Categoría: Xeral
Publicación das bases para a formación dunha bolsa de empergo de auxiliar de axuda no fogar.
No BOP do 26 de maio do 2020 publícanse as bases para este proceso selectivo (pax. 1- .9)
As instancias para poder tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante o modelo que figura no anexo I da presente convocatoria, dirixido ao alcalde, presentándose no Rexistro Xeral do Concello, ou na sede electrónica (concellodocorgo.sedelectrónica.gal.) no prazo de cinco (5) días hábiles seguintes, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar .
Segundo publica a orde serán beneficiarios aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:
–Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).
– Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
– Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
O prazo para solicitar iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2021.
A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, na cal se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2020/21. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación Fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
MATRICULA PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA (P.A.I)
O CONCELLO DE O CORGO, ABRIRÁ O PRAZO DE MATRÍCULA NO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DO CONCELLO DE O CORGO PARA O CURSO 2020/2021.
OS PRAZOS DE ADMISIÓN SEGUINDO O REGLAMENTO ORGÁNICO DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA SON OS SEGUINTES:
– OS NENOS/AS XA MATRICULADOS NO CURSO ACTUAL E QUE DESEXEN CONTINUAR PARA O CURSO SEGUINTE 2020/2021 TERÁN DEREITO Á RESERVA DE PRAZA, A CAL LEVARASE A CABO ENTRE O DÍA 18 DE MAIO E O 5 DE XUÑO (AMBOS INCLUSIVE).
– AS NOVAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN ATENDERANSE DO 8 DE XUÑO AO 26 DE XUÑO (AMBOS INCLUSIVE).
POSTERIORMENTE, A LISTA DE ADMITIDOS SAIRÁ PUBLICADA O 4 DE XULLO NA PÁXINA WEB DO CONCELLO DE O CORGO.
PARA PRESENTAR TANTO AS RESERVAS DE PRAZA COMA AS NOVAS SOLICITUDES DIRIXIRSE DE 09:00 A 15:00 HORAS ÁS OFICINAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE O CORGO NOS PRAZOS ANTERIORMENTE CITADOS.
As explotacións agricolas e por razóns fitosanitarias, poderán solicitar permiso de queimas.
A partir deste mércores poderán solicitarse autorizacións excepcionais por razóns fitosanitarias para a queima de restos agrícolas amoreados en explotacións profesionais, tal e como se recolle no Diario Oficial de Galicia.
En concreto, as solicitudes para levalas a cabo durante o estado de alarma deberán remitirse por correo electrónico aos Servizos de Prevención de Incendios Forestais das Xefaturas Territoriais da Consellería do Medio Rural, incluíndo unha declaración responsable da persoa titular da explotación que xustifique a necesidade da queima por razóns fitosanitarias.
Os enderezos dos catro servizos provinciais para tramitar as solicitudes son os seguintes
Na solicitude deberase indicar o concello, a parroquia, o lugar e a indicación do número de polígono e número de parcela que aparecen no SIXPAC da finca na que se realizará a queima solicitada, así como as datas nas que se pretende realizala. Na solicitude debe constar ademais o número de inscrición no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), así como o número de persoas que comporán o equipo de queima.
A queima de restos agrícolas amoreados poderase levar a cabo unha vez se reciba a correspondente autorización por correo electrónico. Nela figurarán todos os datos aportados polo interesado, así como as condicións e as datas nas que se deberá realizar a queima.
O Concello do Corgo reparte mascarillas infantís.
Co fin de protexer aos menores que a partires do día 26 poderán sair durante unha hora da casa, o Concello do Corgo adquire mascarillas infantís reutilizables, que fará chegar aos domicilios onde estén empadronados os nenos e nenas. Atendendo ás idades achéganse dúas tallas distintas, de 3 a 7 anos e de 8 a 12 anos, con deseños adaptados á poboación infantil. Para os menores de 3 non é recomendable o seu uso según as autoridades sanitarias . O reparto farase novamente a través de correo postal, evitando desprazamentos e aglomeracións innecesarias.
Especificación UNE 0065:2020 Mascarillas higiénicas REUTILIZABLES para niños.Requisitos de materiales, diseño, confección,marcado e uso.
Comenza o reparto de mascarillas no Corgo.
Infórmase aos veciños do concello do Corgo que o luns comenzará o reparto de mascarillas nos domicilios . Co fin de evitar os desplazamentos e aglomeracións, utilizarase o correo postal para facer chegar ás vivendas estas medidas de protección que nestes momentos non é doado de conseguir.
O Concello reparte mascarillas.
O Concello do Corgo merca mascarillas para repartir entre os seus veciños. A distribución farase nos domicilios seguindo o padrón municipal e cada habitante recibirá unha mascarilla.
Por outra banda chegou o cuarto envio de material de protección enviado pola Xunta de Galicia e destinado a Epis para o personal de axuda a domicilio e traballadores municipais en activo. Ademáis contínúase traballando nas labores de desinfección das áreas máis concurridas pola poboación.
Aquí imprímese para ti
Co fin de esquivar as fronteiras que a brecha dixital fai nos fogares municipales, (algúns sin conexión a internet, sen ordenadores ou impresoras) o Concello do Corgo ofrece un servizo de impresión de deberes e material de traballo para tódolos estudantes dos distintos centros educativos que así o precisen.
O servizo prestarase nas Oficinas municipais, e para solicitalo bastará cun correo, ben por parte do alumno ou do Centro educativo, cos contidos que se demandan a concello.ocorgo@gmail.com .
Posteriormente poderá recollerese no propio concello ou levaranse aos domicilios de quen o precise. Para máis información chamade ao 982302100 de 9.00 h a 15.00 h.
Entre todos sairemos!
Bono social eléctrico. Actualización Covid-19
Debido ao estado de alarma polo COVID-19 o Goberno prorrogou a vixencia do Bono Social para aqueles clientes que deberían de renovalo nestas datas. O periodo de renovación exténdese automáticamente ata o día 15 de Setembro.
Polo mesmo motivo serán considerados clientes vulnerables e polo tanto beneficairios do Bono Social aqueles traballadores autónomos que se viran obrigados a cesar a súa actividades ou que reduciran a súa facturación nun 75%.
O Bono Social é un desconto aplicado a determinados colectivos considerados consumidores vulnerables. Este desconto varía segundo a situación de cada abonado; o desconto aplicado é dun 25% ata un 40% sobre a factura total. Este porcentaxe, dependendo de diversas sitaucións máis, como o risco de exclusión social, pode ser ainda meirande. Por motivos do Covid-19 o Goberno realizará unha prórroga de dita subvención, como medidad dentro do PLAN DE ACTUACIÓN.
- Hai que ser titular do suministro electrico contratado na residencia habitual.
- Ter contratado o PVPC, e decir, Precio Voluntario Para el Pequeño Consumidor.
- Ser considerado consumidor vulnerable ou vulnerable severo ( familial numerosa, monoparental, pensionista, victima de terrorismo ou víctima de violencia de xénero, ter un membro da undade familiar con discapacidade igula ou superior ao 33%, etc..)
- Non superar o consumo máximo d e 345 Kwh mensuais e o de 414 Kwh anuais .
Para máis información sobre estas axudas e outras:
Bono Social: https://www.companias-de-luz.com/el-bono-social/
Bono telefónico: https://www.zona-internet.com/bono-social-telefonico/
Bono social da augahttps://www.serviciosluz.com/el-bono-social-del-agua-2020/