dnrocio@gmail.com 14 de Outubro de 2026 0

XVII CARREIRA POPULAR CONCELLO DO CORGO- MEMORIAL QUIQUE CASANOVA.

O Concello do Corgo organiza a XVII Carreira Popular e Andaina Concello do Corgo- Memorial Quique Casanova, patrocinada por Limpergal. A proba organizarase o vindeiro Sábado 24 de Outubro, con saída e meta nas instalacións da Praia fluvial do Río Chamoso do Concello do Corgo.

A proba estará aberta a tódolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a proba.

INSCRICIÓNS: https://ccnorte.com/evento/inscribirme/id/3384/xvii-carreira-popular-concello-do-corgo–memorial-quique-casanova