Correndo pola VIA KÜNIG -II Edición.
Sábado día 9 de Xullo. Saída ás 10.30 da Praza do concello de Baralla.
Inscricións en http://www.ccnorte.com
Custo: 5 euros.
Data límite de inscrición o 4 de xullo.
Horario: L - V: 09.00 - 15.00 982 302 100 concello.ocorgo@eidolocal.es
Sábado día 9 de Xullo. Saída ás 10.30 da Praza do concello de Baralla.
Inscricións en http://www.ccnorte.com
Custo: 5 euros.
Data límite de inscrición o 4 de xullo.
A Asociación Cultural ARUMES vén de editar o libro Da tribuna ao outeiro. 500 artigos de opinión no xornal El Progreso, do coñecido profesor corgués Mario Outeiro. A presentación oficial do mesmo terá lugar este sábado 10 de xuño ás 20h nas instalacións da biblioteca do PALCO – Punto de Atención á Lectura do Corgo. O acto será de carácter público, aberto e de balde, con acceso libre ata completar o aforo. Asemade, o evento contará coa presenza do autor, da presidenta da referida asociación, Josefa González, e do responsable do Proxecto CORGORAL, Lois Ladra. Todos as persoas que asistan recibirán un exemplar de agasallo.
O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL e do Punto de Atención á Lectura – PALCO, conmemora a Semana das Letras Galegas con numerosas actividades:
O martes 16, ás 17:00h, terá lugar a presentación pública na biblioteca do PALCO da Antoloxía poética ÉPICO no PALCO 2023, que reúne medio cento de composicións dos recoñecidos autores Alberte Momán, Albino Matos, Ánxela Gracián, Carlos d’Abreu, Eugenia Sanmartín, Helena Almeida, Inocencia Montes, J. C. Valle “Karlotti”, Manuela Vidal, Montse Villar e Xerardo Quintiá.
O mércores 17, o Proxecto CORGORAL traspasará os lindes municipais para divulgar no veciño concello de Láncara os obxectivos, os métodos e os resultados preliminares desta ambiciosa recolla da Literatura Popular de Tradición Oral e do Patrimonio Cultural Inmaterial corgués.
O xoves 18, a partir das 17:00, celebrarase na biblioteca do PALCO a Festa do Libro e da Literatura, aberta a todos os públicos e moi especialmente á comunidade escolar (PAI-CEIP-CPI). Todas as persoas presentes poderán levar de agasallo dous exemplares dos que escollan entre os varios centos que estarán á libre disposición dos visitantes.
A asociación Andarela do Corgo organiza unha excursión a Lourdes para os días 15, 16, 17 e 18 de Xuño do 2023.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS NO TELÉFONO : 638055430
Rutas:
1.- O Corgo- Zaragoza. ( Visita ao teatro romano, palacio da Aljafería, Basílica do Pilar, Ponte de pedra, igrexas de estilo Mozárabe…)
2.-Zaragoza- Canfranc- Lourdes. ( Visita á antiga estación de tren de Cancfranc, as Covas de Bétharram..)
3.- Lourdes ( Gruta das revelacións, Basílica da Inmaculada Concepción, Santuario da Nosa Señora de Lourdes, Casa de Bernadette, Castillo de Lourdes, Procesión nocturna das antorchas…)
4.-Lourdes- Vitoria- O Corgo. ( Casco histórico de Vitoria, Parque da Florida..)
Grazas ao Proxecto CORGORAL e ao Colectivo Desastre xa podemos gozar no Corgo da irrepetible mostra fotográfica temporal AbandonARTE. Ao longo deste segundo trimestre do ano 2023 permanecerá nas instalacións da biblioteca do PALCO – Punto de Atención á Lectura do Corgo.Trátase dun total de quince paneis con imaxes que recollen e poñen de manifesto a decadencia e o abandono dos edificios públicos que noutrora tiveron unha vida e que ofreceron un servizo á sociedade. Cada fotografía garda e conta unha historia de abandono e desleixo que nos quere facer cavilar sobre a importancia dos bens comúns e sobre a necesidade de xestionalos axeitadamente para evitar que rematen arruinados e comestos polo tempo. As persoas interesadas en visitar esta mostra poden concertar unha visita guiada chamando ao 676-862-924 ou enviando un correo a proxecto.corgoral@gmail.com Achégate á biblioteca do PALCO e goza destas marabillosas fotografías!
DÍAS : 13 E 14 DE MAIO DO 2023.
HORA DE INICIO 10:00 AM NO CLUB DE BILLAR ADAI.
WWW.CLUBDEBILLARADAI.COM / @CLUBDEBILLARADAI / 605 37 93 23
Xa podedes consultar o cartel con todos os detalles do programa do completísimo programa para o serán deste sábado: o Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, celebra o primeiro ano de vida da biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo (PALCO). O programa de actividades comezará ás 18h e incluirá unha mostra fotográfica temporal, música tradicional, feira do libro… e un recital acústico co Encontro de Poesía Ibérica no Corgo, ao que acudirán unha ducia de escritores e cantautores procedentes dos máis variados recunchos de Galicia, Portugal e León para declamar os seus poemas e animar esta foliada coa música e a palabra. Achégate á biblioteca do PALCO e celebra connosco esta Festa da Música, da Cultura e dos Libros!! Xa chegou o Festival EPICO no PALCO!!https://axendacultural.aelg.gal/2023/04/21/o-corgo-primeiro-aniversario-do-punto-de-atencion-a-lectura/
O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, celebra o vindeiro sábado 22 de Abril unha festa da cultura para conmemorar o primeiro ano de existencia da biblioteca do Punto de Atención á Lectura. Aproveitamos esta efeméride, e a da Semana do Libro e da Lectura para festexar a oralidade e os valores humanistas transmitidos a través das palabras ditas, recitadas ou cantadas. E para iso, nada mellor que acoller ás persoas que se acheguen ao PALCO e ofrecerlles de balde unha chea de libros, imaxes, música e poesía! O programa de actividades comezará ás 18h do serán e incluirá diversos eventos: mostra fotográfica, música tradicional, feira do libro, recital poético ibérico…
Achégate á biblioteca do PALCO e celebra connosco este cumpreanos!!
O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL e coa colaboración das asociacións culturais Vagalumes e Arumes, organiza as Primeiras Xornadas sobre o Patrimonio Cultural do Corgo, dedicadas nesta ocasión á divulgación, defensa e posta en valor dun particular aspecto da nosa arte relixiosa popular: os cruceiros e as cruces de pedra.
Para acadar estes obxectivos programáronse diversas actividades ao longo deste trimestre: en primeiro lugar, durante os meses de Febreiro e Marzo realizouse no Punto de Atención á Lectura do Corgo (PALCO) unha exposición temporal sobre Castelao como estudoso, artista e debuxante, titulada A Bretaña que hai en nós.
Por outra banda, o sábado 4 de Febreiro contamos coa presenza do museólogo e membro da Real Academia Galega de Belas Artes Sr. D. Felipe-Senén López Gómez, que impartiu unha conferencia maxistral sobre As cruces de pedra nos confíns da Europa Atlántica.
Para rematar estas Primeiras Xornadas sobre o Patrimonio Cultural do Corgo, o concello organiza no Punto de Atención á Lectura o vindeiro sábado 1 de Abril ás 18:30h unha visita comentada á exposición, ás 19:00ha proxección do vídeo titulado “As cruces de pedra na Bretaña” e ás 20:00h unha conferencia impartida por Fernando Arribas, presidente da Asociación Galega de Amigos das Cruces de Pedra, sobre Os cruceiros no concello do Corgo. Agardamos que estas xornadas sexan de interese para toda a veciñanza corguesa e que tamén sirvan para difundir e poñer en valor o noso rico e variado Patrimonio Cultural.
( ASOCIACIÓNS OS CINCO RIOS DO CORGO E A ASOCIACIÓN LUGO SEMPRE).
ORGANIZAN A SÚA PRIMEIRA CONFERENCIA SOBRE:
“ENFERMIDADES CRÓNICAS MÁIS FRECUENTES”, A CARGO DA DRA. LUISA VELASCO, MÉDICO ESPECIALISTA EN MEDICINA FAMILIAR E COMUNITARIA, E MÉDICO ESPECIALISTA EN XERIATRÍA E XERONTOLOXÍA.
DÍA: 26 DE MARZO ÁS 12:00 HORA
CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO.