Categoría: Culture
XVI CARREIRA POPULAR CONCELLO DO CORGO- MEMORIAL QUIQUE CASANOVA25- Oct. 2025
REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Concello do Corgo organiza a XVI Carreira Popular Concello do Corgo- Memorial Quique Casanova,
patrocinada por Limpergal. A proba organizarase o vindeiro Sábado 25 de Outubro, con saída e
meta nas instalacións da Praia fluvial do Río Chamoso do Concello do Corgo.
A proba estará aberta a tódolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.
Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para
rematar a proba.
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina de championchipnorte www.ccnorte.com
Os dereitos de inscrición nas probas de menores serán gratuítos, na carreira de adultos terá un custe
de 5€ ata o 12 de outubro; e dende o 13 ata o 21 de outubro o custe será de 10€. Cobrarase 1€ de
aluguer de chip +5€ de fianza que serán devoltos a semana seguinte na mesma tarxeta que se
realizou o pago unha vez procesados os chips.
A inscrición pecharase o martes 21 de outubro ás 23:59 horas.
INSCRICIÓNS: https://ccnorte.com/evento/inscribirme/id/3081/xvi-carreira-popular-concello-do-corgo–memorial-quique-casanova
Club de lectura do PALCO do Corgo.
O venres, día 25 de abril, ás 20:00 horas, celebrarase no Punto de Atención á Lectura do Corgo (PALCO) un encontro co autor do libro galardonado co VI premio de poesía Eduardo Pondal pola obra “MALDITA ETERNIDADE“, Manuel Vázquez. O clube de lectura organiza unha xuntanza para a presentación e debate sobre a súa obra e a súa traxectoria como escritor, convidando a tódolos interesados a asistir.
CLUB DE LECTURA DO PALCO.
O Venres, día 28 de febreiro, ás 20:00 horas, haberá unha nova xuntanza no Punto de Atención á lectura do Corgo (PALCO) das persoas lectoras co autor dunha obra. Nesta ocasión sera TOÑO NÚÑEZ, creador de “MEA CULPA.”
REPRESENTACIÓN DE TEATRO PROFESIONAL NO CORGO “RARA AVIS”(Lila Teatro).
LOCAL: Centro Sociocultural do Corgo.
DATA: 23 DE NOVEMBRO, SÁBADO.
HORA: 19 HORAS.
OBRA: RARA AVIS.
COMPAÑIA : LILA TEATRO
Actividade subvencionada polos circuítos de Teatro da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Paloma é un deses seres que cando camiñan parecen non tocar o chan. Coma se levase unhas ás invisibles adheridas ás suas costas que, ademais de alixerar o seu peso, a dotasen dun halo digamos que “diferente”.
É a través da empatía, a coraxe, a perseveranza e sobre todo do seu particular sentido do humor como Paloma logra reconciliarse co seu pasado, desfrutar do presente e propoñerse un futuro esperanzador.
Ela, coma ninguñén, é capaz de amosar que nunca é tarde para un novo comezo.
“RARA AVIS” fai honra a todas as criaturas excepcionais que buscan o seu lugar no mundo.
Roteiro co Club de lectura PALCO
DATA: Domingo, 29 de setembro, ás 16:00 horas.
PERCORRIDO : O punto de incio será ao fondo da campo da feira de Adai, e remate na Fervenza, segundo o libro de MARIO OUTEIRO 19+(1) escapadas polo Corgo.
ORGANIZA o CLUB DE LECTURA DO PALCO.
FESTA FOLK NO RIO CHAMOSO
SABADO 27 E DOMINGO 28 DE XULLO.
PRAIA FLUVIAL RIO CHAMOSO DO CORGO.
SÁBADO 27.
ÁS 17:00 H. SESIÓN DE MAXIA A CARGO DO MAGO ANTÓN ” MIL MAXIAS MÁIS”.
ÁS 18:OO H SESIÓN DE MAXIA
ÁS 19:00 H. SESIÓN DE MAXIA.
22:30 H. CONCERTOS
BRENDAN SHINE
LA PENÚLTIMA SABINERA. TRIBUTO A JOAQUÍN SABINA
DOMINGO 28.
FEIRA DE ARTESANÍA.
PASARRÚAS COA A. C. A LEGUA DEREITA DO CORGO.
17:00 H. ROMARIA FOLK
A.R.C. OS DO 21 DE VICEDO.
A. C. A LEGUA DERETA DO CORGO.
ORGANIZA CONCELLO DO CORGO .
COLABORA A.C. A LEGUA DEREITA DO CORGO.
XXVII FEIRA DO CABALO EN ADAI.
DOMINGO 23 DE XUÑO.
CAMPO DA FEIRA DE ADAI.
GRAN ESPECTÁCULO ECUESTRE MAGOS DE LA EQUITACIÓN.
AMENIZADO POLA A.C. LEGUA DEREITA DO CORGO.
ORGANIZA CONCELLO DO CORGO.
FESTA DO ENTROIDO 2024
- LUNS DÍA 12 de FEBREIRO
- PAVILLÓN MUNICIPAL DO CORGO.
- FESTA DE ENTROIDO PARA TÓDALAS IDADES, DE 16:30 A 20:00 H.
XOGOS, COLCHONETAS, MÚSICA E MOITA FESTA!
DESFILE DE DISFRACES CON VALES DE PREMIOS POR CATEGORIAS AOS MÁIS ORIXINAIS E CREATIVOS.
INSCRICIÓNS PARA O DESFILE A PARTIR DAS 16:30 H. NO PAVILLÓN.
18:00 H. DESFILE POR CATEGORÍAS:
Os disfraces poderán ser individuais ou en grupo. As idades sinaladas son para as categorias dos premios, pero o desfie está aberto a calquera idade.
- De 3/6 anos,
- De 7/10 anos
- De 11/14 anos.
- Comparsa (mais de 5 participantes)
Os disfraces poderán ser individuais ou en grupo. As idades sinaladas son para as categorias dos premios, pero o desfie está aberto a calquera idade.
Haberá lambetadas e chocolate con churros de balde para os disfrazados.
Ven a divertirte!!
HOMENAXE A JESÚS ABUÍN ARIAS NO PALCO
O vindeiro sábado 23 de Decembro, a partir das 17:00h, terá lugar no Punto de Atención á Lectura do Corgo un acto público de homenaxe á figura de D. Jesús Abuín Arias, fillo predilecto e cronista oficial do Concello do Corgo. A loanza do homenaxeado correrá a cargo do coñecido escritor corgués Mario Outeiro.
Posteriormente, será presentado o Inventario de Fondos Bibliográficos do PALCO, un exhaustivo traballo que recolle os 4.466 rexistros correspondentes aos 5.473 volumes da biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo. Este inventario foi elaborado con carácter voluntario e altruísta por Natalia Silva, a quen tamén se lle renderá un merecido tributo en sinal de agradecemento.
- 1
- 2









