Categoría: Xeral
FESTA DO AVÓ 2023.
- Data: 07 de setembro do 2023.
- Destinatarios: Persoas maiores de 60 anos e cónxuxes.
- Aportación: Persoas empadroadas 5 €/ Persoas non empadroadas 30€.
- Lugar : Polideportivo Colexio do Corgo.
- HORARIO:
- 13:30 h. Eucaristia
- 14:30 Xantar.
- ACTIVIDADES.
- Actuación musical e sesión de baile.
- Sorteo de agasallos.
Os vales adquiriranse na CASA DO CONCELLO ata o VENRES DÍA 1 DE SETEMBRO DE 2023.
É obrigatorio presenta-lo CARNÉ DE IDENTIDADE para anotarse.
Bases para o proceso de selección dun CONSERXE para o CEIP do Corgo.
Publición no BOP do luns, 16 de agosto, número 187 das bases que rexerán o procedemento de selección dun funcionario/a interino/a a media xornada ( 1 conserxe para o CEIP) para a execución dun programa temporal de reforzo do emprego no CEIP do Corgo, financiado polo Plan Único Provinicial 2023.
Cine na rúa en Cela. MATRIA.
Na parroquia de Cela proxectarase o domingo día 13 de agosto ás 22:00 h. a película MATRIA, na pista multideporte, dentro do programa de CINE NA RÚA da Deputación Provincial de Lugo.
A película está dirixida por Álvaro Gago Díaz e no reparto figuran actores e actrices como María Vázquez, Santi Prego, Soraya Luaces, Tatán, Susana Sampedro ..
Sesión gratuita.
CALENDARIO E UBICACIÓN DO PUNTO LIMPO MÓBIL. MES DE AGOSTO.
INFORMAMOS de que en breve estará dispoñible nas seguintes parroquias un PUNTO LIMPO MÓBIL PARA A RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS:
AGOSTO: LAXOSA – Barrio da Estación.
Este calendario se actualizará cada tres semanas ata finais do ano 2024, e así sucesivamente.
Os residuos que se recollen son os seguintes:
-ENVASES DE PLÁSTICO, LATAS E BRICKS.
-PILAS E BATERÍAS (Xoguetes, ordenadores, teléfonos, etc.). NON se pode depositar baterías de automóbil.
-ACEITES USADOS.
-ENVASES DE VIDRIO.
-PAPEL E CARTÓN.
-PEQUENO ELECTRODOMÉSTICO.
-ROUPA E CALZADO.
-LÁMPADAS E FLUORESCENTES.
O PUNTO LIMPO MÓBIL dispón de 8 bocas, unha por cada tipo de residuo perfectamente identificadas con nome e imaxe.
Prégase depositar cada residuo na boca correspondente, co fin de facilitar a súa reciclaxe.
Bases para o procedemento de aluguer dunha vivenda municipal rehabilitada en Maceda.
Publicación no Bop de Lugo do 29 de xullo do 2023 as bases para o procedemento de alugueiro dunha vivenda rehabilitada en Maceda
XVIII FESTIVAL FOLK NO RÍO CHAMOSO
SABADO DÍA 5 DE AGOSTO.
18:00 H. SESIÓN DE XOGOS E ANIMACIÓN INFANTIL
21.30 ACTUACIÓNS:
SHENANIGANS
GRUPO DE TRES
DOMINGO DIA 6
12.30 H FEIRA DE ARTESANÍA E DEMOSTRACIÓN DE OFICIOS TRADICIONAIS.
ACTUACIÓN DA LEGUA DEREITA DO CORGO
16:00 H. ACTUACIÓN DOS GAITEIROS DE SACI- A REBOLAXE. PROGRAMA DE TRADIGALU DA DEPUTACIÓN DE LUGO. ÁREA DE CULTURA.
17: 30 FESTIVAL FOLK
E.M.B.T. DE COIRÓS XUNTO COS GRUPOS SILANDEIRAS E REPOLUDAS
A.C. A LEGUA DEREITA DO CORGO.
PRAIA FLUVIAL RIO CHAMOSO. O CORGO.
PRESENTACIÓN DO LIBRO DE CONTOS TRADICIONAIS DO CORGO
O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, comprácese en anunciar a presentación oficial do libro de recompilacións titulado Contos tradicionais do Corgo. O acto terá lugar na biblioteca do PALCO – Punto de Atención á Lectura do Corgo este xoves 27 de Xullo, a partir das 20:00h. Trátase dunha actividade aberta a todos os públicos e moi especialmente orientada á veciñanza corguesa e ás persoas interesadas na literatura popular de transmisión oral. Todas as persoas que asistan ao lanzamento desta obra recibirán un exemplar de balde.