Categoría: Xeral

Axudas para a instalación, reforma e adaptación de terrazas na hostalaría e adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servizo de consumo a domicilio.

 

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a instalación, reforma e adaptación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración e a adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021 (código de procedemento IG524E).

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto subvencionar as seguintes actividades:

1. Instalación, reforma e adecuación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración, sitas en espazos públicos ou privados, na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Adquisición de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 28 de febreiro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

CONSULTA O DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201203/AnuncioO92-261120-0001_gl.html

Ler Máis

Lugar de realización da segunda proba de Auxiliar Administrativo.- Programa Fomento do Emprego 2020

LUGAR DE REALIZACIÓN DA ASEGUNDA PROBA DE SELECCIÓN  DUN AUXILIAR ADMINISTRATIVO (Persoal Laboral Temporal) que contratará o Concello do Corgo ao abeiro do  Plan Único de Cooperacón cos concellos 202 da Deputación Provincial de Lugo.

A seguna proba do procedemento de referencia, de carcter obrigatorio e eliminatorio, consistente na realización dunha proba de carácter práctico mediante ordenador, terá lugar o día 11 de decembro, venres, ás 11:00 horas, no CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO.

Ler Máis

REIS MAGOS NO CORGO. A MAXIA DO NADAL 2020

 

Este ano  a situación que se está a vivir co Covid-19 dificulta calquera tipo de celebración, pero ainda así, a maxia do Nadal queremos que esté presente nos fogares de tódolos nenos do concello. 

Se quereis que  os vosos fillos/as reciban una  videochamada  dos Reis Magos, hai que inscribirse na páxina web www.nadal2020.es  e seguir as instruccións. Tedes ata o día 29 de decembro para anotarvos.

Para máis información  chamade ao 641585245.

… Non te demores, estante agardando!

 

Ler Máis

Recoñecemento de vehículos agrícolas, supervisión e control S.A. ITV 2021

Publicación das datas e lugares onde se levará a cabo a inspección dos vehículos agrícolas no concello do Corgo.

Bando ITV 2020

Ler Máis

Publicación da CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O IMPULSO DA ACTIVIDADE ECONÓMICA PARA PALIAR OS EFECTOS DO COVID 19 NO CONCELLO DO CORGO

Pubicación no BOP de Lugo número 275 a convocatoria de axudas para o impulso da actividade económica  no termo municipal do Concello do Corgo para paliar os efectos do Coronavirus( Covid-19). O plazo para solicitar será dun mes  e  a solicitude tramitarase  exclusivamente  por medios electrónicos. 

IMPRESO DE SOLICITUDE AXUDAS COVID.- IMPULSO DA ACTIVIDADE ECONÓMICA.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O IMPULSO DA ACTIVIDADE EONÓMICA PARA PALIAR OS EFECTOS DO COVID-19

 

 

Ler Máis