Categoría: Sin categoría

XVII CARREIRA POPULAR CONCELLO DO CORGO- MEMORIAL QUIQUE CASANOVA.

O Concello do Corgo organiza a XVII Carreira Popular e Andaina Concello do Corgo- Memorial Quique Casanova, patrocinada por Limpergal. A proba organizarase o vindeiro Sábado 24 de Outubro, con saída e meta nas instalacións da Praia fluvial do Río Chamoso do Concello do Corgo.

A proba estará aberta a tódolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a proba.

INSCRICIÓNS: https://ccnorte.com/evento/inscribirme/id/3384/xvii-carreira-popular-concello-do-corgo–memorial-quique-casanova

Ler Máis

Reunión informativa AFIL ( Asociacion Forestal do Interior de Lugo)

Charla informativa e busca de socios da Asociación AFIL no Concello do Corgo.

  • Data: Venres, 14 de Febreiro ás 19:00 horas.
  • Local: Centro Sociocultural do Corgo.

Dirxido a propietarios forestais do Corgo.

Reunión aberta, informativa, só para propietarios forestais.

Infórmate sobre o proxecto da asociaicion e únete para a defensa do monte e a propiedade forestal.

Ler Máis

Festa do Entroido 2026.

  • LUNS, dia 16 de febreiro .
  • PAVILLÓN MUNICIPAL DO CORGO.
  • Festa de entroido para tódalas idades.
  • Horario: de 16:30 a 20:00 horas.

XOGOS, COLCHONETAS, MÚSICA E MOITA FESTA!!

DESFILE DE DISFRACES CON TRES VALES DE PREMIOS POR CATEGORÍAS AOS MÁIS ORIXINAIS E CREATIVOS.

INSCRICIONS PARA O DESFILE: A partir das 16:30 horas no Pavillón.

18:00 h. DESFILE POR CATEGORÍAS.

Os disfraces poderán ser individuais ou en grupo. As idades sinaladas son para a inscrición por categorias dos premios, pero o desfile está aberto a calquera idade.

CATEGORÍAS:

  • DE 3 A 6 ANOS.
  • DE 7 A 10 ANOS.
  • DE 11 A 14 ANOS.
  • PREMIO COMPARSA. ( Máis de cinco participantes).

HABERÁ LAMBETADAS, CHOCOLATE E CHURROS PARA OS DISFRAZADOS.

VEN A DIVERTIRTE!!

Ler Máis

Reunión informativa do P.A.I do Corgo.

A dirección do PAI do Corgo convoca a tódalas familias que teñan aos nenos/as matriculados para o curso 2025/2026 a unha reunión informativa de inicio de curso para o día 1 de setembro ás 16:30 horas no Punto de atención á lectura (PALCO) do Corgo.

Ler Máis

“UN KILO DE COMIDA, MIL RAZÓNS PARA AXUDAR” .

XUNT@S PODEMOS ALIMENTAR SORRISOS.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA O BANCO DE ALIMENTOS DO 14 AO 23 DE MAIO.

PRECÍSASE:

-PASTA

-ARROZ.

PUNTOS DE RECOLLIDA:

-CEIP DO CORGO.

-SUPERMERCADO CASTRO-LAXOSA.

-SUPERMERCADO LA TIENDA

-SUPERMERCADO ATLÁNTICO.

-CONCELLO DO CORGO.

ORGANIZA CONCELLO DO CORGO EN COLABORACIÓN CO BANCO DE ALIMENTOS DE LUGO.

Ler Máis

AXUDA AOS AFECTADOS POLA DINA.

O Concello do Corgo expresa o seu enorme agradecemento á boa resposta de tódol@s veciños e veciñas que se achegaron á nave municipal do Viveiro de empresas do Polígono Industrial para aportar a súa axuda e solidaridade ante esta barbarie natural que a tantos afectados salpica, así como á empresa de transportes Gallardo Cervantes por pensar en nós para esta iniciativa tan axeitada e necesaria nestes momentos.

Ler Máis