Categoría: Xeral

Belén electrónico na igrexa de Folgosa (O Corgo)

A partir do día 6 de Decembro, e ata o día 15 de xaneiro, estará aberto ao público que desexe visitar o Belen electrónico.

O horario de visitas  establecese para  todos os sábados, domingos e días festivos, ás 17:00 horas. Os domingos a maiores, tamén se poderá conocer esta representación do nacemento, despois da misa das 11:00, ás 11:30.

Para grupos organizados, que non poidan acudir nestes horarios, concertar cita no teléfono 982235527  (Alfonso López) ou no 610850964

 

 

 

Ler Máis

Previsións de subida do 10% no precio do leite.

Achéganse boas perspectivas para o sector lácteo en Galicia a medio prazo, xa que se estima que o prezo da materia prima en orixen aumentará ata situarse nos 32 ou 34 céntimos de media, un 10% máis do promedio deste exercicio, onde apenas subiu dos 30 cts. Esto ten a súa razón de ser no incremento da demanda a nivel mundial.

Malia isto, non todo serán novas gratas, xa que tamén haberá unha forte volativilidade nos prezos, inseguridade para vender ( aos prezos de mercado), os picos de producción das granxas, os cambios significativos das axudas como a Pac.. Ésta é unha das conclusións que se deron no Foro lácteo organizado pola asociación Terra e Leita na fundación Juana de Vega, en Oleiros. Abordáronse temas como a escasez de base territorial e a debilidade industrial. As explotacións galegas apenas chegan ás 250.000 hectáreas para levar a cabo a súa actividade, e xunto coa elevada parcelación condiciona enormemente os custos de producción das granxas, e merma a súa rentabilidade.

Tamén se falou neste foro da problemática dque se deriva do feito de que dous tercios da leite galega esté en máns de empresas forasteiras, ou da necesidade de imprantar medidad que garanticen o relevo xeneracional nas explotacións.

Ver artigo completo

Ler Máis

Recoñecemento de vehículos agrícolas, Supervisión e Control S.A. ITV 2017

A unidade móvil de inspección técnica de vehículos agrícolas prestará servizo neste concello agás causas de forza maior nos días que se relacionan a continuación:

PARROQUIA  DÍA MAÑA TARDE
 LAXOSA ( CAMPO DA FESTA)    1 DE DECEMBRO DE 9:00A 13:30H.            ————
 11 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30H.  DE 15:15 A 18:00H.
 ADAI (MERCADO)  12 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30 H  DE 15:15 A 18:00 H
GOMEÁN (XUNTO CEMITERIO)   13 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30H.  DE 15:15 A 18:00 H.
14 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30 H. DE 15:15 A 18:00 H.
15 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30H.         ——————
SABAREI (EXPLANADA CERCA IGREXA)  18 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30H. DE 15:15 A 18:00H.
19 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30H. DE 15:15 A 18:00 H.

Para solicitar cita previa deberá chamar ao teléfono 902309000 ou na páxina web www.sycitv.com   Cita previa

 

Ler Máis

Actos contra a violencia machista. 24 N

Con motivo da adhesión  á campaña  denominada En negro contra as violencias, que  trata de denunciar e visibilizar o rexeitamento hacia a  violencia machista, na que no 2017 forman parte 75 concellos galegos, coa implicación de veciños, asociacións, establecementos comerciais, axentes sociais, etc,o venres, día 24, levaráse a cabo no CEIP Plurilingüe unha sesión informativa e formativa  para os nenos e nenas do colexio, con charlas, xogos de  roles, dinámicas de grupos, etc..  Ao remate, ás 13:00 h terá lugar a lectura do manifesto en contra das violencias na casa do Concello. Será un acto público polo que  se convida a todo aquel que o desexe a asistir e compartir uns minutos de solidaridade.

Ler Máis

O Corgo en negro.

Campaña de sensibilización e visualización coa problemática da discriminación e violencia sexista. O Concello do Corgo este ano adheriuse a esta campaña, que trata de “tinguir” de cor negra Galicia. Solicítase a colaboración dos veciños e axentes sociais, para expallar esta proposta de denunica e solidarización con estas inxustizas. Se queres colaborar  ponte en contacto co Concello. 

O 25 de Novembro é o día internadional contra a violencia machista, a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres. Un tipo de violencia que sofren as mulleres polo simple feito de o seren, unha desigualdade silenciada, agochada e en moitos casos normalizada.

Ler Máis

Publicación dos resultados do proceso de selección de persoal laboral temporal ao abeiro do programa Depuemprego 2017, dentro do plan único da Deputación Provincial de Lugo.

Publícanse os resultados do proceso de selección de persoal laboral temporal , un oficial de primeira e dous de segunda, baixo o programa Depuemprego do plan único da Deputación Provincial de Lugo.

Resultado selección de persoal laboral temporal Depuemprego 2017 ( Oficial 1ª e oficiais 2ª).

Ler Máis

TEATRO NO CORGO

Representación da obra   CONTO DE NADAL

GRUPO DE TEATRO DOWN.

Sábado, 28 de outubro ás 19.30 h. no Centro Sociocultural do Corgo.

Tódolos públicos.

Entrada gratuita.

Circuitos teatrais da Excma. Deputación Provincial de Lugo, Área de Cultura. “Buxiganga 2017”

Ler Máis

Campaña de vacinación fronte a gripe 2017.

Do 23 de outubro ao 29 de decembro pónse en marcha a campaña de vacinación fronte o virus da gripe.

Dirixido especialmente a:

  • Persoas de 60 ou máis anos, especialmente as de 65 ou máis anos.
  • Residentes en institucións pechadas (residencias de persoas maiores e outros centros deatención a crónicos).
  •  Embarazadas.
  •  Nenos e adolescentes (de 6 meses a 18 anos) con tratamentos prolongados de ácido acetilsalicílico.
  •  Persoas menores de 60 anos con patoloxías de risco (definidas na instrución).
  •  Profesionais de centros sanitarios, servizos e establecementos sanitarios.
  •  Estudantes en prácticas en centros sanitarios.
  •  Persoas que traballan en institucións pechadas.
  •  Persoas que proporcionan coidados a pacientes de risco.
  • Persoas que desenvolven traballos esenciais para a comunidade.
  •  Traballadores expostos directamente ás aves ou porcos nas granxas ou explotacións avícolas ou porcinas, e tamén ás aves silvestres.

Información da campaña.

Ler Máis

Listas definitivas de aspirantes ao proceso selectivo do Programa Depuemprego dentro do Plan Único da Deputación de Lugo 2017.

Detectado un erro na publicación das listas de aspirantes admitidos e excluídos no proceso de selección de persoal laboral temporal a través  do Programa Depuemprego dentro do Plan único  da Deputación Provincial de Lugo  ( un oficial de 1ª e dous oficiais de 2ª), publícase a correción de erros.

Corrección de erro nas listas de admitidos e excluídos no proceso de selección de persoal laboral temporal DEPUEMPREGO.

Ler Máis

Publicación das listas de admitidos, lugar, data e horas das probas para a convocatoria do plan único de cooperación: porgrama Depuemprego

Fanse públicas as listas definitivas de admitidos ao proceso de selección dun oficial primeira e dous oficiais de segunda a través do programa Depuemprego, así como a convocatoria das probas, lugar , data e horas de realización.

  Listado de admitidos e publicación de horarios, lugar de datas das probas. Plan único de cooperación: Programa DEPUEMPREGO.

Ler Máis