Categoría: Xeral

X CARREIRA POPULAR ARUMES DO CORGO MEMORIAL QUIQUE CASANOVA

SABADO, 20 DE OUTUBRO DE 2018
 
INSCRICIÓN: ata o xoves, día 18 de outubro ás 14:00 h.  Hai que realizar as inscricións a través da  páxina web da Federación Galega de Atletismo:    http://www.carreirasgalegas.com/
 
 
SERVIZOS PARA OS PARTICIPANTES
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Cuartos de baño na zona de saída-chegada.
3. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
4. Vestiarios e duchas no pavillón municipal.
5. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
6. Zona de lecer para nenos (parque infantil).
7. Área recreativa (zona axardinada, merendeiro…).
8. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio coa compañía de seguros que corresponda).
 
PREMIOS
  • Pitufos: proba non competitiva, non haberá clasificacións. Todos os participantes levarán unha medalla conmemorativa. Camisetas para todos.
  • Promoción: trofeo para o primeiro e medallas para o segundo e terceiro clasificados de cada sexo, e medalla conmemorativa para o resto de participantes. Camisetas para todos.
  • Dende Sub 12 ata Sub 18: trofeo para o primeiro e medallas para o segundo e terceiro de cada categoría e sexo. Camisetas para todos.
  • Dende Sub 20/23 ata Veteranos (carreira absoluta): trofeo para o primeiro e medallas para o segundo e terceiro de cada categoría e sexo. Camisetas para os 150 primeiros.
  • Carreira absoluta (5300 m):
Primeiro: 100 €
Segundo: 75 €
Terceiro: 50 €
  • Entregarase unha medalla ao primeiro home e á primeira muller de cada categoría empadroados no concello do Corgo.
  • Entregarase un trofeo ao participante máis novo e ao de máis idade.
  • Organiza: Asociación Cultural Arumes do Corgo (correo-e: arumescorgo@gmail.com; teléfono: 626 73 93 90; sitio web: http://arumescorgo.blogspot.com).
  • Colabora economicamente: Concello do Corgo.
  • Colabora tecnicamente: Federación Galega de Atletismo (Delegación de Lugo).
  • Outros colaboradores: Coca Cola, Club de Atlet. Arumes-Área 10, Centro de Estudos do Corgo, Protección Civil de Lugo, Subdelegación do Goberno…

Ler Máis

6 de Setembro: Día do avó.

O xoves día 6 de setembro celébrase no POLIDEPORTIVO municipal do Corgo o día do avó.

A festa do avó vai dirixida a maiores de 60 anos e cónxuxes. Para participar hai que retirar as tarxetas nas oficinas municipais ata o día 4 de setembro (martes).

PREZO:

Os veciños empadronados no Corgo  e maiores de 60 anos.. 5€

Persoas non empadroadas no concello do Corgo, maiores de d60 anos…20€

PROGRAMA:

13:30 .- Eucaristía.

14:30.- Comida 

OUTRAS ACTIVIDADES

 Actuación dun Dúo musical, baile, sorteo de agasallos..

NOTA:

Para a retirada de tarxetas e recomendable presentar o DNI, sendo obrigatorio para aquelas persoas non empadroadas no Concello do Corgo

Ler Máis

Acto de celebración do nomeamento a JESÚS ABUÍN ARIAS “Fillo predilecto e Cronista oficial do Corgo”.

O día 22 de setembro terá lugar no CENTRO SOCIOCULTURAL do Corgo, ás 12:30 h, a entrega do Nomeamento de “Fillo predilecto e Cronista oficial do Corgo” a

 JESÚS ABUÍN ARIAS.

  • No Restaurante Hostal Prados, celebrarase unha comida ás 14:00 h.
  • A retirada de tarxetas para asistir será no propio restaurante ata o día 15 de setembro.
  • Precio da comida : 25€

Ler Máis

EQUIPO DE INCLUSIÓN SOCIOLABORAL DO CORGO.

Dende o día 1 de agosto de 2018 o Equipo de Inclusión Sociolaboral de Baralla cambia a súa sede do Concello de Baralla para  a CASA  DAS ASOCIACIÓNS do Corgo, pasándose a chamar EQUIPO DE INCLUSIÓN SOCIOLABORAL DO CORGO, manterá o número de teléfono e mail de contacto que viñan empregando:

982363719 / 608500379 

baralla.inclusion@igualdadebenestar.org

A atención seguirá mantendo as súas principais liñas de actuación como servizo de  de proximidade á cidadaníe en cada un dos dezaoito concellos de referencia na demarcación xeográfica da Fonsagrada, os Ancares e Lugo,  coa colaboración dos servizos sociais e de emprego municpais, aproveitnado ao máximo as sinerxias que xurden no traballo en rede.

 

 

Ler Máis

ROMARIA FOLK NO RIO CHAMOSO 2018

Os días 28 e 29 de xullo terá lugar na praia fluvial Río Chamoso a  XV romaria folk.

O sábado a partir das 18:00 h:

-BATUXADA NO CHAMOSO. Proba de velocidade de embarcacións feitas con material de regugallo no Rio Chamoso

-SESIÓN DE XOGOS  E ANIMACIÓN INFANTIL

Á noite feste e verbena coa orquesta

 

GRAN PARADA.

 

O domingo, dende as 12:00 h.

-FEIRA DE ARTESANÍA E DEMOSTRACIÓN DE OFICIOS TRADICIONAIS.

-EXHIBICIÓN DE TALLA DE MADEIRA CON MOTOSERRAS.

ACTUACIÓNS DE

–  A. C. A LEGUA DEREITA DO CORGO

– OS CARAPAUS.

– PINGARELA (Musiqueando da Deputación Provincial de Lugo)

 

 17.00 h.Festival folclórico:

TROUPELEAR.

AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA XILBARBEIRA  DE BOIRO.

A.C. A LEGUA DEREITA DO CORGO.

Coa colaboración de As Cernellas de  Sta. María de Bóveda.

 

 

 

 

Ler Máis

Horario e realizacion do 1º exercicio xefe de brigada e conductor de motobomba. Campaña incendios 2018

Publicación das listas e horario  para a realización do primeiro exercicio nas categorías de Xefe de Brigada e Conductor de Motobomba.

HORARIO E REALIZACIÓN DO 1º EXERCICIO XEFE DE BRIGADA E CONDUCTOR MOTOBOMBA. XULLO 2018

Ler Máis