Sesión de TEATRO no local de Cela-Ponte de Neira.
OBRA: MARIANA CLUB.
COMPAÑÍA: A ADALA DE FOZ.
DÍA: SÁBADO 2 DE NOVEMBRO.
HORARIO : ÁS 20:30 HORAS.
NO LOCAL SOCIAL DE CELA-PONTE DE NEIRA
Horario: L - V: 09.00 - 15.00 982 302 100 concello.ocorgo@eidolocal.es
OBRA: MARIANA CLUB.
COMPAÑÍA: A ADALA DE FOZ.
DÍA: SÁBADO 2 DE NOVEMBRO.
HORARIO : ÁS 20:30 HORAS.
NO LOCAL SOCIAL DE CELA-PONTE DE NEIRA
SÁBADO 26 DE OUTUBRO. Carreira Popular cunha distancia de 10.5 kilómetros.
INSCRICIÓNS: https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2862/xv-carreira-popular-concello-do-corgo–memorial-quique-casanova.
DÍA: MARTES 22 DE OUTUBRO ÁS 17: OO H
LOCAL: CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO.
O Concello do Corgo en colaboración coa COMANDANCIA DA GARDA CIVIL DE LUGO achega aos seus veciños/as unha charla/ conferencia dirixida especialmente aos maiores, ainda que de interese para tódolos públicos tratando temas de seguridade cidadán tales como:
-roubos nas vivendas.
-roubos na rúa ou en grandes aglomeracións.
-consellos para evitar calquera tipo de malos tratos.
-evitar diversos tipos de accidentes, domésticos, no rural, seguridade vial,..
-estafas de internet, etc.
O Concello do Corgo propón a través da asociación MORCEGOS DE GALICIA unha sesión na tardiña do vernes 18 de outubro na praia fluvial Rio Chamoso para coñecer un pouco mellor aos morcegos.
Trátase dunha exposición sobre esta especie e logo un observatorio en directo con linternas detectoras para entender moito mellor a sesión explicativa.
INSCRICIÓNS NO TELÉFONO : 667044296
Festas das Angustias no Corgo, os días 13, 14 e 15 de Setembro.
Venres dia 13:
Verbena coa PARIS DE NOIA e disco móvil COCO MUSIC e DJ CASANOVA.
Sábado dia 14:
Sesión vermú e verbena con ZONA CERO.
Disco móvil IMPACTO CONDJ SONIC.
Actuación de HENRY MÉNDEZ.
Domingo día 15:
Sesión vermú con ELIXIR.
DÍA: 14 DE XULLO DO 2024.
ANDAINA ÁS 10:00 HORAS E CARREIRA ÁS 11:00 HORAS.
SAÍDA DA PRAZA DO CONCELLO DE BARALLA E META NA CAPELA DE SAN BERNABÉ ( CORGO)
SERVICIO DE BUSES DE META Á SAIDA E REGRESO Á SAIDA.
INSCRIPCIÓNS EN: http://www.ccnorte.com
Custe 5€ ata o 30 de xuño e 10€ ata o 10 de xullo.
DATA: DÍA 20 DE XUÑO, XOVES, DE 17:00 A 21:00 HORAS.
LOCAL: CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO.
INSCRICIÓNS NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO 982302377 OU EN AFALU@AFALU.ORG E NO 607843384.
CURSO GRATUITO CON DIPOLOMA DA ESCOLA GALEGA DE SAÚDE
Acompañarán ao autor: Iria Castro (Deputada de Cultura), Xosé Manuel Castro e Lolo de Anseán.
-Venres día 21 de xuño ás 20.30h. no Punto de Atención á Lectura do Corgo.(PALCO)
-Venres día 26 de xuño ás 20:00h. no salón de actos da Deputación Provincial (Pazo de San Marcos).
-Venres día 5 de xullo ás 20:45h. na antiga escola de Adai.
-Venres día 12 de xullo ás 20:45h. no loca socia de Cela.
As persoas asistentes á presentación recibirán un exemplar de agasallo.
Campamento de Verán para nenos e nenas do Corgo, de entre 3 (sempre que amosen autonomía para as actividades básicas) e 16 anos.
O PAVILLÓN abrirá ás 8:45 da mañá se as famílias solicitan na inscrición a recollida a esa hora.
As actividades comenzan ás 9:00 h da mañá e rematan as 15:00 h, dende o 1 de xullo ata o día 6 de setembro. A hora de entrada e saída é orientativa, poden sair antes ou entrar máis tarde, avisando sempre para favorecer a coordinación dos monitores. Haberá sempre un mínimo de dous monitores por semana.
Os usuari@s traerán bocadillo e auga para mediamañá, así como visoiras, roupa e calzado cómodo. O equipo de monitores informarán diariamente de calquera outra necesidade.
O custe do campamento desglósase semanalmente, pero para facilitar a programación, e preciso que haxa unha previsión anticipada de cada semana quincena ou mes, amosando xa na inscricion cantas e cales son as semanas para as que se precisa o campamento.
O custe da semana é de 5 euros para os nenos/as do Corgo e 10 para os que non estén empadronados. (Terán preferencia os nenos/as do Corgo, así como de país/nais traballadores no municipio. De quedar vacantes poderán optar calquera outro neno, atendendo en primeiro lugar a fillos/as descendentes de xente vinculada a este concello)
Trátase de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral no periodo de vacacións de verán, e ao mesmo tempo darlle aos nenos/as a opción de disfrutar dun tempo de ocio san e divertido, facilitando a convivencia e as relacións sociais entre eles. Este programa está cofinanciado polo Plan Corresponsables .
As actividades desenvólvense no Polideportivo do Corgo e inmediacións do Colexio, e estarán a cargo dunha empresa de Tempo libre con experiencia neste tipo de actividades.Cando as condición metereolóxicas sexan favorables o campamento trasladarase á praia fluvial río Chamoso e piscina municipal, sempre con prévio aviso e asinando autorización ou permiso para actividades acuáticas.
Inscricións ata o 18 de xuño, no Centro Sociocultural do Corgo. A inscrición pode efectuarse por via electrónica ( ben correo electrónico ou sede electrónica) ou no Centro Sociocultural do Corgo, no concello ou no Colexio do Corgo.
Número máximo de participantes será de 40. Respetarase sempre a orde de criterios de selección (padrón, etc..) e a orde de entrada da inscrición.
DATOS DE INTERESE:
MAIS INFORMACIÓN:
INSCRICIÓNS: ATA O DÍA 18 DE XUÑO RESERVA DE PRAZA , CUBRINDO A INSCRICIÓN E SINALANDO CALES SON AS SEMANAS QUE INTERESAN
– PODERÁN INSCRIBIRSE POR MES COMPLETO, QUINCENA OU SEMANA.
– DE QUEDAR PRAZAS VACANTES PODERÁN INSCRIBIRSE AO LONGO DO CAMPAMENTO, FACÉNDOO CUNHA ANTELACIÓN MÍNIMA DUNHA SEMANA ANTES DE INCORPORARSE, PARA POSIBILITAR A ORGANZICIÓN DAS ACTIVIDADES.
– SOLICITUDE E PAGO: DO 19 DE XUNO AO 26 DE XUÑO. NON SE PAGARÁ ATA QUE A PRAZA ESTÉ CONFIRMADA.
-O PAGO EFECTÚASE NO NÚMERO DE CONTA SINALADO PODENDO FACELO TAMEN A TRAVÉS DA BANCA ELECTRÓNICA. ACHEGARASE RESGARDO DA OPERACIÓN .
OS NENOS/AS QUE NON ESTÉN EMPADRONADOS NO CORGO, EN CASO DE NON TER PRAZA QUEDARÁN EN LISTA DE AGARDA, COMUNICÁNDOSELLES CALQUERA MOVEMENTO NAS LISTAS .
CADA NENO/A LEVARÁ UNHA MOCHILA COAS SÚAS PERTENZAS
O Concello do Corgo lévate de viaxe ás praias propostas os xoves . Nas semanas que o xoves é festivo trasládase aos mércores.
As viaxes terán un custo de 8 euros para os empadronados no concello do Corgo e 12 para os non empadornados, con saída ás 9 da mañá da antiga cámara agraria.
As viaxes á provincia de Pontevedra ( Praia das Américas e Samil) terán un custo engadido de dous euros en cada aportación, ( 10 euros os veciños do Corgo e 14 os non empadronados neste concello) e a saída será as 8 da mañá da antiga cámara agraria.
Para inscribirse haberá que chamar ao teléfono 622500462, de luns a mércores , en horario de 10:00 a 13:00 horas. Respetarase a orde de inscrición.
| DATAS | DESTINO. |
| 27 DE XUÑO. | PRAIA DAS AMÉRICAS. (SAÍDA ÁS 8:00) 10 €OS EMPADRONADOS DO CORGO 14 € NON EMPADRONADOS NO CORGO. |
| 4 DE XULLO. | SAMIL (SAÍDA ÀS 8:00H) 10 € OS EMPADRONADOS DO CORGO 14 € NON EMPADRONADOS NO CORGO. |
| 11 DE XULLO | SAN CIPRIAN. |
| 18 DE XULLO | FOZ |
| 24 DE XULLO (MÉRCORES) | ARES (FERROL) |
| 1 DE AGOSTO | RINLO. |
| 8 DE AGOSTO. | TAPIA DE CASARIEGO. |
| 14 DE AGOSTO. (MÉRCORES) | COVAS (VIVEIRO) |
| 22 DE AGOSTO. | VALDOVIÑO |
| 29 DE AGOSTO. | A CORUÑA (RIAZOR) |