Pista de Padel O Corgo.
A pista de padel do Concello do Corgo está ubicada nas inmediacións do campo de fútbol, a pista multideporte e o polideportivo municipal.
Para ter acceso ás instalacións pódese reservar descargando a app ReservaPlay ou a través da seguinte páxina web: https://concellodocorgo.reservaplay.com/login
Ata a aprobación da ordenanza que regule o prezo público, a reserva será gratuita para os usuarios.













