BASES PARA O FUNCIONAMENTO DO VIVEIRO DE EMPRESAS DO CORGO.
Publicación no Boletín Oficial da Provincia das bases para o funcionamento do Viveiro de empresas do Corgo.
Horario: L - V: 09.00 - 15.00 982 302 100 concello.ocorgo@eidolocal.es
Publicación no Boletín Oficial da Provincia das bases para o funcionamento do Viveiro de empresas do Corgo.
Publicación no Boletín Oficial da Provincia das bases da convocatoria de axudas para o fomento da natalidade para as axudas e acollementos producidos no ano 2021, entre xaneiro e decembro.
CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONOMICAS FOMENTO DA NATALIDADE 2021.
Baixo o lema O verán que queres contar, a Campaña de Verán de 2022 da Xunta de Galicia recupera a normalidade tras a Covid-19 e oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:
Serán, en total, 10.827 prazas, o que supón a maior oferta da historia destas actividades de verán programadas polo Goberno galego. O prazo de presentación solicitudeso abrirase dende o mércores 18 de maio. Prazo de solicitude: Sete días hábiles que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
A solicitude poderá ser individual ou múltiple, no caso de irmáns, e farase por vía electrónica coa Chave 365 ou certificado dixital ou ben poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, sempre empregando o formulario que se incorpora como anexo II, correspondente ao procedemento xeral (procedemento BS303A).
As persoas con discapacidade que opten polo procedemento das prazas reservadas para inclusión relacionadas no anexo I B, deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo IV (procedemento BS303G).
Prazas nos campamentos de Galicia.
Prazas reservadas a inclusión.
Anexo II para solicitude INDIVIDUAL.
Publicación no Boletín Oficial da Provincia as bases que rexerán o procedemento de participación no no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
O prazo de solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).
Faise pública a listaxe de nenos e nenas admitidos no Punto de Atenció á Infancia do Corgo para o curso 2022/2023.
PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE NENOS ADMITIDOS NO PAI : CURSO 2022 2023
O Concello do Corgo, en colaboración coa Diocese de Lugo e a través do Proxecto CORGORAL, promoveu o pasado 20 de Abril a primeira edición do Programa “Coñece o teu patrimonio” dirixido inicialmente ao público escolar. Con este programa preténdese que os alumnos do CEIP Plurilingüe do Corgo descubran, coñezan e valoren o importantísimo legado patrimonial que existe no concello. De entre todas as manifestacións artísticas que atesouran as nosas parroquias escollemos dúas que poden servir de exemplo para comprendermos mellor o patrimonio cultural material e inmaterial corgués: o belén da igrexa de San Martiño de Folgosa e as pinturas murais do templo románico de Santalla do Alto.
O belén articulado de Folgosa constitúe unha senlleira amostra da creatividade e da artesanía popular orientada á devoción conmemorativa do nacemento de Cristo. Trátase de unha maqueta a escala reducida que reproduce o ambiente da Terra Santa hai dous mil anos, con paisaxes poboadas por máis dun cento de figuras que representan á Sagrada Familia, aos Reis Magos e ao pobo de Belén nos seus máis diversos oficios e ocupacións tradicionais. Inclúe varios elementos dinámicos, animais terrestres, aéreos e acuáticos, así coma un río, muíños, fornos e un dispositivo audiovisual que reproduce o son de unha tormenta de raios. Todo isto precisamente no ano en que o Ministerio de Cultura iniciou os trámites para declarar o belenismo como manifestación representativa do patrimonio cultural inmaterial.
A igrexa de Santalla do Alto sobrancea pola súa excelente fábrica románica, con unha nave única, de planta rectangular e cuberta a dúas augas. A ábsida ten dous tramos: un deles recto, con bóveda de canón, e outro semicircular, con bóveda de forno. As pinturas murais polícromas destacan pola súa enorme beleza, estado de conservación e magnífica calidade artística. Entre as diversas escenas e temas representados pódense citar a Anunciación, o nacemento de Xesús, a Virxe como raíña dos anxos, os catro evanxelistas… Tamén resultan interesantes as imaxes escultóricas dos santos (Santa Bárbara, San Antonio…), a pía bautismal de granito con decoración xeométrica labrada e os cepillos petitorios dedicados ás ánimas do purgatorio, á Nosa Señora das Dores e a San Antonio de Padua… En fin, toda unha experiencia cultural inesquecible.
Agardamos que esta visita escolar do Programa COÑECE O TEU PATRIMONIO desenvolvido no ámbito do Proxecto CORGORAL sexa a primeira de unha serie na que todas as persoas interesadas poidan coñecer e apreciar a riqueza patrimonial e cultural que atesouran moitos dos fermosos recunchos que posúe o concello do Corgo.
Publicación no Boletin Oficial da Provincia de Lugo das bases para o proceso de selección de persoal laboral fixo para o Punto de Atención á Infancia do Corgo.
Bases para o proceso de selección de persoal laboral fixo para o PAI do Corgo.
O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, inaugurou o pasado sábado 23 de Abril a Biblioteca do Punto de Atención á Lectura. O acto tivo lugar na Antiga Escola e contou coa presenza de numeroso público, entre o cal se atopaban Jesús Abuín, cronista oficial do Corgo, e Benedicta Sánchez, coñecida actriz local honrada pola Xunta de Galicia coa medalla Castelao.
Para celebrar o Día Mundial do Libro, o concello corgués e a Asociación Cultural Arumes ofreceron un lote de libros a cada unha das persoas que asistiu, ao tempo que se celebrou un recital de poesía a cargo de Alberte Momán. O grupo de música tradicional A Legua Dereita, que este ano celebra o seu vixésimo aniversario, interpretou tres pezas do seu repertorio: a rumba de Darío, a muiñeira de Curuxeiras e a xota de Murias de Rao.
A posta en funcionamento da Biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo está a ser posible grazas ás xenerosas e desinteresadas doazóns de publicacións ofrecidas por diferentes particulares e institucións. Todas aquelas persoas que desexen coñecer os seus fondos bibliográficos, realizar consultas ou levar emprestado algún libro poderán facelo a través do servizo de cita previa, chamando ao concello ou enviando un correo electrónico a proxecto.corgoral@gmail.com
O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, celebra o vindeiro sábado 23 de Abril, Día Mundial do Libro, coa presentación pública da Biblioteca do Punto de Atención á Lectura. O acto terá lugar ás 20 horas nas Antigas Escolas de Agros e contará coa presenza das autoridades locais e dos representantes de diversas institucións culturais. Por outra banda, os membros da Asociación Cultural A Legua Dereita interpretarán varias pezas de música tradicional e serán distribuídos entre o público asistente vinte lotes de libros expresamente ofrecidos para este evento pola Asociación Cultural Arumes e polo concello.
A posta en funcionamento da Biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo está a ser posible grazas ás xenerosas e desinteresadas doazóns de publicacións ofrecidas por diferentes particulares e institucións, entre os que se atopan, a título de exemplo, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Seminario Diocesano de Lugo, a Deputación Provincial de Lugo, a Fundación Barrié, o Instituto de Estudos Chairegos, o Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, o Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga ou a Real Academia Galega de Belas Artes.
Estades tod@s convidad@s! Contamos coa vosa presenza!