Categoría: Xeral

Programa incentivos á contratación de mozos inscritos no Sistema de garantía xuvenil.

  • Orde do 13 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 15 do 25 de xaneiro de 2016).
  • Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 248 do 30 de decembro de 2015).

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2016 dos programas de incentivos a contratación por conta allea que teñen por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, a través dos seguintes programas:

a) Programa de incentivos á contratación indefinida inicial das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

b) Programa de incentivos á contratación temporal das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e a súa transformación en contrato indefinido.

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde .

No caso de sociedades civís, comunidades de bens e Unións Temporais de Empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de Unións Temporais de Empresas cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos esixidos para acceder ás axudas.

A efectos desta orde enténdese por persoa moza inscrita no sistema nacional de garantía xuvenil: aquela persoa que estea inscrita no ficheiro do Sistema de Nacional de Garantía Xuvenil, sempre que no momento da inscrición tivera menos de 30 anos, de conformidade co disposto nos artigos 90 e 91 da Lei 18/2014, de 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia. E aquela persoa moza que superando a idade esixida non fora atendida previamente de acordo co disposto no artigo 101.4 da Lei 18/2014, do 15 de outubro. Ademais, en coherencia co disposto no artigo 105.1 da Lei 18/2014, do 15 de outubro, deberán manter o cumprimento do requisito de non ter traballado nos trinta días naturais anteriores á data da contratación obxecto de subvención.

A persoa moza pola que se solicita a subvención debe estar inscrita no Sistema nacional de garantía xuvenil, estar desempregada na data da súa contratación indefinida e non ter traballado nos trinta días naturais anteriores á data da contratación.

Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.

Como consecuencia da contratación indefinida que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia, respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.

Para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo e neto non se computarán ás persoas traballadoras fixas cuxo contrato de traballo se extinga por causas obxectivas ou por despedimento disciplinario que non sexan declarados improcedentes ou cuxas baixas se producisen por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba.

No caso de que no mes anterior á contratación pola que se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas-descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.

A xornada da contratación indefinida inicial a tempo parcial deberá ser como mínimo do 50 % da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada máxima legal.

As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

O prazo para a presentación de solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo das persoas novas inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil comezará o día seguinte a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2016.

 Ver Orde do 29 de decembro do 2015

Ver Orde do 13 de xaneiro onde se publican os anexos da Orde do 29 de decembro do 2015

Garantia xuvenil

Ler Máis

“O Carpinteiro de verbas”

Dende o Concello do Corgo queremos felicitar ao noso veciño  Eladio Castedo pola publicación da súa terceira novela “El extraño residente”. Naceu no Corgo, no ano 1952, carpinteiro de profesión e  escritor autodidacta. Neste libro lembra  experiencias vividas  cando emigrou a Barcelona nos anos 70  a través de varios personaxes.

Desexamos  animar ao  público lector a coñecer e disfrutar da súa obra. Anteriores son as súas novelas “Dos en el camino” e “ Me lo dijo un pajarillo” asi como diversas publicacións en  revistas (como  Alborada, Pegaso, Artesonado..) Dende hai anos edita os seus blogs baixo o dominio galiciacontos e galizacontos. No  Certame “Cuento de nunca acabar” (Garzon Céspedes, 2008) obtivo mención de honor.

Parabéns, Eladio.

Ver El Progreso

Ler Máis

Recoñecemento de competencias profesionais.

ORDE do 29 de decembro de 2015 pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

Esta orde ten por obxecto convocar, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, para un total de 2.171 prazas nas unidades de competencia que se indican no anexo I; cun total de 8.198 unidades de competencia nas seguintes cualificacións profesionais:

– Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 646 prazas.

– Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 455 prazas.

– Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 50 prazas.

– Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas.

– Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas.

– Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 200 prazas.

– Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 250 prazas.

– Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2): 70 prazas.

– Aproveitamentos forestais (AGA343_2): 100 prazas.

– Tanatopraxia (SAN491_3): 150 prazas.

Ver Orde

Ler Máis

Novas axudas para a rehabilitación de vivendas.

A Consellería de economía, emprego e industria  publica no Dog do 31 de decembro distintas liñas de axudas para a rehabilitación de vivendas:
Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de fachadas e cubertas de lousa e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a renovación de fachadas e cubertas con lousa acadando melloras significativas na demanda enerxética dos edificios cos conseguintes aforros en termos económicos. Prazos: O prazo de presentación de solicitudes será dende o 20 de xaneiro de 2016 ao 20 de abril de 2016, ambos os dous incluídos, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito. Ver orde
Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes e se procede a súa convocatoria para o ano 2016. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes contribuíndo a embelecer o tecido construtivo galego cun material de fácil colocación e respectuoso co ambiente a vez que se mellora a eficiencia enerxética. Prazos: O prazo de presentación de solicitudes será dende o 20 de xaneiro de 2016 ao 20 de abril de 2016, ambos os dous incluídos, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito. Ver orde
Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas con tella cerámica, e se procede a súa convocatoria para o ano 2016. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a renovación de cubertas con tella cerámica acadando melloras significativas na demanda enerxética dos edificios cos conseguintes aforros en termos económicos.Prazo de presentación: desde o 20 de xaneiro de 2016 ao 20 de abril de 2016, ambos os dous incluídos, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito. Ver orde
Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de fiestras, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2016 . A presente orde ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión de axudas por parte da Consellería de Economía e Industria destinadas á rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día 1 de marzo e finalizará o 30 de setembro de 2016, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.  Ver orde
 

Ler Máis

Convocatoria de subvencións do programa Reencontros na Casa para persoas residentes no exterior.

A Secretaría Xeral da Emigración publica no Dog do 17 de decembro do 2015 o anuncio onde se regulan e convocan as subvencións do programa Reencontros na Casa para persoas residentes no exterior. Trátase dun programa de  viaxes a Galicia que permite a persoas emigrantes galegas, maiores de 65 anos, viaxar a Galicia cun custo reducido, para estreitaren os vínculos coas súas familias residentes aqui.

Os beneficiarios terán que reunir as características que se citan no artigo 1, como ser emigrante galega, ter mínimo 65 anos, non haber participado nos últimos cinco anos en  programas de viaxes desta Secretaría Xeral, levar alomeno 10 anos no extranxeiro, contar co consentimento de familiares ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade para que residan con eles durante a súa estadía en Galicia, etc.

As persoas participantes poderán permanecer coas súas familias en Galicia ata completaren un período máximo de 3 meses, e serán pola súa conta todos os gastos de aloxamento, manutención e calquera outro derivados da súa estadía en Galicia.

A condición de persoa beneficiaria quedará supeditada ao compromiso de acollida da familia da persoa solicitante residente en Galicia e ao pagamento, dentro do prazo establecido no seu momento, da porcentaxe correspondente da pasaxe de avión. A Secretaría Xeral da Emigración poderá verificar estes aspectos en calquera momento.

 

No artigo 4 regúlanase o número de prazas por país : Venezuela, Cuba, Arxentina, Brasil, Uruguai e outros paises.As datas de realización serán, preferentemente, a finais do mes de xuño.

O prazo de presentación das solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 29 de febreiro de 2016.

Ver orde completa

Ler Máis

O CONCELLO DO CORGO CONVÍDATE A DESFRUTAR DO FÚTBOL DO C.D. LUGO

Agora podes desfrutar do xogo do CD LUGO en directo. Sempre que xogue no seu estadio, poñeranse a disposición dos veciños do Corgo entradas de xeito gratuito.
Cada xornada contarase coas seguintes entradas:
– 50 entradas da categoría INFANTIL ( max. 12 anos).
– 10 entradas da categoría ADULTOS
Para acceder a elas, so é preciso anotarse no Centro Sociocultural do Corgo ou a través do teléfono 982302377, reservándoas con nome e apelidos e especificando a categoría infantil/adultos, en horario de 16:00 a 20:00 horas. Estar empadronado neste término municipal é requisito indispensable.
As entradas repartiranse seguindo riguroso orde de inscrición, e de quedar xente en espera, terán prioridade para solicitar as do seguinte partido, de xeito que non se beneficie sempre o mesmo público.

PRÓXIMOS PARTIDOS: C.D LUGO- NUMANCIA DOMINGO 3/01/2016 

Ler Máis

Actividades nadal Concello do Corgo 2015

Actividades para nenos e nenas do Concello do Corgo no Nadal. Para facilitar a programación, reservar praza no Centro  Sociocultural  ou a través do teléfono 982302377, en especial para o viaxe a Xuvenlugo, (sobretodo si se vai en autobus).

 

DATAS 21 E 22 DE DECEMBRO, DE 16.30 A 19.30H.
ACTIVIDADE OBRADOIROS DO NADAL , XOGOS TRADICIONAIS E XOGOS POPULARES
PREZO GRATUITO
LOCAL CENTRO SOCIOCULTURAL
OBSERVACIÓNS NENOS ESCOLARIZADOS. RECOMÉNDASE TRAER A MERENDA.

 

DATAS 23 DE DECEMBRO DE 16.30 A 19.30 H.
ACTIVIDADE FESTIVAL DE NADAL. COLCHONETA HINCHABLE, XOGOS E OBRADOIROS.
PREZO GRATUITO
LOCAL POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DO CORGO
OBSERVACIÓNS  OS MENORES DE TRES ANOS DEBERÁN ESTAR ACOMPAÑADOS. RECOMÉNDASE TRAER A MERENDA

 

DATAS LUNS, 28 DE DECEMBRO
ACTIVIDADES VIAXE A XUVENLUGO
PREZO 2 EUROS
OBSERVACIÓNS

REPARTIRÁNSE ENTRADAS DENDE O DÍA 21 DE DECEMBRO NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO DE 16.00 A 20.00 H. PÓDENSE RESERVAR A TRAVÉS DO TEL. 982302377. TODOS OS PÚBLICOS.

HABERÁ AUTOBÚS  PARA A VIAXE.  PRAZAS LIMITADAS. SAIDA DO BUS ÁS 16:00 DO COLEXIO PÚBLICO DO CORGO.

 

ACTIVIDADES CABALGATA DE REIS
DATA  5 DE XANEIRO ÁS 16.30 h. SAÍDA DO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO
LUGAR COLEXIO  P. DO CORGO.
OBSERVACIÓNS

OS NENOS E NENAS DEBERÁN ESTAR ANOTADOS ANTES DO DÍA 4 DE XANEIRO.TRALA VISITA DOS REIS MAGOS HABERÁ ROSCÓN E CHOCOLATE.

Máis información no tel. 982302377

Ler Máis

O Nadal tamén soa no rural

Misa e Concerto de Panxoliñas a cargo da  SCHOLA GREGORIANA LUCENSIS

Nas igrexas parroquiais seguintes:

  • Día 20 de decembro 2015, en San Andrés, ás 11:30h., e en  Gomeán ás 13:30 h.
  • Día 27 de decembro 2015, en Corgo, ás 11:00h. En Laxosa ás 12:30 h. 
  • Día 3 de xaneiro 2016, en Franqueán, ás 11:00h. En Santa Comba ás 13:30 h.

Actuarán tamén no Centro de día do Corgo o día 18 de decembro ás 16:00 h.

Ler Máis

CD LUGO XUVENIL, división de Honor, no campo do Corgo

Agora podes desfrutar do xogo do CD LUGO en directo. Sempre que xogue no seu estadio, poñeranse a disposición dos veciños do Corgo entradas de xeito gratuito.
Cada xornada contarase coas seguintes entradas:
– 50 entradas da categoría INFANTIL ( max. 12 anos).
– 10 entradas da categoría ADULTOS
Para acceder a elas, so é preciso anotarse no Centro Sociocultural do Corgo ou a través do teléfono 982302377, reservándoas con nome e apelidos e especificando a categoría infantil/adultos, en horario de 16:00 a 20:00 horas. Estar empadronado neste término municipal é requisito indispensable.
As entradas repartiranse seguindo riguroso orde de inscrición, e de quedar xente en espera, terán prioridade para solicitar as do seguinte partido, de xeito que non se beneficie sempre o mesmo público.
PRÓXIMAS XORNADAS: CD LUGO.- NUMANCIA. 03/XANEIRO/2016


Esta temporada o CD LUGO XUVENIL A, que disputa a liga na División De Honor, xoga os seus partidos como equipo local no Campo de Fútbol do Concello do Corgo

PREVISIÓN DE PRÓXIMOS PARTIDOS.

  PARTIDO DATAS
XORNADA 17 CD LUGO- ED VAL MIÑOR FIN DE SEMANA 9-10 XANEIRO
XORNADA 19 CD LUGO- SPORTING DE GIJON FIN DE SEMANA 23-24 XANEIRO
XORNADA 21 CD LUGO- BANSANTER FIN DE SEMANA 27-28 FEBREIRO
XORNADA 24 CD LUG- REAL OVIEDO FIN DE SEMANA 5-6 MARZO
XORNADA 26 CD  LUGO-TSK ROCES FIN DE SEMANA 19-20 MARZO
XORNADA 28 CD LUGO- ALONDRAS CF FIN DE SEMANA 2-3 ABRIL
XORNADA 30 CD LUGO-VICTORIA CF FIN DE SEMANA 16-17 ABRIL

Ler Máis

CD LUGO XUVENIL, división de Honor, no campo do Corgo

DISFRUTA DO BÓ FÚTBOL DENDE O TEU CONCELLO….A LIGA DE DIVISIÓN DE HONOR NO CAMPO DO CORGO

A través dun convenio asinado entre o Club deportivo Lugo e o Concello do Corgo, o equipo CD LUGO XUVENIL A, que disputa a liga na División De Honor, xoga os seus partidos como equipo local no Campo de Fútbol do Concello do Corgo.

Para gratificar aos veciños e disfrutar do xogo do Lugo, poñense a disposición do público do Corgo 50 ENTRADAS da categoría INFANTIL e 10 ENTRADAS para ADULTOS con carácter GRATUITO.
Para reservar ditas entradas, só é preciso anotarse no Centro sociocultural do Corgo polas tardes (ou a través do teléfono 982302377) deixando nome e apelidos, e especificando a categoría infantil/adulto . Estar empadroado neste termino municipal é requisito indispensable.
As entradas serán repartidas por riguroso orden de inscrición, e poderán retirarse os xoves e venres. O púbico que quede en lista de agarda, terán prioridade para a seguinte xornada que se xogue no Corgo, se así o solicitan.

PREVISIÓN DE PRÓXIMOS PARTIDOS CD LUGO XUVENIL DIVISIÓN DE HONOR.

  PARTIDOS DATAS
xornada 14 CD LUGO- LLANO 2000 FIN DE SEMANA 5-6 DEC.
xornada 17 CD LUGO- E D VAL MIÑOR FIN DE SEMANA 9-10 XANEIRO
xornada 19 CD LUGO- RC CELTA FIN DE SEMANA 23-24 XANEIRO
xornada 21 CD LUGO- SPORTING DE GIJON FIN DE SEMANA 6-7 FEBREIRO
xornada 23 CD LUGO-BANSANDER FIN DE SEMANA 27-28 FEBREIRO
xornada 24 CD LUGO- REAL OVIEDO FIN DE  SEMANA 5-6 MARZO
xornada 26 CD LUGO- TSK ROCES FIN DE SEMANA 19-20 MARZO
xornada 28 CD LUGO- ALONDRAS CF FIN DE SEMANA 2-3 ABRIL
xornada 30 CD LUGO- VICTORIA CF FIN DE SEMANA 16-17 ABRIL

Ler Máis