Categoría: Xeral

Listado de admitidos e excluídos no proceso selectivo de persoal para as brigadas de incendios.

Publicación do listado de admitidos e excluídos no proceso selectivo de persoal para as brigadas de incendios. XEFE DE BRIGADAS, PEÓN CONDUCTOR E PEÓN DE INCENDIOS.

Lista provisional admitidos excluidos brigadas de incendios.

Ler Máis

Viaxes ás praias. Verán 2022.

O día 23 de xuño comenzan as viaxes polas  praias  galegas. Leváránse a cabo os xoves, e para inscribirse e preciso chamar ao teléfono 618723269. A saída será dende o edificio da antiga cámara agraria.

Viaxes ás praias. Verán 2022. Consulta os destinos, prezos e máis información.

Ler Máis

BASES DO PROCEDEMENTO SELECTIVO DUN CONDUCTOR DE MOTOBOMBA.

Publicación no Bop das Bases  que rexerán  o procedemento selectivo para a contratación de persoal laboral temporal e formación de bolsas de emprego ao abeiro do convenio de colaboración que se suscribirá en breves datas  entre a Consellería de Medio Rural e do Mar e a entidade local para a prevención e defensa contra incendios forestais  mediante a actuación dun vehículo motobomba durante a vixencia do convenio qe se subcribirá coa Consellería do Medio Rural.

BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA UN POSTO DE CONDUCTOR DE MOTOBOMBA.

Ler Máis

BASES DO PROCESO SELECTIVO PROCESO SELECTIVO DE PERSONAL PARA BRIGADAS DE INCENDIOS: UN XEFE DE BRIGADA, 1 PEÓN CONDUCTOR E 3 PEÓNS DE BRIGADA.

Publicación no BOP  do 7 de xuño  das  Bases que rexerán o procedemento selectivo para a contratación de persoal laboral temporal e formación de bolsas de emprego ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Rural e do  Mar e a entidade local mediante a actuación de Brigadas de prevención e defensa contra incendios.

BASES DO PROCESO SELECTIVO DE PERSONAL PARA BRIGADAS DE INCENDIOS: UN XEFE DE BRIGADA, 1 PEÓN CONDUCTOR E 3 PEÓNS DE BRIGADA.

Ler Máis

FEIRA DA RUBIA GALEGA E DO CABALO EN ADAI.

O  fin de semana do 18 e 19 de xuño terá lugar no recinto feiral de Adai, o XXXV concurso e a XCVII subasta de gando vacún selecto de Raza Rubia Galega ( sábado día 18) e a XXV feira do cabalo (domingo día 19), que contará coa exhibición  de doma natural  de Santi Serra.

Agardámosvos!

Ler Máis

CORRECCIÓN DE ERROS NO PROCESO SELECTIVO DE DÚAS PRAZAS DE PERSONAL TÉCNICO Á INFANCIA PARA O PAI

A convocatoria de dúas prazas de Persoal técnico á infancia para o PAI do concello do Corgo saiu publicada no BOE o martes día 31 de maio.

Nas bases que rexen o procedemento establécese  erróneamente un prazo de 20 días naturais a partir da publicación no BOP, debendo de sinalar  a partires da publicación no BOE, polo que o  prazo de presentación de instancias é dende o 1 ao 20 de xuño.

Aquelas  que xa a  presentaron non é preciso que a volvan a presentar, a non ser que queiran aportar algún documento novo, tal e como se indica no BOP.   

Publicación no BOE do anuncio da convocatoria de dúas prazas para o PAI do Corgo.

Publicación no BOP da corrección de erros no proceso selectivo de dúas prazas de técnico de aternción á infancia no PAI do Corgo

Ler Máis

OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á LECTURA DE DOCUMENTOS ANTIGOS

 

 

O Concello do Corgo, en colaboración co Arquivo Diocesano de Lugo e através do Proxecto CORGORAL, organiza o primeiro Curso de iniciación á lectura de documentos antigos. Co gallo da celebración internacional do Día Mundial dos Arquivos propoñemos unha achega práctica á lectura e comprensión dos documentos escritos como pouso de outras épocas.

O noso obxectivo é desempolvar eses vellos papeis dunha maneira sinxela: dando as claves para poder lelos e comprendelos. Sepárannos deles o contido (ás veces foros ou arrendamentos, ás veces partixas) e, moitas veces, o tipo de letra. Isto fai que nalgúns casos máis desafortunados, acaben no lixo por non se entenderen. Trátase de introducir aos interesados nese marabilloso mundo da escrita e aprender a valorar o que se agocha nas artesas e nos caixóns das nosas casas. 

Impartirase unha primeira achega teórica á paleografía e diplomática antiga, aprendendo a interpretar a linguaxe administrativa, a recoñecer os diferentes tipos de letra e as abraviaturas utilizadas con maior frecuencia. Posteriormente e a través de varios exemplos prácticos, explicarase ao alumnado o mellor xeito de descifrar as vellas escrituras. Podedes traer textos que vos resultan de difícil lectura ou interpretación, para descifrármolos entre todos. O curso é gratuíto, con un total de dez prazas dispoñibles, e terá lugar o xoves 9 de Xuño, de 17:00 a 20:00 horas na Biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo. Todas as persoas interesadas en inscribirse deberán enviar un correo electrónico antes do día 6 de Xuño, indicando o seu nome, apelidos e teléfono de contacto a proxecto.corgoral@gmail.com

Ler Máis

O CORGO PROTAGONISTA DA REVISTA LVCENSIA.

O Concello do Corgo e o seu recentemente publicado Adiviñanceiro tradicional foron onte os protagonistas da presentación do número 64 da prestixiosa Revista Lvcensia, editada pola Biblioteca do Seminario Diocesano. No acto público, que congregou a unha numerosa asistencia na Aula Magna, o convidado de honra, nesta ocasión, foi o Proxecto CORGORAL, como exemplo de boas prácticas e implementación de metodoloxías participativas na recolla do Patrimonio Cultural Inmaterial.

Na presentación oficial do Adiviñanceiro tradicional do Corgo na bimilenaria cidade amurallada, o responsable do Proxecto CORGORAL explicou aos presentes todo o proceso de recollas, que contou coa axuda de numerosas persoas e institucións, entre os que sinalou ao cronista oficial, o Sr. D. Jesús Abuín Arias e ao alumnado e profesorado do CEIP Plurilingüe do Corgo e do CPI “Ramón Piñeiro”.

Tamén se deu a coñecer a recente inauguración da biblioteca do Punto de Atención á Lectura, a presentación de libros, concerto musical e recital poético desenvolvidos co gallo do Día das Letras e a edición en vindeiras datas do Refraneiro popular do Corgo, agora en fase de preparación.

ADIVIÑANCEIRO TRADICIONAL DO CORGO

Ler Máis