V CAMPIONATO GALEGO DE BILLAR FEMININO.
- DIAS: 3 ,4 E 5 DE ABRIL .
- BOLA -8, BOLA-9 E BOLA-10.
- CLUB DE BILLAR ADAI.
- Información en https://www.facebook.com/clubdebillaradai/?locale=es_ES
Horario: L - V: 09.00 - 15.00 982 302 100 concello.ocorgo@eidolocal.es
-Lugar de celebración: Punto de Atención á lectura (PALCO) , detrás da oficina de Correos do Corgo .
-Data: mércores 8 de abril.
-Horario: 16:30 a 20:30 h.
OBXECTIVOS:
-Mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos na muller.
-Previr enfermidades propias do colectivo feminino.
PROGRAMA:
-Menopausa e osteoporose.
-Prevención xinecolóxica.
-Factores de risco.
-Fisiopatoloxía.
-Alimentación e exercicio.
Profesorado: Cristina Ouro Núñez, matrona do Complexo Hospitalario de Lugo.
Dirixido a cidadáns en xeral.
Programadora: Begoña García Cepeda.
INSCRICIÓNS: 982143907 (Sonia -Traballadora Social do Concello do Corgo.) ata o 08/04/2026.
O luns día 23 de febreiro emitiuse na TVG unha entrevista a Mario Outeiro sobre os pombais do concello do Corgo, unha das representacións do patrimonio cultural deste municipio.
“De pedra, de planta circular ou cadrada, os pombais son unhas construcións tradicionais que perviven e falan doutros tempos cando as pombas eran un símbolo de grandeza.
No Concello lucense do Corgo consérvanse máis dunha vintena destas edificacións. Todos superan o século de vida, de aí a importancia de conservalos.
“Dentro do patrimonio material que ten Galicia é unha das construcións máis senlleiras, á mesma altura que hórreos e cruceiros”, comenta Mario Outeiro, estudoso dos pombais.
Caeron no desuso, pero son parte do legado cultural galego“.
No seguinte enlace atópase o vídeo da conversa:
Así mesmo, Mario Outeiro gran coñecedor e estudoso dos pombais corgueses falou deste tema no Diario Cultural da Radio Galega do xoves , amosando a entrevista no seguinte enlace:
O pasado 29 de xaneiro de 2026, o Concello de O Corgo e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica renderon homenaxe ás 12:00 horas do mediodía na Estación de Laxosa a Rafael Pardo Vales, vítima do campo nazi de Mauthausen, coa colocación da primeira placa Stolperstein da provincia.
As placas Stolperstein foron creadas polo artista alemán Gunter Demnig para honrar ás vítimas do nazismo. Son placas metálicas coa forma dun adoquín e colocadas a nivel do chan con texto explicativo. Con isto preténdese que todas e todos os camiñantes teñan que inclinarse para poder ler a súa historia, realizando un xesto de respecto e reverencia hacia a memoria da vítima.
Hai placas por todo o mundo, Austria, Bélgica, Dinamarca, Grecia, Luxemburgo, Noruega, Suecia, Suiza, Gran Bretaña, Rumanía…..trátase, polo tanto, do maior monumento descentralizado do mundo.
Rafael Pardo Vales naceu o 18 de xullo de 1912 na Estación de Laxosa no Concello de O Corgo (Lugo) e era fillo de José Pardo (gardaagullas) e Manuela Vales. Foi o máis novo e único varón de cinco irmás. Destinado como garda de asalto en Barcelona, coincidíu alí co seu sobriño José Sánchez Pardo fillo da súa irma Herminia , cinco anos mais novo ca él, e que tamén era garda de asalto. Durante a guerra, Rafael, foi nomeado cabo e despois sarxento. Ao final da contenda española exíliase en Francia co seu sobriño José.
Posiblemente foron a parar ao campo francés de Argelés, e despois a 34º Compañía de Traballadores Extranxeiros para fortificar as defensas militares francesas ante o estoulido da II Guerra mundial. Foron feitos prisioneiros na ofensiva alemá e levados ao Stalag X-B en Sandbostel no land da Baixa Sajonia entre Bremen e Hamburgo. Foi deportado o 3 de marzo de 1941 ao KZ de Mauthausen e asasinado no subcampo de Gusen o 7 de xaneiro de 1942.
O acto contou coa participación do alcalde Felipe Labrada, a concelleira do BNG Pilar Bellón pola moción da solicitude de dita placa no ano 2023, a intervención musical de Carolina Barbeito de la Cruz, as palabras de Miguel Freire, voceiro da ARMH e as de Isabel de la Cruz, sobriña de Rafael Pardo; ademais de facer acto de presencia outras autoridades como a Deputada de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo Dª Iria Castro ou representantes da Asociación de Veciños de Laxosa Airamonte.
A lectura poética, creada para a ocasión, correu a cargo da escritora corguesa Mónica Caldeiro e a música do acto foi interpretada polo grupo A Legua Dereita.
O equipo de investigación da ARMH de Lugo, formado por Paulo Grandío, Roberto Mouriz e Miguel Freire, despois dun intenso traballo de anos de investigación sobre desaparecidos logrou identificar a 39 lucenses que foron vítimas dos campos nazis, entre eles Rafael Pardo. Toda a información aquí relatada forma parte do traballo da ARMH.
Nunca deberíamos perder a memoria dos nosos seres queridos. Así que como dixo Gunther facendo súa a frase do Talmud, fonte principal da sabedoría do xudaismo:
“Un home é esquecido soamente cando o seu nome sexa esquecido”
Dende hoxe a identidade e a memoria de Rafael Pardo Vales non van a desaparecer.
HOMENAXE A RAFAEL PARDO VALES CO GALLO DA COLOCACIÓN DA SÚA STOLPERSTEINE
(29 de xaneiro de 2025)– Poema da escritora Mónica Caldeiro.
“83841
foi o número que levaches no Stalag X-B de Sandbostel
3608
o número que che deron en Mauthausen
13123
o número co que te rexistraron no subcampo de Gusen
Non volveron mudarte o nome por máis números
***
Din os historiadores que para perpetrar un xenocidio é precisa a deshumanización dun grupo humano. O teu veciño deixa de ser o teu veciño. O teu veciño convértese nun obxecto que cómpre exterminar. Un obxecto é unha cousa inanimada e inerte que se pode levar nas mans. Un corpo tamén pode volverse inanimado e inerte. Tamén se pode levar coas mans.
Cando existe a produción repetida dun obxecto dáselle un número de serie. En certos casos, como nos exterminios xenocidas, ao obxecto pódenselle dar até tres números que pertencen a distintas series, todas elas determinadas pola súa produtividade e capacidade de traballo.
Así, até a aparición de enfermidade. Así até que o doente sente o oco da fame facerlle un nobelo de intestinos saturados de vermello debaixo do peito, e entón escribe nun anaquiño de papel co pequeno lapis de carbón dun compañeiro finado un soño que lle evoca a fame:
bacallau con patacas e pemento doce
caldo de gloria e verzas
manxares de Entroido
crema pasteleira case laranxa, de tan puro que lle era o ovo
***
Aquel era un soño de soñar co retorno
mais só volveu un nome gravado en ouro que se pode coller coas mans
unha lastra inanimada e inerte
O nome tivo un día mans tamén
mans para peitear o pelo para arranxar a barba con navalla
para defender a súa obriga para coller coa súa man outra man e aloumiñala
Eiquí fica ese nome gravado en ouro
na súa orixe
trala viaxe de volta”
MÓNICA CALDEIRO. POETA
















O xoves día 29 de Xaneiro terá lugar o acto de colocación do stolperstein en homenaxe a Rafael Pardo Vales vítima do campo nazi de Mauthusen e nacido en O Corgo.
O acto iniciarase ás 12:00 h. na Estación de Ferrocarril de Laxosa, dende onde partirá o cortexo cívico ata o lugar de colocación da placa.
Marcha ata o lugar de colocacion da placa xunto co grupo A Legua Dereita interpretando unha alborada.
Chegada ao lugar de colocación do stolpesteine .
Contará coa participación do alcalde Felipe Labrada, a concelleira Pilar Bellón a intervención musical de Carolina Barbeito de la Cruz, as palabras de Miguel Freire, voceiro da ARMH, da sobriña de Rafael Pardo Vales Isabel de la Cruz, da música do grupo Legua Dereita e a lectura poética da escritora Mónica Caldeiro.
O concello do Corgo e a Asociación Para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) convocan á homenaxe a Rafael Pardo Vales . Vítima dos campos nazis.
Co gallo do 27 de xaneiro “Día en Memoria das Vítimas do Holocausto” vaise realizar unha homenaxe aos deportados lucenses , vítimas en campos nazis. Esta homenxe consistirá na colocación de placas de memoria “stolpersteine” nos lugares onde naceron ou viviron os deportados.
Rafael Pardo Vales naceu o 18 de xullo de 1912 na poboación de Laxosa no Concello de O Corgo (Lugo) fillo de José (ferroviario) e Manuela, sendo o máis novo e único varón con cinco irmás. Estando moi vinculado a súa irmá Rogelia que o foi a despedir da estación con moita pena cando foi destinado como garda de asalto en Barcelona. Alí coincidíu co seu sobriño José Sánchez Pardo fillo da súa irma Herminia,
cinco anos mais novo ca él, e que tamén era garda de asalto. Durante a guerra Rafael foi nomeado cabo e despois sarxento. Ao final da contenda española exíliase en Francia co seu sobriño José.
Posiblemente foron a parar ao campo francés de Argelés, e despois a 34º Compañía de Traballadores Extranxeiros para fortificar as defensas militares francesas ante o estoulido da II Guerra mundial. Foron feitos prisioneiros na ofensiva alemá e levados ao Stalag X-B en Sandbostel no land da Baixa Sajonia entre Bremen e Hamburgo. Foi deportado o 3 de marzo de 1941 ao KZ de Mauthausen. Foi asesinado
no subcampo de Gusen o 7 de xaneiro de 1942.
O seu sobriño José nacido en Valladolid o 18 de marzo de 1917morreu tamén no campo de concentración de Mauthausen, uns meses despois, o 11 de xulio de 1942.
O equipo de investigación da ARMH de Lugo, formado por Paulo Grandío, Roberto Mouriz e Miguel Freire, despois dun intenso traballo de anos de investigación, logrou identificar a 39 lucenses que foron vítimas dos campos nazis. Despois do seu exilio en Francia coa caída da República, incorporáronse ó exercito aliado. Foron feitos prisioneiros durante a ofensiva alemana e levados aos campos de concentración nazis dos cales só sobrevivirían dazaseis . Todos eles eran naturais de 20 concellos da
provincia de Lugo: Ribas de Sil, Cervantes, Sarria, Lugo, Outeiro de Rei, Pol, Becerreá, Trabada, Viveiro, Monforte, Ourol, Carballedo, Samos, O Páramo, O Incio, O Corgo, Castroverde, Cospeito, As Nogais e Pantón.
Cada adoquín representa a unha vítima, e o 26 de maio de 2023, poucas semanas antes da súa instalación na Coruña , instalouse en Nuremberg o stolperstein número 100.000, sendo considerado o monumento descentralizado máis grande do mundo.
Están presentes en máis de 1.200 vilas de Alemaña, así coma en Austria, Bélxica, Croacia, República Checa, Finlandia, Francia, Grecia, Italia, Reino Unido, Irlanda, Hungría, Lituania, Letonia, Serbia, Moldavia, Luxemburgo, Países Baixos, Noruega, Suecia Polonia, Rumanía, Rusia, Eslovaquia, Eslovenia, Suiza, Ucraína e tamén en España.
CAMPAMENTO DE NADAL.
PROGRAMA DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL NO PERIODO NON LECTIVO DE NADAL.
– INSCRICIÓN ATA O DÍA 19 DE DECEMBRO. INSCRICIÓN E MÁIS INFORMACIÓN NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO. TLF. 982302377 OU NO 620731543.
-NÚMERO DE PRAZAS: MÁXIMO 20 NEN@S.
-DESTINATARIOS: NEN@S DE 3 A 12 ANOS. PRIORIDADE PARA OS NENOS/AS EMPADRONADOS NO CONCELLO DO CORGO .
-DATAS: DIAS 22, 23, 26, 29 E 30 DE DECEMBRO. EN XANEIRO OS DÍAS 2 E 5.
-HORARIO:DE 9:00 H. A 15:00 HORAS, NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO.
-ACTIVIDADE GRATUITA. É PRECISO QUE TRAIAN MERENDA E AUGA, ASÍ COMO ROUPA CÓMODA.
XORNADA EN XUVENLUGO.-
COMO NAS ANTERIORES EDICIÓNS O CONCELLO DO CORGO ORGANIZA UNHA XORNADA NO PAZO DE FEIRAS DE LUGO O MARTES 30 DE DECEMBRO DE 16:30 HORAS A 20:30 HORAS.
–INSCRICIÓNS ATA O DÍA 26 . MÁIS INFORMACIÓN NO 982302377 OU 620731543.
– OS NEN@S DEBERÁN DE IR ACOMPAÑADOS DUN RESPONSABLE.
-PREZO: 3,5 €.
–CABALGATA DE REIS.
LUNS, DÍA 5 DE XANEIRO. A PARTIR DAS 16:00 DA TARDE AS SÚAS MAXESTADES SAIRÁN DO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO PARA CHEGAR AO COLEXIO PÚBLICO DO CORGO, VISITANDO ANTES AOS USUARIOS/AS DO CENTRO DE DÍA.
INSCRICIONS DOS NENOS/AS E MÁIS INFORMACIÓN NO 982302377 OU 620731543, ATA O 2 DE XANEIRO.
HABERÁ CHOCOLATE E ROSCÓN DE REIS PARA CONVIDAR AOS ASISTENTES.