Informador/a xuvenil- Encargado do Telecentro; Encargado de instalacións e edificios municipais; dous postos de oficiais 2ª Tractoristas

Publicación no DOG nº 286 do mércores 23 de novembro de 2022 das bases polas que se regula o proceso libre excepcional para a consolidación e estabilización como persoal laboral fixo dun posto de Informador/a xuvenil- Encargado/a do Telecentro. (epígrafe de servizos de información xuvenil).

No mesmo DOG publícanse as bases do mesmo proceso para o  posto de encargado de instalacións e edificios municipais e dous postos de oficial 2ª -Tractoristas para desbroce e tratamentos preventivos.

No BOE do 1  de decembro, número 288, publícase o estracto destas convocatorias, abríndose o prazo de 20 días naturais para participar nestes procesos selectivos.

Bases do proceso de estabilización de emprego. Convocatoria de persoal laboral fixo: informador/a xuvenil e encargado/a do telececentro municipal.

Bases do proceso de consolidación como persoal laboral fixo de dous postos de oficial 2ª -tractoristas e un posto de encargado intalacións e edificios municipais.

Publicación no BOE do estracto da convocatoria de provisión de postos. Informador/a xuvenil-Encargado/a do Telecentro, Encargado de instalacións e edificios municipais e dúas plazas de tractoristas para desbroce.

Ler Máis

NOVO PUNTO LIMPO MÓVIL NO CONCELLO DO CORGO PARA FOMENTO DA RECICLAXE CORRECTA DE RESIDUOS E A SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL.

 

 

O Concello do Corgo conta cun novo punto limpo móvil  para facilitarlle a tódolos veciños e veciñas a reciclaxe de residuos, así como impulsar a sensibilización ambiental.

Este proxecto realízase cunha axuda da Consellería de  Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de 70.000€,  cofinanciada polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

A través da aquisición do punto limpo móbil preténdese mellorar a ampliación dos servizos prestados pola rede galega de puntos limpos existentes na Comunidade Autónoma, e favorecer a adecuada recollida selectiva de residuos por tódalas parroquias deste concello, fomentando a proximidade das instalacións á cidadanía .

 

Ler Máis

Presentación da nova páxina web do Concello do Corgo

 

 

O Concello do Corgo, coa colaboración do Centro Sociocultural e do Proxecto CORGORAL, presenta publicamente o seu novo portal dixital na rede. O acto terá lugar o vindeiro mércores 30 de Novembro a partir das 19:30h na biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo (PALCO), xunto ao Punto de Atención á Infancia (PAI).
Desta volta será o especialista Antonio Giz quen explique detalladamente a todas as persoas interesadas a renovada imaxe do rostro público do concello na rede, así coma o futuro funcionamento básico da mesma, con todos os seus apartados renovados e con novos recursos multimedia.
Desde o Concello do Corgo queremos animar a todos os veciños e veciñas a participar neste evento, contribuíndo coas súas achegas a mellorar o deseño e a accesibilidade telemática á administración municipal. Será presentada unha versión piloto que incluirá novos elementos dixitais, coa idea de poñela a andar definitivamente coa maior brevidade posible.

Ler Máis

Bases polas que se regula o proceso libre excepcional para a cosolidación e establización como persoal laboral fixo do posto de axente de emprego, traballador/a social e dous postos de auxiliar de axuda no fogar.

Publicación no Dog do 16 de novembro, número 262 das bases polas que se regula o proceso libre excepcional para a consolidación e estabalización como persoal laboral fixo do posto de axente de emprego (epígrafe de servizos de emprego  e desenvolvemento local), así como dos postos nº1 e nº2 de auxiliares de axuda no fogar e de Traballador/ra Social da Relación de Postos de Traballo (epígrafe de Servizos comunitarios  Básicos, aprobadas por Resolución da alcaldía do 9 de novembro.

Bases da Convocatoria de estabilización de emprego :  AXENTE DE EMPREGO, TRABALLADOR/A SOCIAL e dous AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR.

Publicacion no BOE do sábado 26 de novembro, número 284 , do estracto desta convocatoria.

Publicación no BOE.  

Ler Máis

Bases do proceso de selección de persoal laboral temporal ao abeiro do PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2022. Contratación de 1 AUXILIAR ADMINISTRATIVO, 1 ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA/FORESTAL NIVEL 2 MECES, 2 OFICIAIS DE 1ª E 2 OFICIAIS DE 2ª.

Publicación no BOP Nº  9 do venres 25  de novembro de 2022 das bases que rexerán o proceso de selección de persoal laboral temporal ao abeiro do PROGRAMA DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2022.: FOMENTO DO EMPREGO da Deputación Provincial de Lugo, para a execución de obras, servizos e creación de emprego.

PROCESO DE SELECCIÓN DE:

-UN AUXILIAR ADMINISTRATIVO.

-UN ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA/FORESTAL  NIVEL 2 MECES.

-DOUS OFICIAIS DE PRIMEIRA. (PALISTA E ALBANEL)

-DOUS OFICIAIS DE SEGUNDA. (ALBANEIS)

Bases do proceso selectivo de contratación de persoal laboral temporal: 1 AUXILIAR ADMINISTRATIVO, 1 ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA/FORESTAL NIVEL 2 MECES, 2 OFICIAIS DE 1ª E 2 OFICIAIS DE 2ª. PROGRAMA FOMENTO DE EMPREGO 2022.

Ler Máis

BANDO: DATAS ITV VEHÍCULOS AGRÍCOLAS 2022/23

 

 

RECOÑECEMENTO DE VEHICULOS AGRICOLAS, SUPERVISIÓN E CONTROL S.A. ITV 22/23.

A UNIDADE MÓVIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS  prestará  servizo neste concello  agás causas de forza maior nos días que se relaciónan a continuación:

 PARROQUIA DIA MAÑÁ TARDE
 LAXOSA, CAMPO DA FEIRA 26 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30 H  DE 15:15 A 18:00 H.
   27 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30 H  DE 15.15 A 18:00 H.
       
 ADAI MERCADO 28 DE DECEMBRO  DE 9:00 A 13:30 H   DE 15:15 A 18:00 H.
       
EXPLANADA DO POLÍGONO INDUSTRIAL  29 DE DECEMBRO DE 9:00 a 13:30H  DE 15:15 A 18:00 H
  30 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30 H ———————–
  2 DE XANEIRO DE 9:00 A 13:30 H DE 15:15 A 18:00 H
  3 DE XANEIRO. DE 9:00 A 13:30 H ———————-
       
SABAREI, EXPLANADA PRETO  DA IGREXA 4 DE XANEIRO DE 9:00 A 13:30 H DE 15:15 A 18:00 H
  5 DE XANEIRO DE  9:00 A 13:30H ———————–
  9 DE XANEIRO DE 9:00 A 13:30 H  DE 15:15 A 18:00 H

PARA SOLICITAR CITA PREVIA DEBERÁ CHAMAR AO TELÉFONO  902 30 90 00 OU NA PÁXINA WEB https://www.sycitv.com/es/cita-previa

 

Ler Máis

TEATRO NO CORGO.

 

 

A través dos Circuitos de Teatro afeccionado da Vicepresidencia da  Deputación Provincial de Lugo, no concello do Corgo preséntanse as seguintes actuacións nos meses de novembro e decembro:

-“VIVAN OS NOIVOS (A ADALA) SÁBADO 12 DE NOVEMBRO  ás 20:30 HORAS, no LOCAL SOCIAL DE CELA (organiza a AA.VV. Ponte de Neira).

Sipnose: Olegario e Olvido son un matrimonio que está a facer fronte ao coidado dos seus respectivos maiores, Lisarda e Casimiro. Ambos pasan o día a competir e discutir. Tanto discuten, que os fillos decidne levalos a unha residencia. Unha vez alí, ante a falta de atención dos fillos e a sospeita de que estes só pensan na herdanza, únense, convertíndose en apoio o un do outro. Finalmeante como o roce fai o cariño, decidiron marchar da residencia par agozar xunos dos sues aforros e vivir plenamente o seu amor.

-“A TORTILLA E A PESTE” (NOVA ESCENA). SÁBADO 19 DE NOVEMBRO ÁS 19:00 HORAS , no CENTRO SOCIOCULTUARAL DO CORGO.

Sipnose:  Cinco mulleres contan a súa experiencia durante o periodo do confinamento. A privación do contacto, o illamento e a distancia fan que as cousas cotiás, como facer unha simple tortilla, adquiran unha dimensión diferente, converténdose no “axis mundi” dos pesonaxes ligados á realidade a través do fío da tecnoloxía.

-” A MORTE MORRIDA” (O CENTIÑO). SÁBADO 3 DE DECEMBRO ÁS 20:30 HORAS NO LOCAL SOCIAL DE CELA ( organiza a AA.VV. Ponte de Neira).

Sipnose: Crispin ven de xubilarse no banco. O tempo comeza a facérselle interminable ao non ter nada que facer. Deprímese. A súa muller, Benilde, ten que soportar o seu desánimo. Finalmente Crispín remata convencéndose de que vai morrer. Prepara o seu enterrro con todos os seus detalles. NIn a súa dona, nin Reigosa, o seu amigo, nin o médico, nin o cura, nin a súa amiga Manolita, conseguen convencelo. Crispín quere morrer decentemente, pero de morte morrida.

-“CONTOS (CHINCIRIBOTE). SÁBADO 10 DE DECEMBRO ÁS 20:30 HORAS NA ESCOLA ANTIGA DE ADAI. ( organiza a AA.VV. DE ADAI)

 Sipnose: Unha historia a carón do lume mentres o caldo ferve. Cantas historias non se contarían e contan ao quentiño da cociña. Unha familia estrambótica e realista que na súa vida  cotiá vai atopando situacións extremas que só o lume pode solucionar. A quen no lle fai ben botar un conto??

Ler Máis

ENCONTRO FESTIVO NO PUNTO DE ATENCIÓN Á LECTURA

 

O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, organiza o vindeiro sábado 5 de Novembro unha xornada especial aberta a todos os públicos na biblioteca do Punto de Atención á Lectura, xunto ao Punto de Atención á Infancia.

Ás 17:30 comenzaremos coa inauguración oficial da mostra temporal titulada Alfarería tradicional lucense: os obradoiros de Bonxe e Gundivós, a partir de unha escolma de pezas da colección particular de Manuel Fernández, Lolo da Vila. Permanecerá aberta na biblioteca durante os meses de Novembro e Decembro.

Ás 18:00 h estrearemos o Cinema do PALCO, coa proxección da película El Rey del Río, dirixida por Manuel Gutiérrez Aragón. Entre os seus protagonistas  figuran  actores tan coñecidos como Alfredo Landa, Carmen  Maura e Achero Mañas. A peculiaridade desta logametraxe está no feito de ter sido parcialmente rodada en diversas  localizacións do noso concello, como o Palacio do Xeneral Tella, en Adai, ou o Pazo de PIñeiro, en Folgosa.

Posteriormente, contra as 20:00h a escritora Ánxela Gracián, con orixes familiares na parroquia corguesa de Queizán, presentará o seu libro de poemas Paisaxes de pan. Neste encontro teremos a oportunidade de conversar con ela sobre o seu traballo como autora de numerosas obras de literatura infantil e xuvenil, tradutora e poeta. Todos os nenos e nenas presentes no acto serán agasallados cun libro.

Desde o Concello do Corgo queremos animar a todos os veciños a participar neste evento cultural e moi especialmente aos pais e ás nais dos máis novos, que terán a oportunidade de coñecer de primeira man e de poder conversar coa escritora convidada, Ánxela Gracián.

 

Ler Máis