Categoría: Xeral

OS ESCOLARES DO CORGO DESEÑAN O LOGOTIPO PARA O PROXECTO CORGORAL.

 

O alumnado do 4.° curso de Primaria do CEIP Plurilingüe “O Corgo” participou no concurso de ideas para o deseño do logotipo do Proxecto CORGORAL. En concreto, presentáronse trece propostas, das que catro foron preseleccionadas polo profesorado do centro. Todos os alumnos participantes foron agasallados polo concello e pola Asociación Cultural Arumes con un bolígrafo conmemorativo e un libro. Logo de unha moi detida e prolongada reflexión, a idea orixinal gañadora foi a do alumno Hugo Otero Fernández, da parroquia de San Xoán do Corgo.A partir desta proposta, que ten un megáfono como icona principal, o deseñador gráfico de La Voz de La Verdad ofreceunos unha interpretación renovada, colorida e atraente, que pasará a identificar graficamente o Proxecto CORGORAL: recompilación e salvagarda do patrimonio cultural inmaterial no concello do Corgo (contos, lendas, cantigas, festividades cíclicas, oficios tradicionais…). Aproveitamos para lembrar a todas as persoas que queiran colaborar nestas recollas que se poden poñer en contacto connosco no teléfono 676-862-924 ou no correoproxecto.corgoral@gmail.com

{gallery}CEIP O CORGO{/gallery}

 

Ler Máis

Feira da Rubia Galega, Adai, 12 de xuño.

 

 

  PROGRAMA XXXIV CONCURSO- XCV SUBASTA NACIONAL DA RAZA RUBIA GALEGA.

Recinto feiral de Adai, o Corgo-  xuño de 2021.

 

  • Xoves, día 10

8.30-14.30: Entrada dos animais da subasta.

 

  • Venres, día 11

8.30.14.30: Entrada dos animais de concurso e exposición.

12:00: Supervisión e valoración dos animais da subasta polos inspectores de raza, director técnico do certame e equipo técnico de ACRUGA.

16:00: Supervisión e valoración dos animais de concurso polo xurado de calificación, titulados na “Escola de Xuices da Raza Rubia Galega”

 

  • Sábado, día 12

10:00: Apertura para a solicitude de tarxetas de subasta.

10:00: Exposición no redil e colocación de escarapelas aos animais premiados.

10:30: Exposición dos trofeos.

11:30. Entrega de diplomas do curso de inseminación artificial.

12:00: Entrega de premios con autoridades asistentes.

12:30: Comenzo da subasta de machos e femias.

 

Axuda a compra de Caixa Rural 200€  femia  300€ macho.

 

Ler Máis

Prohibidas as queimas agrícolas e forestais dende o sábado 29 de maio.

A xunta suspende os permisos de queimas polas condicións metereolóxicas, evaluando os indicadores que marcan o risco de incendios e as dificultades que se produzcan para controlalo en caso de producirse. Tamén quedasn suspendidos os permisos que foran concedidos con anterioridade para estas labores, de xeito que dende as 00:00 horas do sábado as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de permiso ata novo aviso.

Dende a Consellería de Medio Rural destacan que a partir do  sábado e ata nova comunicación non se permitirá o uso de lume para ningunha actividade agrícola ou forestal particular. 

Recórdase tamén que o cidadán ten a súa disposición o teléfono gratuito 085 ao que chamar en caso de detectar algún incendio forestal.

 

 

Ler Máis

O CONCELLO DO CORGO PRESENTA AS BASES PARA A RECOLLA DA SUA TRADICIÓN ORAL

A área municipal de cultura presenta as bases da proposta para a recolla da Literatura Popular de Tradición Oral do Concello do Corgo. O texto, elaborado polo antropólogo Lois Ladra, foi incluído no último número da revista Lvcensia, presentado onte na Aula Magna do Seminario Diocesano de Lugo. O acto público foi realizado con aforo limitado e seguindo estrictos protocolos sanitarios. O documento, que servirá de referente para a salvagarda do noso Patrimonio Cultural Inmaterial, leva por título: “O Proxecto CORGORAL. Unha proposta para a recolla da Literatura Popular de Tradición Oral no concello do Corgo” e xa se pode descargar na páxina web do concello. Aproveitamos para lembrar a todas aquelas persoas interesadas en recibir esta publicación e que queiran colaborar coa iniciativa cultural poden poñerse en contacto connosco no teléfono 676-862-924, ou no correo electrónico proxecto.corgoral@gmail.com.

Por outra banda, ao longo dos vindeiros días será dado a coñecer púbicamente o resultado do Concurso de debuxo escolar para a escolla do logotipo do Proxecto CORGORAL, realizado entre os escolares do ensino primario do CEIP Plurilingüe do Corgo.

PROXECTO CORGORAL. Unha proposta para a recolla da Literatura Popular de Tradición Oral no concello do Corgo

Ler Máis