Categoría: Xeral

Ximnasia de mantemento

  • Horiario:
  • LUNS: de 19:00-20:00 h.
  • XOVES: de 19:00 -20:00h.
  • Local: Centro Sociocultural do Corgo.
  • Contacto: Eva Otero. (Tfn. información 982302377)
  • Temporalidade: De Setembro a Xuño.

 

Ler Máis

Bases reguladoras para o aluguer dunha vivenda en ARXEMIL

Publicación das bases para a regulación do procedemento de aluguer dunha vivenda  municipal  rehabilitada en San Pedro de Arxemil, por un periodo de cinco anos.

O prazo para realizar a solicitude é de un mes contado a partir do día seguinte á  publicación destas bases no BOP de Lugo ( 8 de maio do 2019, Bop nº 104). Os interesados/as presentarán a solicitude (Anexo I) xunto coa documentación referida no punto VI das bases.

PUBLICACIÓN BASES aluguer vivenda en Arxemil EN BOP 08/ 05/ 19

 

Ler Máis

Aviso importante: Peche das oficinas municipais ao público.

O venres, día 3 de maio, as oficinas municipais permanecerán pechadas ao público por formación do persoal en materia da Adminisitración electrónica.

Desculpen as molestias.

Ler Máis

Consulta Pública: regulamento de organización e funcionamento do Punto de Atención á Infancia.

De conformidade co establecido no Art. 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo  Común das Administracións Públicas, ábrese un período de consulta pública, a través do portal web deste concello, co fin de recabar a  opinión dos veciños e das organizacións máis representativas que puideran resultar afectados polo novo servizo de Punto de Atención á Infancia (PAI).

A necesidade e oportunidade desta regulación vén esixida polas características do novo servizo que atenderá a nenos de entre 0 e 3 anos, co fin de conciliar a vida familiar e laboral.

O obxectivo da norma é de que o novo centro asistencial conte cun regulamento de organización e funcionamento a disposición dos usuarios.

A regulación a través dunha norma regulamentaria vén esixida no apartado 4, letra c) do Art. 20 do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo  que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.

Así mesmo, preténdese a regulación do prezo público pola prestación do referido servizo.

O prazo de presentación  de opinións extenderase durante un prazo de a15 días hábiles, a contar desde o día 12 deste mes.

O Corgo, 10 de marzo do  2019.

O Alcalde,

José Antonio Ferreiro González.

 

Ler Máis

Festival Entroido 2019.

 

Festa de entroido o luns, día 4 de Marzo, no Polideportivo municipal, a carón do Colexio Plurilingüe do Corgo, a partir das catro e media da tarde e ata as oito.

Baile, xogos, animación, desfile, colchonetas hinchables, Karaoke… e chocolate con churros para tódolos disfrazados.

Anotarse no 982302377 para que contemos con vós. 

Ler Máis

Actividades de nadal para nenos e nenas 2018

CAMPAMENTO DE NADAL.

  • Días 26, 27 e 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro.
  • Horario: De 9:00 a 15:00 h.
  • Prezo: Gratuito.
  • Actividades: Xogos, obradoiros de nadal, música, etc..
  • Público : nenos/as  dende 3 ata 12 anos.
  • Local: Centro Sociocultural.

VIAXE A XUVENLUGO.

  • Solicitude de entradas no Centro sociocultural do Corgo, ou non 982302377, ata o día 27 pola mañá. As entradas serán só validas para o día 27 á tarde.
  • Custo: 2 € persoa.

MAXIA NO CORGO

  • Sesión de maxia a cargo do MAGO CARLOS, o DIA 2 DE XANEIRO, ás 12:00 h. no Centro Socioculutaral do Corgo. Para tódolos públicos.  Actividades subvencionada pola Deputacióln Provincial de LUGO,dentro do Programa Nadal  pola Provincia.

CABALGATA DE REIS.

  • Saída dos Reis Magos o dái 5 ás 16:30 da tarde do Centro sociocultural.
  • Chegada ao Colexio Plurilingüe do Corgo, onde  se fará o reparto de agasallos polas SSMM de Oriente.
  • Chocolate e roscón para tódolos asistentes.
  • Anotarse antes do día 4 de xaneiro.
  • Máis información no 982302377

Ler Máis

O NADAL TAMÉN SOA NO RURAL 2018

Misas e Concerto de Panxoliñas a cargo da  SCHOLA GREGORIANA LUCENSIS

 

  • Venres, 21-1-2018, ás 16:00 h. no Centro de Día do CORGO.
  • Domingo, 23-12-2018 ás 11:00 h. na Igrexa do CORGO.
  • Domingo,  23-12-2018 ás 13:30 h. na Igrexa de GOMEÁN.
  • Domingo  30-12-2018, ás 11:00 h. na Igrexa de S. P. DE FARNADEIROS.
  • Domingo, 30-12-2018, ás 13:15 h. na Igrexa de PEDRAFITA.
  • Domingo 06- 01-2019, ás 12:00 h. na Igrexa de Laxosa.

Ler Máis