Categoría: Xeral

25 N. no Ceip do Corgo.

Co gallo da celebración do día da eliminación da violencia física contra a muller, o Concello do Corgo propón unha serie de talleres adaptados ás distintas idades dos alunmos/as do Ceip do Corgo, co obxeto de traballar os conceptos claves para tomar conciencia e dende nenos/as aprender a recoñecer e dotar de ferramentas para previr esta lacra, a importancia de educar en igualdade de xénero dende idades temperás radica no potenciall dos nenos e nenas. A estas idades (3-12 anos) están libres de prexuízos, polo que implementar un ensino igualitario repercute no seu desenvolvemento desde unha perspectiva de xénero. A igualdade e a coeducación, é un camiño que se debe iniciar nas familias e continuar nas escolas.

As tres actividades que se desenvolverán ao longo da xornada do día 24 no Ceip do Corgo irán adicadas a nenos de infantil, (“A igualdade entre homes e mulleres”), os curso de 1º, 2º e 3º (“As labores invisibles”), 4º , 5º e 6º (“Non vexas normalidade onde non a hai”)

Ler Máis

BANDO ITV VEHÍCULOS AGRÍCOLAS ANO 2023.

Publicación do bando onde se sinalan as parroquias e datas para a inspección de vehículas agrícolas.

Ler Máis

FALADOIRO SOBRE SAN MARTIÑO DE DUME

Este sábado 11 de Novembro terá lugar, a partir das 19:00h no PALCO – Punto de Atención á Lectura do Corgo, o faladoiro titulado “As preocupacións de San Martiño”. Aproveitando esta efeméride do santoral, o cura párroco do Corgo, Óscar G. Murado, disertará sobre a figura deste home santo, sobre a súa época e sobre os seus escritos. Precisamente o noso orador convidado, doutor en Historia da Igrexa pola Universidade Pontificia Gregoriana de Roma, defendeu previamente con éxito a súa tese de licenciatura hai exactamente quince anos, baixo o título San Martiño de Braga perante o paganismo. O público asistente terá a posibilidade de entender mellor este senlleiro personaxe, bispo dos suevos, así como a súa coñecida obra De correctione rusticorum. Xa o sabedes: agardamos por vós no PALCO, este sábado 11, a partir das 19:00h.

Ler Máis

RECITAL DE POESÍA A CARGO DE ÁNXELA GRACIÁN

O Proxecto CORGORAL organiza o vindeiro venres 10 de Novembro unha velada poética a partir das 19:00h no PALCO – Punto de Atención á Lectura do Corgo. O recital correrá a cargo da escritora Ánxela Gracián, natural de Castroverde, poeta e tradutora varias veces galardoada polos seus traballos e con fondas raíces familiares na parroquia corguesa de Queizán. O acceso a este evento será libre e de balde, ata completar o aforo. Todas as persoas que asistan á velada poética levarán un libro da autora como agasallo. Así que, xa o sabedes: agardamos por vós no PALCO, este venres, a partir das 19:00h.

Ler Máis

TEATRO NO CENTROSOCIOCULTURAL DO CORGO. ” CITA PREVIA”

TEATRO NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO.

OBRA: CITA PREVIA.  (historias disparatadas nas consultas médicas).

GRUPO: REBULDEIRA TEATRO DE SARRIA.

DIA 11 DE NOVEMBRO ÁS 19:00 HORAS.

COMEDIA. TODOS OS PÚBLICOS. ENTRADA DE BALDE.

Duración: 75 min.

 Esta obra trata sobre situacións que poden suceder nun centro de saúde. De xeito anecdótico e cómico represéntase o devir cotiá ao que se enfrentan os pacientes, o persoal sanitario e os administrativos por mor dos recortes sanitarios, así como a vida social das salas de espera, dende discusións familiares, novas amizades e algún que outro desatino.

Ler Máis