Categoría: Xeral
Publicación no BOE do anuncio da convocatoria de sete prazas de AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR.
Publicación no BOE do extracto do anuncio das bases para cubrir sete prazas de persoal laboral fixo de AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, abríndose o prazo de vinte dias naturais para presentar as solicitudes.
Publicación no Bop das bases para o proceso selectivo mediante concurso oposición de sete prazas de AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, persoal laboral fixo.
O prazo de solicitude será de vinte días naturais dende o día seguinte á publicación do extracto desta convocatoria no BOE.
OS BOLECHAS NO CORGO
O venres, día 5 de agosto ás 12 da mañá contaremos cos Bolechas no Corgo, cunha actuación para tódolos públicos, especialmente os máis novos, e gratuita.
Vémonos na área recreativa a carón do colexio do Corgo.
Actividade subvencionada pola Secretaría de Política Lingüística.
Agardámosvos!
Celebración do día de Galicia.
O Concello do Corgo a través do Proxecto Corgoral, súmase á conmemoración desta efeméride tan especial coa presentación pública da Carta Xeométrica de Galicia, elaborada hai case dous séculos polo prestixioso matemático e xeógrafo galego Domingo Fontán.
A carta xeométrica de Galicia, presentada oficialmente no ano 1834, foi o primeiro mapa de precisión, moderno e riguroso, que se fixo na Península Ibérica a partir de métodos e criterios estrictamente científicos. Para a súa elaboración foi fundamental contar con unha base cartográfica na parroquia corguesa de Gomeán.
O resultado final dos desvelos de Domingo Fontán foi impreso en París no ano 1845, acadando unhas dimensións colosais que axiña mereceron a recoñecida admiración púlbica da comunidade científica internacional. Así pois, a partir deste 25 de xullo fica instalada para a posteridade e para goce de todas as persoas qu o queiran contemplar, unha reprodución fascimilar a escala real deste mapa na Biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo.






